Skip to Content

Programación Tecno


 

 

Profesorado do departamento, curso 2023/24

 

  • Ana Fernández Moreiras (XD). Destino definitivo.

  • Lupe Gómez Noya. Destino provisional.

  • José Manuel Caamaño Lamela. Destino provisional.

 

Normas xerais curso 2023/24

  • O alumnado ten a obriga de estar comunicado dixitalmente coa profe de forma periódica, consultando un mínimo dunha vez por semana a aula virtual ou correo electrónico.

  • Non se aceptarán traballos fóra de prazo.

  • Nos casos de forza maior (problemas co equipo informático, coa conexión a internet, etc), debedes comunicar as incidencias á profe ou titor/a no menor prazo de tempo posible. De non ser así, considerarase incumprimento nos prazos de entrega das actividades propostas.

  • Na elaboración dos traballos escritos (Memorias técnicas e outras propostas particulares), seguiranse as normas de redacción e estilo que se vos indican nos boletíns e/ou presentacións de cada curso.

  • O plaxio ou calquera tipo de fraude nas probas orais ou escritas será sancionado coa anulación da proba e o conseguinte 0 na súa cualificación.

  • As normas de uso do taller, pensadas para minimizar riscos e que todos poidamos disfrutar do material, son de escrupuloso cumprimento e impórtannos ás profes máis que ningún 10 nun exame!

  • Recuperación de pendentes:
    • de 1º: o seguimento farávolo Lupe Gómez na propia aula. Despois da Avaliación Inicial, entregarásevos un Boletín de exercicios con dous boques. En cada parcial de pendentes pedirásevos un bloque. A proba pesará un 60% e os exercicios, debidamente resoltos e explicados, un 40%. A profesora de 2º ESO poderá considerar superada aquela parte da materia con continuidade de 1º a 2º se esta se aproba no curso actual (ex: Electricidade). Se este fora o caso, indicarávolo e xa non fará falta resolver esa parte dos exercicios do boletín nin facer parte escrita. En caso de suspender un ou os dous parciais, poderedes asistir a unha proba final.

    • de 2º: o seguimento farávolo Ana Moreiras, dispoñible os venres no 2º recreo. Despois da Avaliación Inicial, entregarásevos un Boletín de exercicios con dous boques. En cada parcial de pendentes pedirásevos un bloque. A proba pesará un 60% e os exercicios, debidamente resoltos e explicados, un 40%. En caso de suspender un ou os dous parciais, poderedes asistir a unha proba final. 

 

Documentación curso 2023/24 

    • Resumo de contidos e criterios de avaliación para alumnado

    • Boletín de pendentes de 1º

    • Boletín de pendentes de 2º

    • Programacións (anexas):
      • Programación 1º ESO A (José Manuel Caamaño) e B, C, D (Ana Moreiras).

      • Programación 2º ESO A, B, C, D (Lupe Gómez, proximamente).

      • Programación 3º Ed. Dixital (José Manuel Caamaño).

      • Programación 4º Tecnoloxía (Ana Moreiras).

      • Progrmación 4º Ed. Dixital (Lupe Gómez, proximamente).

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
programacion_didactica_lomloeeducacion_dixital_3_eso_2309271951_cf800596-ee87-4add-8da6-1c1612077df7.pdf191.2 KB
programacion_didactica_lomloetecnoloxia_4_eso_2309282127_cf5147c2-a1a2-47f6-8061-a3f20e9358c0.pdf198.93 KB
programacion_didactica_lomloetecnoloxia_e_dixitalizacion_1_eso_2310051719_924e68b7-6900-428a-8642-7e4f5275358e.pdf208.4 KB


page | by Dr. Radut