Skip to Content

Club de Ciencia 2018/19

Nesta segunda edición do Club de Ciencia (CdC en adiante) demos continuidade ó traballo comezado o curso pasado, a Casiña dos Maios: un proxecto STEM que consiste nun módulo bioarquitectónico para demostrar que as condicións de salubridade e habitabilidade das edificacións feitas con técnicas de bioconstrución son mellores que as das vivendas convencionais.

Como pode verse nas respectivas entradas do Blog do CdC, creamos diversos microproxectos nos que traballamos transversalmente os catro departamentos de Ciencias coa idea e lograr os obxectivos xerais:

 

Obxectivo Valoración
Continuar coas fases do Método Científico para chegar a unha conclusión baseada na experimentación e publicar os resultados. Consideramos que os departamentos teríamos que ser máis coherentes na didáctica dos contidos teóricos: propiedades dos materiais de construción, análise de datos, etc.No tocante ó obxectivo xeral da investigación, intentamos transmitir esa intención ó alumnado, pero non parece que eles mantiveran en mente esta perspectiva. Traballar en grupos reducidos ten como beneficio que se é máis operativo, pero a cambio pode levar a unha atomización das dinámicas e a unha falta de visión global.
Finalización das obras do prototipo A Casiña dos maios Instalamos un sistema de rego automático (donado).
Instalamos unha placa solar (donada).
Illamos a Casiña, amecímoslle un zócalo e revestimos as paredes interiores.
Revestimos o teito interior con barro.
Deseñar e montar experimentos de medición que permitan recabar os datos de habitabilidade que precisamos.

As 3 redes de medición funcionaron:

Instalouse unha caseta con termómetro, higrómetro, anemómetro e están a tomarse medidas destes valores no interior e exterior da Casiña.


Creouse unha estación baseada en Arduino para medir Temperatura e Humidade e rexistrar dixitalmente os datos de forma automática.


Estableceuse unha rede de recollida de  datos de radon empregando 3 dosímetros e elaborouse un mapa das medicións no concello.

Facer un seguimento das condicións de humidade e temperatura ó longo do ano e publicala na web do noso centro. Agás no caso do radon, este obxectivo non puido lograrse completamente dado que as medicións comezaron a tomarse en abril-maio. Agardamos continuar coa investigación para o curso.
Facer unha proposta de entorno saudable da vivenda a través da creación dun pequeno horto de plantas aromáticas.Esta actividade promove ecosistemas saudables e contribuír a unha xestión sostible de terra, recursos naturais e auga. Construímos 2 estruturas: sementeiro e invernadoiro tipo-domo, analizando a xeometría do mesmo.O alumnado trouxo plantas: clasificámolas e estuadmos as súas propiedades. Para o curso que vén si se espera facer un traballo de investigación máis preciso.Para o curso agardamos facer ensaios de campo: sementar, cultivar e recolectar. Con isto avaliaríamos o comportamento agronómico de tomillo, herba luísa, melisa, lavanda, ourego, pirixel, romeu... e os seus rendementos a escala real. Para o curso que ven está previsto realizar un manual de cultivo para estas especies.
Conectar os sensores metereolóxicos a unha centraliña gobernada con Arduino, de xeito que poidamos domotizar algún elemento (luz, rego, etc.) Aínda que participamos na convocatoria Espazos Maker, a nosa proposta non foi merecedora de dotación económica. Escribimos á Consellería para averiguar se atopan mal planteada esta nosa investigación e proposta, pero non obtivemos resposta.Volveremos intentalo para o curso.






  1. Saúde e medioambiente (“Este nadal non regales plásticos: 3R”)

 

OBXECTIVOS CONTIDOS E ACTIVIDADES METODOLOXÍA ORGANIZACIÓN RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS PROCESOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Sensibilizar á comunidade educativa da necesidade de reducir o consumismo en Nadal.Sensibilizar ó alumnado sobre os problemas de saúde e ambientais que ocasiona o abuso de plásticos. Customizar unha bolsa de algodón por alumno e exhibilas todas xuntas nunha mostra no vestíbulo. Cada alumno/a é responsable do seu deseño e slogan.Deseño dun xogo sobre os plásticos en Kahoot e competición colectiva na inauguración da exposición.Prendido colectivo do alumeado automático dunha árbore de nadal elaborada con botellas recicladas de plástico. Nas aulas de Tecnoloxía, estudouse deseño gráfico con Canva; nas de TIC, con Gimp; nas de Plástica, fixéronse deseños manuais.Nas aulas de Tecnoloxía e FQ estudáronse as propiedades dos plásticos e comparáronse coas de materiais naturais.Nas de Galego preparáronse exposicións orais sobre as consecuencias do abuso de plásticos.Nun obradoiro extraescolar audiovisual elaborouse un spot animando á redución de consumo en Nadal. Colaboran os departamentos de Tecnoloxía, Física e Química, Galego e Plástica.Empregamos software libre: Canva, Gimp.Mercamos as bolsas de algodón 100% e transfers para cada alumno/a. Os propios de cada materia no seu temario (deseño gráfico, materiais de construción, polímeros, expresión oral).A actividade considérase satisfactoriamente desenvolvida dada á alta participación na exhibición fina e no xogo de Kahoot, así como na calidade artística dos produtos presentados.




 

  1. Saúde e vivenda

 

Temporalización: 1º trimestre.



OBXECTIVOS CONTIDOS E ACTIVIDADES METODOLOXÍA ORGANIZACIÓN RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS PROCESOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Aprender as técnicas do oficio de albanelería e construción, comparando as convencionais coas de bioconstruciónRematar o prototipo de traballo da Casiña das Maios.Elaborar un vídeo explicativo do proceso, para que toda a comunidade educativa comprenda a necesidade do traballo elaborado. Revestir as paredes interiores con barro e cal.Instalar un zócalo interior.Selar a xanela e porta.Illar a vivenda tapando fendas que estaban descubertas.Guionizar, gravar e montar un vídeo explicativo para difundir o traballo elaborado. Os traballos de remate da vivenda desenvolvéronse en obradoiros extraescolares conducidos por un profesional da bioconstrución.O vídeo explicativo gravouse e montouse nas aulas de Tecnoloxía. Contamos coa dirección de obra de Guido Tomasini, profesional da bioconstrución.Os materiais foron mercados a Guido: barro, cal, palla e ferramentas de albanelería (amasadora, paletas, llanas, etc.) Dado que a actividade non se enmarca dentro das materias ordinarias, a avaliación consistía en rematar con éxito as obras da Casiña, na instauración dun bo clima de traballo e no desenvolvemento de capacidades manipulativas por parte do alumnado. Asemade, é obxectivo noso divulgar o traballo elaborado e explicar as características deste tipo de vivendas, para o cal editamos un vídeo explicativo.Xulgamos que se lograron estes obxectivos.

 

  1. A vivenda bioclimática: estudo metereolóxico

 

 

OBXECTIVOS CONTIDOS E ACTIVIDADES METODOLOXÍA ORGANIZACIÓN RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS PROCESOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Análise e posta a punto da estación do centro.Recollida manual de datos meteorolóxicos.Comparación con datos meteorolóxicos na web de Meteogalicia.Estudo estadístico de temperaturas medias e extremas, precipitacións medias, etc. Dado que a estación que tiñamos no instituto estaba inservible, mercamos e instalamos unha nova.Desde maio, tomamos medicións diarias exteriores de T e H. Desde xuño, interiores na Casiña tamén. Instalación da caseta na parede exterior da Casiña dos Maios.Recollida e rexistro de datos en folla excell. A estación foi mercada por Pilar Hermo e instalada por Víctor Olmos xunto ó alumnado de Tecnoloxía.Un equipo de rapaces e rapazas, baixo as instrucións de Pilar Hermo, tomaron nota das medidas diarias. Os obxectivos da actividade só se satisficeron a medias, xa que non puidemos ter datos interiores da Casiña ata xuño. A comparativa entre estes os datos dentro do instituto farase para o curso.Tamén postergamos a comparación de datos cos obtidos na web de Meteogalicia.







  1. A vivenda bioclimática: estudo de radón
 

 

OBXECTIVOS CONTIDOS E ACTIVIDADES METODOLOXÍA ORGANIZACIÓN RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS PROCESOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Observar e medir os niveis de radon nas vivendas.
Relacionar niveis de radon co tipo e idade de rocha así como das estruturas xeolóxicas de cada zona
Aprender a extrapolar os datos das medicións e levalos a un mapa cartográfico
Análise das medicións e recollelos en táboas así como elaborar unha presentación de fotos dos medidores
Investigación do gas radon: procedencia, a súa problemática e como subsanalo.
Exposición por parte do grupo coordinador dunha presentación na aula de Tecnoloxía para todo o alumnado do CdC, despois de realizar unha visita ó laboratorio de Física Nuclear da USC para recadar información.
Uso durante unha semana dos nosos medidores para recoller datos nas vivendas do alumnado, tendo en conta que o habitáculo a medir non pode estar aireado no momento das medicións.
Análise da importancia de que nas obras de nova construción se faga un estudio previo dos niveis de radon
Aplicamos o método científico para observar, medir e analizar os datos recollidos para chegar a conclusións e correlacionar os niveis de radon co tipo de rocha, idade da rocha, de cada zona e formular algunha hipótese
Aplicamos o método expositivo co traballo de investigación do radon
Para o curso que vén realizaremos un vídeo divulgativo, explicando a problemática do radon nas nosas vidas e as conclusións que saquemos do noso estudio de investigación
O alumnado participante foi do Club de Ciencia
Compramos 3 medidores dixitais que o alumnado do CdC durante unha semana, levou para medir o radon na súa vivenda
Nomeouse un grupo coordinador para anotar a entrega e devolución do medidor, recoller os datos e levamos a un mapa.

Extender novos coñecementos do radon, gas que apenas coñeciamos e saber máis das súas consecuencias negativas.
O obxectivo desta unidade foi entrar en materia e identificar e coñecer máis deste gas e poñelo en coñecemento do alumnado. Este curso non podemos chegar a conclusións precisas con tan poucos datos. Isto leva o seu tempo e continuaremos o traballo para o próximo curso para así poder facer un análise dos niveis de radon en cada zona, analizar as causas e sacar as conclusións.
Despois da recollida de datos suficientes poderemos chegar a conclusións e poder estender o noso traballo de investigación ó resto da comunidade educativa.

 

  1. A Casiña dos Maios ecotecnolóxica: electrificación con enerxía limpa  Temporalización: pendente instalación placa fotovoltaica

 

 

OBXECTIVOS CONTIDOS E ACTIVIDADES METODOLOXÍA ORGANIZACIÓN RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS PROCESOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Aprender as técnicas de electrificación dunha vivenda usando as ferramentas axeitadas.
Sensibilizarse coa electrificación dunha vivenda con enerxía limpa.
Identificar os distintos elementos dunha instalación eléctrica con placa fotovoltaica.
Instalar un kit con módulo fotovoltaico e acumulador para alimentar iluminación interior da Casiña e para un dispositivo con micro USB.
Instalar un kit con módulo fotovoltaico e proxector LED de 25 W para a iluminación exterior da Casiña.

O grupo coordinador organizarase nun obradoiro extraescolar para a instalación eléctrica con placa fotovoltaica que nos servirá para o control das electroválvulas e para a iluminación interior e exterior da Casiña.
Realizarase un traballo expositivo audiovisual con fotos do desenvolvemento do proxecto.
Contaremos cun profesional no sector eléctrico para guiarnos coa instalación do kit de placa fotovoltaica.
Os materiais necesarios para este proxecto foron doados pola empresa EDF solar que nolo subministra a principios de xuño
Que o alumnado adquira novos coñecementos en materia de electrificación dunha vivenda e a importancia de usar enerxía limpa.
Á espera de que a empresa EDF solar nos subministre o equipo necesario para desenvolver esta actividade, previsiblemente no mes de xuño.
Os obxectivos cumpriranse para finais de curso.

 

  1. A Casiña dos Maios é do s.XXI: control bioclimático automatizado



OBXECTIVOS CONTIDOS E ACTIVIDADES METODOLOXÍA ORGANIZACIÓN RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS PROCESOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Programar e montar unha estación metereolóxica empregando sensores e placa Arduino.Instalar a estación na Casiña dos Maios para facer un rexistro de temperatura e humidade, e instalala en diferentes fogares, para facer unha comparativa de datos. Estudar as características básicas de programación con Mblock, como introdución ó Arduino.Estudar as características básicas de programación con Arduino, facendo montaxes sinxelas con sensor de temperatura.Deseñar e montar a estación final, con ordenador para o rexistro de datos e, eventualmente, conectar unha Raspberry pi. Un equipo de alumnos formouse nun obradoiro extraescolar celebrado os martes, traballando tamén nas aulas de Tecnoloxía de 4ºESO.Comezamos traballando prácticas sinxelas a partir da páxina da profesora María Loureiro (tecnoloxia.org/arduino).Montamos un sensor de temperatura simple cun LM35, comprobando que o Monitor Serial lía ben os datos, e a partir deso pasamos a facer a práctica cun DHT11 e unha pantalla LCD, o que nos permite ler os valores de T e H ó mesmo tempo que se almacenan no disco duro.Montamos 2 instalacións que imos colocar na Casiña dos Maios e no Almacén de limpeza do instituto, o que nos permitirá comparar datos. Asemade, no mes de xuño instalaremos  estudaremos o xeito de conectar a placa a unha Raspberry Pi, facendo así a instalación independente dun portátil. Grazas á dotación de material Arduino para centros hai dous cursos, só tivemos que mercar o sensor de humidade DHT11.A páxina da profesora de Tecnoloxía María Loureiro foi fundamental. Lograr ter medicións era o éxito desta sección. Na actualidade estamos obtendo medicións, e fáltanos a comparativa, para o cal necesitamos ter electrificada a Casiña (senón dependemos da batería do portátil para levar o rexistro).




7. Espazo verde na vivenda: rego automático por goteo

 

 
  1. A vivenda no medio natural:plantas aromáticas, invernadoiro e domo sementeiro

 

 

 

 

 

 

OBXECTIVOS CONTIDOS E ACTIVIDADES METODOLOXÍA ORGANIZACIÓN RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS PROCESOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Aprender as técnicas do oficio de albanelería na construción das estruturas do invernadoiro e do domo.Valorar a importancia destes cultivos de plantas aromáticas, xa que son a base de principios activos necesarios para a conservación de produtos alimentarios de forma natural e saudable Estudar as propiedades das plantas aromáticas e o seu uso na conservación de alimentos. Aprender as técnicas de sementar, cultivar e recolectar
Aprender a medir, calcular ángulos, cortar listóns, montaxe das estruturas.
Revestir as paredes das estruturas con plásticos
Os traballos de construción fixéronse en obradoiros extraescolares e guiados por un profesional da bioarquitectura.
Aplicamos o método expositivo cun manual de cultivo para as especies cultivadas que comezaremos para o curso que ven.
O alumnado participante foi o do Club de Ciencia e repartíronse en varios grupos: para a recollida de plantas aromáticas e a súa clasificaciónque o alumnado voluntario de 2º ESO trouxo das súas casas, obradoiro de construción do invernadoiro e domo para o que se organizaron obradoiros extraescolares para cada subgrupo
O bioconstructor Guido orientounos coa compra de material necesario: madeira, plástico, parafusos, bisagras…

Con este proxecto de vivenda no medio natural, conseguimos no alumnado introducir o termo de agricultura sostible, na que os departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía están implicados.
Construír as estruturas do invernadoiro e un domo manipulando os materiais coas ferramentas axeitadas e seguindo as instrucións do bioconstrutor cun bo ambiente de traballo en equipo.

Como vivenda, os domos de madeira aproveitan a energía calórica pola forma do seu teito que permite seguir o curso do sol, tendo unha mellor luminosidade no interior durante todo o ano.

  

  1. Muller, ciencia e vivenda

 

OBXECTIVOS CONTIDOS E ACTIVIDADES METODOLOXÍA ORGANIZACIÓN RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS PROCESOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Sensibilizar ó alumnado sobre a invisibilización de científicas relevantes ó longo da historia.Creación dun Equipo Director formado por alumnas de 1º ESO.Fomento da participación de rapazas en tarefas que soen escoller os nenos: programación, construción, instalación. Charla sobre mulleres invisibilizadas na ciencia.Creación dun grupo supervisor de actividades formado por alumnas de 1º ESO.Elaboración de infografías sobre os diferentes grupos de traballo. Tarefa do equipo de rapazas.Elaboración dun video-resumo de toda a actividade. O profesor do CdC Víctor Olmos impartiu unha charla ó alumnado de todo o centro, e pendurámola na nosa web para que tivese máis repercusión.Nos equipos de traballo designamos a unha monitora e con todas elas fixemos un equipo de Produción excelente. A estas idades, é o máis habitual que estes labores de coordinación os fagan mellor as rapazas. A Orientadora do centro participou na organización da charla, como parte dun programa de igualdade que parte do seu departamento. A charla suscitou controversia entre o alumnado, sendo proba de que existen aínda (mesmo cada vez máis?) prexuízos de xénero, non unicamente no ámbito científico.As rapazas coordinaron moi ben so equipos de traballo, e como soe ser habitual á súa idade, máis eficientemente do que os compañeiros.Estamos satisfeitas coa participación das rapazas nas actividades de finalización de obras da Casiña, de instalación do rego, de programación de robots. Con todo, ningunha quixo formar parte do equipo de Arduino: con 15 anos teñen asumido, un gran porcentaxe delas, que non son boas para a programación informática. Un reto a superar na edición do curso que vén!

 



page | by Dr. Radut