Skip to Content

Última hora!

Máquina de chapas para o noso logo CdC+T

O equipo CdC de 2º ESO adicou parte dunha xornada de traballo a facer chapas co noso logo CdC+T, aproveitando que temos a máquina de chapas no insti.

 

II Mercado de intercambio de 2ª man.

Sabendo que o compromiso co planeta empeza como consumidores en cada un de nós (estamos nunha sociedade na que é máis fácil tirar cousas que arranxalas), organizamos por 2º ano consecutivo esta actividade de reutilización de recursos materiais que merecen un segundo ciclo de uso.

Coa axuda do equipo de Brigada verde 1º e CdC 2º, o 15 de marzo, conmemoramos o Día Mundial do Consumo Responsable co noso II Mercado de intercambio de segunda man entre o alumnado do centro. Nesta iniciativa o alumnado traía unha prenda exterior e dábaselle un "billete" da Cachada que canxeaba por outra prenda do seu gusto.

Seguimos adiante co noso lema "O consumismo compulsivo destroza o planeta"

ACTIVISTAS AMBIENTAIS do Equipo CdC e Brigada verde.

Os activistas ambientais do equipo CdC e Brigada verde colaboran no proxecto Mares Circulares da Asociación Chelonia desde hai 2 anos e co Concello de Boiro en pequenas accións dentro dos proxectos presentados polo profesorado do Club de Ciencia, concienciándose na Educación ambiental, a loita por combatir o cambio climático e a súa defensa dos dereitos dos animais mariños. Ainda que saben que son pequenas pero necesarias accións, tratan de concienciar ós xóvenes de que debemos cambiar as cousas XA: reducir o consumo de plástico, reutilizar o que se use, moverse en transporte público, en bicicleta ou camiñando, apagar as luces, separar basura doméstica… e a importancia de impulsar a economía circular. 

Nesta xornada retiraron 120,11 Kg de residuos plásticos nun tramo central da praia Barraña en Boiro. 

IESP A CACHADA POLA PAZ

IESP  A  CACHADA  POLA  PAZ

 

O alumnado de 1.º de ESO corre e recauda fondos pola paz

O pasado 30 de xaneiro todo o alumnado de 1.º de ESO do IES A Cachada foi ó paseo marítimo de Boiro para facer unha carreira pola paz coa finalidade de recaudar fondos para unha ONG.

 

Equipo 2º ESO. Club de retos

Este martes dende o club de ciencia levamos a cabo dous grandes retos co alumnado de 2º ESO. O primeiro reto, para comprobar como un cambio de presión fai que o ovo entre nunha botella, chegando á conclusión de que o bico da mesma era demasiado pequeno pero a presión fixo, sen dúbida, o seu traballo. E o segundo reto era… facer que a botella se valeirase en cinco segundos ou menos. Conseguimos 4,84 segundos forzando un pequeno tornado. Non estivo nada mal.

Equipo 1º-2º ESO- PLANTACIÓN DE FRONDOSAS

Outra estratexia de xestión medioambiental por parte dos equipos de Brigada Verde 1º ESO e de Club de Ciencia 2º ESO, ante a perda de grandes masas forestais vitais para a absorción de CO2, xeración de O2  e a loita contra o cambio climático, plantaron 100 árbores frondosas: castiñeiros e carballo americano no monte A Pedreira, detrás do campo de fútbol de Barraña, en colaboración co Concello de Boiro,  co obxectivo de evitar a perda de ecosistemas e frear o deterioro do planeta. Son árbores que poden vivir en terreos pobres de nutrientes e son de baixo mantemento por iso se elixiron estas especies. 

Distribuir contido


by Dr. Radut