Tras a publicación da orde do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, elaboro esta ADDENDA á programación para adaptar o proceso de avaliación ao disposto polas autoridades educativas para o presente curso 2022-2023.
Establecemos así as seguintes modificación para o curso 4o da ESO:
1.- A sesión da terceira avaliación coincidirá coa sesión de avaliación final, celebrándose esta despois do 22 de xuño, na data que o centro determine.
2.- O terceiro trimestre estenderase pois do 11 de abril de 2023 ao 21 de xuño de 2023.
3.- Para facilitar ao alumnado o seguimento e recuperación da materia, antes do 22 de xuño terá a oportunidade de recuperar a materia non superada.
4.- Para situacións extraordinarias (enfermidade, ausencias debidamente xustificadas, ....) contémplase a posibilidade de realizar probas específicas de recuperación, mediante traballos ou tarefas a realizar antes do 22 de xuño de 2023.
5.- Estas medidas están a disposición de todo o alumnado e comunidade educativa, así mesmo serán debidamente comunicadas ao alumnado na aula.