Skip to Content

Actividades

Magosto e Samaín

   

 

A partir do curso 2019/20, as imaxes de Magosto e Samaín publícanse só nas Redes Sociais, nomeadamente o Instagram do instituto.


 

    Xunto ó Equipo de Extraescolares, vimos organizando nos útlimos anos diferentes actividades na época do Samaín:

  • Recreos arrepiantes A que dixen (lecturas interpretadas na Biblioteca baseadas en contos de terror)
    • Ver artigo da Xanela coas imaxes do curso 2014/15
    • Ver artigo da Xanela coas imaxes do curso 2015/16

Concurso Roberto Vidal Bolaño de Microtextos teatrais

Cada ano selecciónanse varias obras teatrais elaboradas polo noso alumnado e ensáianse para ser interpretadas na Semana das Letras Galegas.

GAÑADORES DO II CONCURSO DE MICROTEXTOS TEATRAIS "Roberto Vidal Bolaño"

Xa se están levando a cabo os ensaios das obras gañadoras.

A directora que dirixe os ensaios é unha moza de Cabo que se chama Marta Ríos. Os rapaces e rapazas xa teñen asignados os papeis e ao mesmo tempo que aprenden pásano en grande.

Os ensaios teñen lugar no noso instituto ao mediodía, por iso teñen que traer a comida da casa.

Parabéns para os gañadores do concurso!!!!  Por certo podedes ver os gañadores máis abaixo nun documento anexo.

Consellos para o Concurso de microtextos teatrais

velaquí vos deixamos algúns consellos para que vos animedes a participar no concurso de microtextos teatrais. Agora que tedes tempo no Nadal, ampliamos o prazo, animádevos a escribir!

II CONCURSO DE MICROTEXTOS TEATRAIS ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Aquí tedes os gañadores desta segunda edición!

Relación de premiados no Concurso Literario 2012

Eis a relación de premiados/as no concurso literario que todos os anos convoca o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Departamento de Lingua Galega e Literatura.


Distribuir contido


by Dr. Radut