Skip to Content

CdC 2020/21


No curso 2020/21 continuamos investigando sobre os conceptos de bioconstrución e entorno saudable que comezamos a estudar hai xa tres anos.

Coa incorporación da profesora Gloria Santos demos un paso na difusión de contidos, creándose unha canle en Instagram que nos permitiu ampliar o alcance das actividades realizadas. Grazas á participación da profesora de Plástica, Mónica Rivas, Tivemos por primeira vez un logo, e con el inauguramos un panel de difusión de contidos no centro.



Ó longo do curso, cada grupo de rapaces e rapazas traballou nunha área específica, elaborando un póster científico que se espuxo no taboleiro CdC_T e sobre o que lanzamos un concurso semanal.



Equipo Radon

Un equipo de alumnado de 1º e 2º ESO, coordinados por Flor Domínguez e Isabel Pelayo, participou no traballo de investigación sobre o radon nas súas vivendas seguindo o traballo desenvolvido neste centro en anos anteriores. 

O alumnado levou o medidor de radon durante 1 semana e unha vez recollidos os datos leváronse a un mapa para determinar  as zonas con máis altos niveis deste gas radiactivo. Como información a destacar da investigación deste curso, atopamos  3 vivendas con máis de 600 Bq/m3. 






 

Equipo Calidade Aire: T, H e CO2

 

Un equipo de alumnado de 2º ESO, coordinado por Silvia Avilés e Nuria Martínez realizou medidas de temperatura, humidade e presión no IES, na Casiña dos Maios e no exterior, para comprobar as vantaxes enerxéticas e relacionadas co benestar higrotérmico das vivendas ecolóxicas. 

Saíron durante varios recreos para tomar as medidas, que anotaban na folla de datos correspondente e que logo representaron mediante unha gráfica. Aprenderon a usar a estación meteorolóxica, a crear táboas e gráficas nunha folla de cálculo e a realizar un pequeno resumo de todo o traballo feito en Canva.

 

 

 

O equipo investigou sobre a ventilación das aulas, usando un medidor de CO2. A alta concentración deste gas indica unha mala ventilación, factor que se relaciona na actualidade a unha maior probabilidade de contaxios de COVID-19.

O alumnado situou o medidor nunha clase, sempre na mesma posición, e durante varias semanas anotaron os niveis de CO2 tres veces na mañá (primeiras horas, entre os recreos e ao final). Os datos recolleitos presentáronse nunha gráfica na que se vían os efectos das xanelas pechadas a determinadas horas.

O alumnado aprendeu a usar o medidor, a interpretar as medidas, realizar gráficas e coñeceu a importancia da toma e análise de datos para saber se un procedemento está a dar os froitos esperados.



 

Equipo Domótica

O alumnado de 4º ESO de Tecnoloxía desenvolveu un proxecto de Intelligence of Things (IoT) sobre unha placa de Arduino con conexión wifi, a placa Wemos.

Para isto, contamos coa axuda do enxeñeiro Rubén Beiroa e das profesoras Ana Moreiras e Flor Domínguez.

O alumnado programou a súa placa instalándolle un sensor de Temperatura e Humidade DHT11. A través do servizo web ThingSpeak, comprobaron que eran quen de acceder de forma remota ás lecturas efectuadas.

Os asistentes á charla crearon videotitoriais explicando o proceso, dos que escollimos pola súa calidade o do alumno Martín Tubío.

 

 

Equipo biovivenda

O alumnado de 4º Tecno, con Flor Domínguez e Andrés Ferreira, remozaron o invernadoiro reciclando as mamparas rotas que este ano se instalaron para a COVID.

 

Todo o alumnado de 3º Tecno, con Ana, deseñou e concibiu unha Biovivenda en forma de domo, elaborando a correspondente maqueta a escala. Para isto, proxectaron o espazo con TinkerCad e LibreCAD, tendo en conta unha localización real en base á que traballar os parámetros de confort e habitabilidade. Os resultados poden verse nesta presentación.

 

Equipo Ciencia Cidadá

O alumnado de 1º ESO BX do profesor Agustín Agra, desenvolveu unha investigación en torno a este concepto nas seguintes fases: 

  • Fase 1: Explicación teórica:
    • Ciencia cidadá e a súa importancia.
    • Aves e ciencia cidadá: eBird, base de datos de observacións sobre aves que proporcionan a científicos, investigadores e naturalistas aficionados datos en tiempo real sobre a distribución e abundancia de aves.
    • Como recoñecer as 25 aves máis frecuentes na nosa contorna.

 

  • Fase 2: saída ao campo por grupos
    • 1ºE (18 alumnos). Venres, 30 de abril: desembocadura do Río Coroño.
    • 1ºF (17 alumnos). Luns, 3 de maio: Praia Barraña.


 

Noutro equipo, o alumnado de TIC da profesora Ana Moreiras desenvolveu unha app para xeolocalizar niños de aves baseándose no traballo do IES David Buján, con quen tivemos unha charla no grupo de traballo de profesorado (pendente de ser subida a Google Play).

 

O equipo de Ciencias Aplicadas de Gloria Santos fixo unha investigación sobre microplásticos e contamiñación mariña.

 

 


page | by Dr. Radut