Skip to Content

CdA 19

O noso obradoiro de cine só traballou de abril a xuño, pero tirou máximo rendemento á súa creatividade! Preparámonos para participar no Festival Audiovisual Olloboi, onde levamos 2 premios: un de Montaxe pola curta  e outro pola curta de cine-exprés na Muchachada Matiné: Prohibido coger cabeza, un pequeno documental en base ó relato dunha das mulleres que traballou na conserva do peixe en Boiro.

Colaboramos activamente co departamento de Galego, apoiando a creación audiovisual para o concurso literario Máis ca palabras. Nesta playlist podedes ver todos os videopoemas que se presentaron a concurso.

Finalmente, fixemos un par de curtas para contribuír a campañas do centro: unha sobre a necesidade de reducir o consumo en Nadal e outra sobre os perigos do consumo incontrolado de alcol.



page | by Dr. Radut