Skip to Content

Club de Ciencia 2017/18

No curso 2017/18 nace o Club de Ciencia da Cachada cun proxecto sobre a Bioconstrución. Trátase dun traballo STEM no que resulta fundamental un tratamento desde a óptica do Método Científico, o que implica seguir os pasos:

  • Plantexamento dun problema: vivendas e saúde. Son as vivendas convencionais boas para unha vida saudable? Son sostibles medioambientalmente falando? En que mellora a vida do ser humano cando habita espazos bioconstruídos?
  • Investigación previa: debemos documentarnos sobre os principios básicos da bioconstrución, a saber: materiais, enerxía, solucións estruturais. Para isto trouxemos ó noso centro un obradoiro da Asociación Espiga e alí falamos de materiais saudables, aproveitamento pasivo da enerxía solar, redución refugallo e impacto ambiental na extracción de materiais, minimización distancias traslado materiais, etc. (Ver Presentación de Espiga). A partir do aprendido neste obradoiro, nas materias de Tecnoloxía e Física e Química realizamos estudos cualitativos dos materiais convencionais de construción, e na materia de Bioloxía, dos marcadores que sinalan unha habitabilidade óptima para o ser humano.
  • Deseño dun prototipo para ensaios: a Casiña dos Maios. Traballamos nela ó longo de todo o curso 2017/18, como contamos a continuación. 
  • Experimentación e medición: deseñaremos sistemas de recolección de datos bioclimáticos (Temperatura, Humidade, calidade de aire, presencia de gas radón, horas de luminosidade, etc.)
  • Realizaremos estatísticas, contraste de datos e estableceremos teorías, indicando posibles melloras do prototipo. 
  • Divulgaremos as conclusións

O proceso de traballo ó longo deste curso 2017/18 foi o seguinte:

Os departamentos de Tecnoloxía, Bioloxía-Xeoloxía e Galego organizaron para o alumnado de 2º unha saída a un bosque para coñecer especies autóctonas, de cara a tomar unha decisión sobre o xardín que faríamos no perímetro da Casiña (18 decembro, visita guiada e plantación no premiado bosque de Froxán, ver unidade completa no blog Vaidelingua do Dpto. Galego). Este obxectivo queda postergado para o curso que vén, pois a edificación da propia Casiña levou todo o curso.

Pola súa banda, o alumnado de 3º fixo unha investigación de tipo técnico: a partir dunha charla sobre bioconstrución impartida por arquitectos da Asociación Espiga, pescudou nos tipos de construción máis habituais na contorna e nos beneficios dunha alternativa máis sostible e ecolóxica como é a bioconstrución.

En colaboración co departamento de Sociais, nas aulas de Tecnoloxía estudaron as características de vivendas primitivas como os castros celtas, e visitaron e analizaron o cercano Castro de Neixón.

A continuación, visitamos unha obra que está facendo en Boiro o bioconstrutor Guido Tomasini (rehabilitación dunha antiga casa de pedra en Cespón, 26 de outubro), e elaboramos un vídeo didáctico para explicarlles os conceptos fundamentais deste tipo de edificación nas aulas de Tecnoloxía.

A vivenda que visitamos espertou enormemente o interese do alumnado, habituado como está ó uso de materiais convencionais (e tóxicos) como o cemento, pinturas plásticas, vernices, etc., e así o reflectiron nos correspondentes traballos escritos que se lles pediron nas materias de Tecnoloxía e Física-Química.

 

Este alumnado deseñou e construiu unha maqueta de vivenda actual que reunise as características estéticas e ecolóxicas das edificacións castrexas, combinadas coa funcionalidade e necesidades dunha sociedade actual, e os resultados das maquetas exhibíronse no vestíbulo do centro a final de curso.

Algunhas das biovivendas deseñadas

 

En combinación coas clases de Lingua Galega e de Física e Química, o alumnado de 3ºESO fixo unhas charlas orais sobre problemas das edificacións actuais e comparativa entre materiais de construción convencionais e actuais.

Vídeo do alumno Alejandro Vázquez sobre problemas de edificación https://www.youtube.com/watch?v=xwTcAUmf2mc&feature=youtu.be MATERIAIS DE CONSTRUCIÓN CONVENCIONAIS E ALTERNATIVOS
Vídeo do alumno Sergio Sánchezhttps://www.youtube.com/watch?v=bBiDWwY23kY&feature=youtu.be

 

Feitos o estudo inicial de materiais de construción e de xardíns, estableceuse o Grupo Monitor de traballo do propio Club de Ciencia, 15 mozos e mozas que serían quen edificarían a obra real: un módulo bioclimático que nos servirá para demostrar que as condicións de habitabilidade e salubridade dun edificio construído baixo a lóxica da bioconstrución son mellores que as das vivendas convencionais.

O primeiro paso foi deseñar a vivenda en Sketch up, a partir dunha proposta de planos de Guido Tomasini. Despois, imprimimos en 3D algunha das maquetas.

A execución da obra levou todo o curso, polo que o estudo das devanditas condicións de habitabilidade postérgase para unha segunda fase, na que ademais electrificaríamos e domotizaríamos o módulo. O grupo de alumnado está intimamente comprometido co proxecto, xa que o traballo rigoroso e serio, con resultados visibles e ben acabado, estimulou enormemente a súa motivación (e orgullo).

O proceso de construción desenvolveuse seguindo as pautas dunha edificación regular, polo que o alumnado aprendeu a facer unha obra real. Desde a materia de Bioloxía e Xeoloxía estudouse a natureza do terreo e a orientación que debía darse á construción; os profesores de Matemáticas demostraron a través da obra a aplicabilidade de cálculos trigonométricos (alumnado de 4ºESO) e alxebraicos (2º e 3º ESO) no cálculo estrutural. A fase da construción foi fundamentalmente significativa para a materia de Tecnoloxía, xa que houbo oportunidade de usar ferramentas que non temos no taller (amasadoras, llanas, paletas, esaparabeis, formigoneira, etc.)

Na sesión de avaliación conxunta que fixemos o día de clausura (22 de xuño), o alumnado destacaba o valor práctico desta aprendizaxe, e algúns mesmo comentaban que agora estaban axudando na casa en diferentes arranxos. Como profesorado, salientamos o feito de que as rapazas se integraran tan nunha actividade que ordinariamente atrae a moitos máis nenos que nenas.

Para rematar este punto queremos desglosar en fases o proceso construtivo, o cal facemos a partir do diario que o propio alumnado foi elaborando ó longo da execución da obra.



  Fase Descrición Ferramentas e Materiais Imaxe
1 Cimentación

- Marcado da área de traballo

- Retirada da capa vexetal (vai usarse no tellado)

- Escavación dunha zanxa perimetral

- Armado do encofrado- Verquido do formigón

- Cinta métrica- Sacho, sacha, rañeta- Táboas madeira, reglas, serrón- Formigoneira e carretilla; area, grava, cal hidráulica NHL5 reforzada con cañas  
2 Peche perimetral térmico - Selado da cimentación con ladrillos de termoarxila - Ladrillos de termoarxila- Masa de cal e auga, paleta
3 Creación de adobes - Nun capacho, mesturar: barro (medio capacho) cuberto de auga), 3 pás de area e 3 presadas de palla
- A mestura introdúcese nos moldes que nos proporcionou Guido e déixase secar 
- Capachos e pás- Amasadora- Barro (non vale calquera lama), area, palla, auga
4 Armado da estrutura

- Enriba dos ladrillos de termoarxila déitanse as durmintes

- Sobre estes, érguense os tabiques de madeira das esquinas, debidamente aplomados para manter a perpendicularidade

- Sobre os anteriores, póusanse as durmintes que farán de base para o teito

- Sobre as 2 durmintes do teito, dispóñense 7 tablóns transversais

- Taboleiros e listóns de madeira- Serrón, escuadro, reglas e lapis- Plomada e nivel de burbulla

5 Aillamento do teito - Colocación de paneis de fibra - Martelo, clavos, escuadro, sarxentos
6 Levantamento de paredes con diferentes técnicas

- Paredes con bloques de adobe previamente elaborados

- Paredes con trenzado de vimbio e barro

- Paredes con encofrado de palla compactada

- Martelos, sarxentos, tenazas, alicates, mazo, nivel, listóns, serras
7 Revestimento das paredes

- Aplicación de capa de barro na superficie das paredes.

- Deben deixarse os ocos de porta e xanela

(ver vídeo publicado no Facebook https://www.facebook.com/IESACachada/videos/2095656270462767/)

- Llana, espátulas- Masa de barro e- Regra
8 Soleira

- Recheo con cuncha de mexillón

- Cobertura con cal hidráulica

- Achandamento da superficie cunha regra

- Pás, carretilla- Cuncha mexillón triturada- Regra- Nivel
9 Cobertura tellado

- Colocación capa illante plástico EPDM

- Cobertura coa propia terra da escavación

- Martelo, cravos, sarxentos, carretilla, pá- Lámina plástica
10 Recebado das paredes

- Aplicación de morteiro base sobre malla na cara externa das paredes

(para que agarre mellor e evitar gretas)

- Llana- Paleta- Malla de 1mm
11 Colocación das ventás

- Adquisición de ventás e cristais reciclados-

Colocación dos cristais e da xanela, empregando listóns como forma de suxeción-

Instalación dos marcos

- Martelo- Cravos- Listóns
12 Colocación da porta

- Adquisición da porta reciclada-

Colocación de bisagras e do cadeado

- Aparafusador- Tirafondos- Bisagras





page | by Dr. Radut