Para celebrar o día das Letras Galegas realizamos cada ano diversas actividades multiculturais e STE(A)M, dado que entendemos que a Cultura Galega debe medrar parella ós novos tempos, onde xunto ó teatro ou a poesía cabe o audiovisual, a programación ou a robótica.
- Curso 2022/23 [2], Francisco Fernández del Riego. Organizamos Semana das Letras, con saídas e actividades para cada nivel, así como o festival STARgal e foliada.
- Curso 2021/22 [3], Florencio Delgado Gurriarán. Organizamos por primeira vez a Semana das Letras.
- Curso 2020/21 [4], Xela Arias. Reanudación parcial do evento STARgal.
- Curso 2019/20 [5], Carvalho Calero. Evento telemático por mor da COVID.
- Curso 2018/19 [6], Antón Fraguas. Obradoiro de traxe tradicional, STARgal, Planetario "o día que naceu Fraguas", Banquete da Cachada e Xogos populares.
- Curso 2015/16 [7]: teatro RVB na Cachada, competición galega e mostra de videoxogos, robos e curtas STARgal [8], exposición de retratos artístico-literarios "Deconstruíndo Cultura [9]", visita á Casa-Museo de M. María en Outeiro de Rei; camiñata e romaría en Pazo Goiáns, con música Folk e Galeoke
- Curso 2014/15 [10]: teatro RVB na Cachada, camiñata a Pazo Goiáns e concerto de Narf, desfile de traxes artesanais
- Curso 2013/14 [11]: teatro RVB na Cachada, encontro con Marcos Calveiro, presentación da Xanela