Skip to Content

CdA 16

Para o proxecto do curso 2015/16 temos o orgullo de que contaran co noso centro nun pioneiro proxecto denominado EpDLab, unha proposta que financia a Consellería de Educación e desenvolveron a empresa Gingko e a ONG Agareso. Acompáñannos na aventura os institutos de Viana do Bolo, Ames, A Guarda e Navia de Suarna.

Da súa man traballaremos no EpDLab cos novos formatos audiovisuais (memes, vine, contrapublicidade, subtitulado, falso documental, etc)  relacionados con temas da educación para o desenvolvemento: igualdade, cultura colectiva, racismo, sexismo, ecoloxía, etc.

Ó longo de todo o curso experimentamos cos diferentes formatos audiovisuais propostos, e dá conta de todo proxecto a páxina web EpDLab  (tiñamos unha compilación de fotos e vídeos en Blogaliza, pero deixou de funcionar o 25 de abril  do 2018, lamentablemente).

Deixámosvos cun vídeo que elaboraron en Gingko para resumir a actividade do curso:

Publicado en Sen categorizar



page | by Dr. Radut