Skip to Content

Amores Prohibidos 2.0 e A rebeldía

No curso 2012/13 desenvolvimos dous proxectos de inspiración literaria dos que estamos moi orgullosos:

 

1. Amores prohibidos 2.0 é un proxecto de teatro online interactivo que creou a compañía Chévere xunto á empresa de networking A Navalla Suíza. Pola natureza dos nosos proxectos anteriores no Club do Antifás, elexíronnos para escenificar e protagonizar esta interesantísima proposta. Na páxina de RedeNasa.Tv hai un apartado especial sobre Amores Prohibidos onde podedes ver todo: como se creou, como se levou á práctica, os nosos noticieiros, o guión da obra (que transcurriu durante cinco días, como na orixinal -Romeo e Xulieta-), os vídeos de presentación dos personaxes...
 
Para facervos unha idea do que foi este proxecto, recomendámosvos que vexades un álbum de fotos que fixemos e tamén o making off que Laura Triñanes e Sara Hermo montaron. Finalmente, deixámosvos os informativos especiais que montamos no Futuro de Indicativo!
 

 

2. Da Rebeldía foi unha curta documental que fixemos sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño, homenaxeado nas Letras Galegas deste ano



page | by Dr. Radut