Skip to Content

Podes atoparnos en...

            

DIARIO DUNHA CORENTENA

Querida rapazada, 

 

O sábado 2 de maio conmemorouse o día mundial contra o bullying ou acoso escolar, para que? por que?

Pois porque segue a ser necesario  facer un chamamento ás conciencias individuais dun mal social tan noxento como é o acoso escolar.  O peor de sufrir bullying non so  é o dano psicolóxico que provoca no momento presente, senon que condiciona a personalidade que se vai ter de adulto,  chegando incluso a producir un trauma. Isto é gravísmo. Pero tamén é grave que medren personalidades que se sinten mellor canto peor llelo fan pasar ao demais. 

E os demais? Os que escoitan burlas ou insultos. Consolaranse pensando que son bromas? Que menos mal que o rollo non vai con eles!

NO. 

 

No IES A Cachada seguiremos dándolle a máxima importancia a que todos nos atopemos ben, tranquilos e acompañados. 

 

 

Póñovos dous vídeos, o primeiro, fai un chamamento aos espectadores, pero a  aqueles que se negan a ser cómplices. O segundo, pon de manifesto a marxinación. 

Venres vémonos, traio novas sobre o 3º trimestre.

 

Unha aperta!

 



story | by Dr. Radut