Skip to Content

Actividades

Semana das Letras 2023

O EDL en colaboración co equipo do CP Innova _ Excelencia organizou por segundo ano a Semana das Letras, que constou das seguintes actividades:

DAFO sociolingüístico

O equipo de EDL do noso centro vén de analizar a enquisa sociolingüística pasada ó alumnado, e aquí tedes as conclusións en modo DAFO. Spoiler: a perda de galegofalantes é enorme e o noso alumnado usa moi pouco a nosa lingua nas súas contornas dixitais habituais :/

 

Recreos arrepiantes 2019

A semana do 11 ao 15 de novembro celebráronse no noso centro os recreos arrepiantes, que, como xa sabedes, consisten en lecturas ou visionado de curtas de terror na biblioteca do centro, durante os recreos. O martes, abriron a actividade os realizados en galego, o xoves en inglés e o venres pecharon esta experiencia os de lingua castelá. Realmente algúns dos contos creados por compañeiros e compañeiras nosos daban moito medo e algunha curta tamén; aínda que outras provocaban máis risa ca terror. De todos xeitos, cremos que a experiencia pagou a pena e desde o EDL do noso centro animávosvos a participar en actividades coma esta. 

Aquí vos deixamos o enlace a ver se algún de vós se atopa por aquí.

LETRAS GALEGAS 2019

A semana pasada celebramos as Letras Galegas con actos que tiveron lugar o luns 13 e martes 14. Dado que Antón Fraguas, o autor que se conmemora este ano, adicou parte do seu traballo ó estudo da etnografía galega, o luns organizamos un obradoiro de traxe tradicional polo que pasou todo o alumnado. O martes organizouse a 4ª edición do STARgal, esa mostra-competición de audiovisual e robótica coa que pretendemos dar ás nosas Letras un matiz innovador e actual. Todo o centro pasou por 8 estacións nas que con robots, drons, videoxogos, kahoots, videopoemas e mesmo un planetario, coñecimos máis de preto a vida e obra de Fraguas. Logo dun auténtico "Banquete da Cachada" (un convivio con alumnado, profes e colaboradores do insti), organizamos xogos populares para todo o alumnado.

Dá conta do vivido este vídeo e o álbum de fotos:

 

Letras Galegas e STARgal 2019

Este Nadal, recicla, reutiliza e reduce

Para a conmemoración do Nadal (festa celta do Yulé, a chegada da Luz), deseñamos unha performance co ánimo de sensibilizar sobre o abuso de consumo de plásticos nestas datas. O acto consistiu en:

  • Instalación: mostra de 250 bolsas de algodón deseñadas e/ou customizadas polo alumnado de todo o centro. Nelas podía verse unha imaxe e un eslogan (transferidos con prancha ás bolsas) e elementos decorativos feitos a partir de materiais reciclados. As bolsas penduráronse dun sistema de tensores que montamos ex profeso para esta exposición.
  • Montaxe dunha árbore feita con botellas de plástico recicladas.
  • Instalación de alumeado de Nadal arredor das bolsas e da árbore, cun sistema de sensores para prendelo só cando se detecte presenza.
  • Exhibición dun spot de Nadal animando á reconsideración de uso de plásticos ("As Raíñas Magas reducen, reutilizan e reciclan")
  • Xogo interactivo con Kahoot sobre os plásticos, para todo o alumnado do centro.

A performance desenvolveuse o martes 18 de decembro no 2º recreo e contou coa participación de case todo o alumnado e profesorado, arrincando aplausos e risos. Ademais, o posto de Consumo Responsable funcionou ó longo de toda a semana, complementando así a mensaxe que queremos enviar ó noso alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut