con tanto humor como seriedade, comparto esta infografía que resume claramente as instruccións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
O sábado 2 de maio conmemorouse o día mundial contra o bullying ou acoso escolar, para que? por que?
Pois porque segue a ser necesario facer un chamamento ás conciencias individuais dun mal social tan noxento como é o acoso escolar. O peor de sufrir bullying non so é o dano psicolóxico que provoca no momento presente, senon que condiciona a personalidade que se vai ter de adulto, chegando incluso a producir un trauma. Isto é gravísmo. Pero tamén é grave que medren personalidades que se sinten mellor canto peor llelo fan pasar ao demais.
E os demais? Os que escoitan burlas ou insultos. Consolaranse pensando que son bromas? Que menos mal que o rollo non vai con eles!
NO.
No IES A Cachada seguiremos dándolle a máxima importancia a que todos nos atopemos ben, tranquilos e acompañados.
Póñovos dous vídeos, o primeiro, fai un chamamento aos espectadores, pero a aqueles que se negan a ser cómplices. O segundo, pon de manifesto a marxinación.
Qe tal estas vacacións? Supoño que bastante diferente a como imaxinábades. Pero bueno, nunca peor, verdade? Xa queda menos para poder facer unha vida normal, para poder ESTAR coas vosas mejas e mejos, demais amigos e amores, darlles un achuchón e como non, ver aos vosos crushes.
Hoxe. 7 de abril, día mundial da saúde, quero compartir con vos un vídeo que nos axuda a valorar o verdadeiramente importante da vida, aquelo que como xa o damos por feito non o valoramos o suficiente, A SAÚDE!
Antes de colgar o vídeo, quero rescatar a definición de saúde da OMS, que nos ven a insistir que a saúde é un estado de completo benestar físico, mental e social, e non somentes a ausencia de enfermidades.
Levo moitos día sen escribir porque estivemos atope coas avaliacións. O equipo de profas e profes estivemos valorando a vosa situación académica e tamén persoal nunha reunión virtual para poder tomar as mellores decisións posibles. Ser xustos nesta situación non é fácil, entre outras cousas, porque non tivéchedes opción de facer todas as probas previstas. Pero nós, temos que seguir as ódenes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ao igual que todos os centros educativos da comunidade.
Para o 3º trimestre, a cousa cobra maior importancia, trátase da avaliación final de curso ou etapa, e tendes que esforzarvos sendo contantes día a día. NON POSPOÑADES AS TAREFAS. Mantede un contacto o máis directo posible co voso profesorado.
Sabedes que o Concello de Boiro puso a disposición de quen o necesite a posibilidade deimpresión gratuita de fichas e apuntes necesarios para os vosos estudos durante o confinamento. Así que si precisades deste servizo, COMUNICÁDELLO AO VOSO PROFESORADO TITOR ou, se preferides, podédesmo comentar a través da miña conta de correo sabemalva@gmail.com
Outra nova importante para o alumnado que solicitou as probas de acceso á ciclos de grao medio é que xa saíu publicado a listaxe de admitidos. Penso que estades todos, mirade na seguinte ligazón www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8670
hoxe aproveitaremos que é sábado para facer algo diferente. Propóñovos un reto, si estades nalgún grupo WhatsApp (de amigos, familiar...), acordade unha hora e enviade un selfie con algún hashtag molón sobre como vos sentides con toda esta situación que estamos a vivir. Reservádeo porque nun futuro faranos falta, e non vos conto máis.
Sabedes que hai moitas queixas sobre si a xestión do confinamento tivo en conta as necesidades da cativada. Vos que opinades? Hoxe ás 18.00 está previsto un aplauso por todos os peques e polos non tan peques. No cartaz que rula polas redes sociais non especifica que o haxa que facer pola ventá ou balcón, pero eu entendo que si.
Sobre a necesidade de saír á ventá non só para poder sentir o sol e o vento, senón para sentirnos acompañados e unidos, vai o vídeo de hoxe. Agardo que vos guste. Unha aperta!