Durante o curso 2010-2011, O Club do Antifás artellou o proxecto Ciconi@ 2.0. Foi un proxecto no que nos achegamos á realidade das xentes que viñeron e marcharon á nosa terra ao longo dos últimos anos, empregando para esto as ferramentas dixitais:
- Aprendimos a facer blogs e creamos o noso, no que fumos pendurando cada noticia que atopamos interesante e aquelo que se foi elaborando: velaiquí o blog do proxecto
- Documentámonos sobre a xente que marchou nos últimos anos do Barbanza, e creamos este álbum dixital de historias.
- Gravamos unha entrevista a María e Andrei, dous alumnos do centro que viñeron hai menos de dez anos de Rumanía.
|