Skip to Content

Acceso a redes sociais

       

Letras Galegas

Para celebrar o día das Letras Galegas realizamos cada ano diversas actividades multiculturais e STE(A)M, dado que entendemos que a Cultura Galega debe medrar parella ós novos tempos, onde xunto ó teatro ou a poesía cabe o audiovisual, a programación ou a robótica.

Ó longo do curso, o obradoiro teatro "Roberto Vidal Bolaño" de teatro prepara diversas obras, e na medida en que estean preparadas, represéntanse neste día.

  • Curso 2018/19, Antón Fraguas: obradoiro de traxe tradicional, STARgal, Planetario "o día que naceu Fraguas", Banquete da Cachada e Xogos populares.
  • Curso 2015/16: teatro RVB na Cachada, competición galega e mostra de videoxogos, robos e curtas STARgal, exposición de retratos artístico-literarios "Deconstruíndo Cultura", visita á Casa-Museo de M. María en Outeiro de Rei; camiñata e romaría en Pazo Goiáns, con música Folk e Galeoke 
  • Curso 2014/15: teatro RVB na Cachada, camiñata a Pazo Goiáns e concerto de Narf, desfile de traxes artesanais

 

  •  
  • Curso 2013/14: teatro RVB na Cachada, encontro con Marcos Calveiro, presentación da Xanela



page | by Dr. Radut