Skip to Content

Bolsas

BECAS e AXUDAS para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

 

Prezadas familias,

Informamos da apertura do prazo para solicitar, de cara o curso 2022-2023 as seguintes axudas individualizadas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo:  [Texto copiado da convocatoria]

 

Apertura do Prazo para a solicitude de Bolsas para o curso 22/23

Prezadas familias, 
 
pola presente comunicamos que este ano adiántase o prazo de solicitude para as becas/bolsas de axuda ao estudo que irá do 30 de marzo ao 12 de maio. É necesario solicitar  a beca neste prazo aínda que o seu fillo ou filla  non se matriculara nos estudios que lle interesan, non saiba o que vai estudar ou, incluso, non saiba se vai estudar ou non. Deberán indicar os estudos que, a día de hoxe, ven máis probables. 

REPARTO DE EQUIPOS INFORMÁTICOS

Con data de hoxe xa foron avisadas todas as familias que solicitaron participar no préstamo de material informático do centro.

PRÉSTAMO DE MATERIAL INFORMÁTICO

Ante a necesidade de contar con equipos informáticos por parte do alumnado do centro para as tarefas escolares, o instituto pon a disposición das familias os ordenadores da aula de informática do centro. Este curso non se pode empregar esta aula por motivo das restricións de espazo.

As familias que o necesiten poderán solicitalos entre o 11 e o 15 de xaneiro. Os equipos terán que ser devoltos nas mesmas condicións de entrega ó finalizar o curso académico sendo as familias responsables do seu mantemento. No caso de haber máis solicitudes que equipos dispoñibles, a asignación dos mesmos atenderá a criterios de necesidade valorados polo departamento de orientación.

Bolsas alumnado necesidades especiais

O PRAZO DE SOLICITUDE DE BECAS DO CURSO 2018-2019 PARA ALUMNADO DE NECESIDADES ESPECIAIS REMATA O VINDEIRO 27 DE SETEMBRO DO 2018

STEM

Aberto o prazo para a solicitude da Actividade de Formación para mellora das competencias en lingua inglesa e competencias científico-tecnolóxica (STEM). A solicitar polas familias.

Prazo: ata o día 12 de xullo de 2018.

 

Consulta o adxunto para máis información ou no DOGA 12 de xuño de 2018

Distribuir contido


by Dr. Radut