Skip to Content

Acceso a redes sociais

       

CdA 17

O CdA 17 tivo por obxectivo facer pezas audiovisuais ó servizo doutros proxectos de centro, nomeadamente ó Proxecta "Longa ollada pola Ruta Translatio" e ó programa de prevención de acoso escolar promovido desde Orientación.

Para isto, colaboramos coa A.C. Olloboi traballando de forma pilo co método Aprendo con Olloboi, un blog con vídeos (Olloclases) e actividades interactivas, cuxo resumo vos deixamos ó final da páxina. 

Rematamos o curso con 3 interesantes traballos:

Máis che vale non ser ti, unha curta sobre o ciberbullying  coa que o grupo de Sergio, Carlos, Alicia, Elisa e Carla, de 2ºAB gañaron o premio Olloboi ó mellor guión, exaequo co IES As Barxas, e o II Alberte Romero (xaneiro 2018).

Ademais, 30 rapaces e rapazas do Club do Antifás participaron na actividade Muchachada Matiné, un roteiro audiovisual por Boiro no que se elaboraron 26 pezas para un mapa emocional sobre a Memoria Histórica da Rúa Principal.

Finalmente, no marco do Plan Proxecta Mirando polo camiño que organiza o EDL, desde o Club do Antifás o martes 30 de maio recreamos parte do camiño que supostamente fixeron os restos do Apóstolo Santiago, de acordo co que conta o Códice Calixtino.

Partimos de Cabo de Cruz en barco e paramos na Illa de Cortegada, onde nos fixeron unha (breve) visita guiada de contido histórico e biolóxico. Fomos logo ás Torres de Catoira para fondear (algúns, ó cabo), en Pontecesures. Desde alí camiñamos a Iria Flavia.

O noso obxectivo era facer unha revisión crítica desta peregrinación; para isto gravamos varias escenas coas que fixemos a curta que vos deixamos a continuación. Tamén elaboramos un tríptico para documentar ben a saída.

 Esta é a presentación de Aprendo con Olloboi:



page | by Dr. Radut