Skip to Content

Conmemoracións

25 N - A Patela dos Libros

Para conmemorar o 25 N, dende a Patela dos Libros este ano levamos a cabo a realización de varias actividades: - Levamos a cabo o II Certame de Poesía - Representamos mediante unha serie de dioramas, diversas escenas seleccionadas polo Equipo da Patela dos Libros, do libro: "SI ES AMOR, NO DUELE" (Pamela Palenciano, Iván Larreynaga). Deixámosvos unhas fotiños dos dioramas representdos. Agardamos que vos guste!Sorriso

 

Sanmaín na Patela dos Libros

Este ano polo Sanmaín, estrenamos unha nova forma achegar diversas lecturas ao noso alumnado, por medio da presentación de dioramas que representan as escenas de diversas obras.

Uns días antes, deixamos os dioramas sen o título e presentámolas no instagram para que a comunidade educativa do IES se animara a averiguar de que títulos se trataban. Días despois, acompañámolas das obras representadas, así como un stand con diversas lecturas temáticas.

Aquí vos deixamos unhas fotiños... que ao fin e ao cabo, unha imaxe vale mais que mil palabras Risa

Todos estes títulos e mais, están agardándovos na Patela dos Libros!  


 

Día de Rosalía 2022

Vídeo conmemorativo do Día de Rosalía do 2022.

10 de decembro Conmemoración dos Dereitos Humanos

Desde a biblioteca organizamos unha exposición de carteis onde se ilustran os trinta artigos que conforman esta declaración que cumple nada máis e nada menos que 70 anos! Todas a titorías tiveron ocasión de visitar esta exposición.

Distribuir contido


by Dr. Radut