Skip to Content

Innovación 2014_15

Desenvolvéronse dous plans Proxecta: Donas de si e TÍCaras.

Donas de si, co que se pretendeu darlle visibilidade a aquelas mulleres que ao longo da historia tiveron que agocharse baixo pseudónimos ou outro tipo de artimañas para poderen realizar os seus soños e deixárennos unhas importantísimas pegadas que prevaleceron ao longo dos séculos. Pero tampouco esquecemos a aqueloutras que tiveron o valor de denunciar estas e outras inxustizas e que contribuíron co seu esforzo e a súa obra a que o mundo sexa un pouco mellor. Centrarmos o noso proxecto nas mulleres galegas do século XIX ( as “literatas”) e nas mártires de principios de século que loitaron e morreron nas loitas agrarias e co seu esforzo remataron co sistema foral, opresor do campesiñado galego.

TÍCaras, destinado a minimizar a fenda de xénero nos estudos científico-técnicos. As alumnas crearon perfís nas redes sociais e colaboraron co outro proxecta para realizar dúas curtametraxes.



page | by Dr. Radut