Coma noutros anos, tamén durante este curso contamos cun grupo de alumnas e alumnos voluntarios para axudar nas tarefas da biblioteca.
Durante os recreos, por parellas, estes voluntarios están na biblioteca para axudar a todos, profes e alumnos, a:
- Manter a orde na biblioteca.
- Actualizar os préstamos e devolucións no programa Meiga.
- Dar de alta novos lectores no programa Meiga.
- Buscar títulos, autores e libros nos estantes.
- Tomar nota de todas as incidencias.
- ... e moitas cousas máis!
Desde aquí xa lles queremos dar as GRAZAS !