Skip to Content

Impresos e instancias

IMPRESOS DE MATRÍCULA

Aquí adxuntos, poden atopar os impresos de matrícula para o curso 2021-2022. Estarán tamén dispoñibles no centro educativo, aínda que recomendamos traelos xa impresos e cubertos para así axilizar o proceso e reducir os tempos de espera e contacto.

LEMBREN QUE PARA FACER A MATRÍCULA DEBEN SOLICITAR CITA PREVIA, chamando ao 881 86 67 17.

Para formalizar a matrícula deben presentar DOUS IMPRESOS: o propio da matrícula e outro de autorizacións (é o quinto documento adxunto).

Poden atopar igualmente información sobre a ANPA do noso centro, así como a folla de inscripción que recolleremos ao mesmo tempo que a matrícula. Por suposto, a adhesión tamén se pode formalizar a posteriori.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO: INFORMACIÓN

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade establece un procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado. As máscaras distribuiranse entre o alumnado cuxas familias tivesen unha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € no exercicio 2018, é dicir, os requisitos son os mesmos que para ser beneficiario do vale para material escolar establecido pola Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2020/21. Polo tanto:

1) O alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar convocada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia para este curso escolar non ten que presentar a solicitude de máscaras e será beneficiario directamente da distribución de máscaras que se faga.

2) Para o resto do alumnado, ou para aquel que non presentase solicitude de Fondolibros para este curso, ábrese un PRAZO DE SOLICITUDES para a distribución de máscaras dende o 16 ao 27 de novembro, SEMPRE QUE se atope nalgún dos seguintes casos:

- Pertenza a familias cunha renda per cápita que fose igual ou inferior a 6.000 € no exercicio 2018.

SOLICITUDE DE CERTIFICADOS

Para evitar desprazamentos ao centro para a solicitude de certificados, poden descargar, cubrir e remitir por correo electrónico á dirección do centro o seguinte documento. Serán avisados cando o certificado estea preparado.

IMPORTANTE!! XUNTO AO NOME FACILITENNOS UN TELÉFONO E UN ENDEREZO ELECTRÓNICO DE CONTACTO.

Distribuir contido


by Dr. Radut