Comprácenos comunicarvos que o próximo luns 19 de outubro a 1º hora imos comezar coa Hora de Ler, unha das iniciativas que recollemos no PLAMBE.
A Hora de Ler consiste nunha hora de lectura totalmente libre (o alumnado lerá o libro e xénero que queira), sen pedirlle ningún tipo de actividade sobre a mesma. Para o alumnado que esqueza traer o seu libro da casa, o profesorado pode procionarlle lecturas (libros, artigos, revistas...) ou mandarlle escribir un relato seguindo unhas indicacións que daremos cada semana.
Cada semana a Hora de Ler cadrará nunha hora de clase diferente, empezamos o vindeiro luns a primeira hora, para a semana seguinte será o luns a segunda hora, para o próximo o luns a terceira e así sucesivamente ata final de curso(consulta o horario).
Se tes algunha dúbida, consulta a Guía da Hora de Ler.
Non esquezades traer os vosos libros, e se queredes probar novas lecturas, pasádevos pola biblioteca.