Skip to Content

Actividades

Vídeo STARcach

Vídeo resumo do proxecto STARcach, unha combinación do traballo de varios Departamentos (Galego, Tecno, Mates, FQ, Inglés) e rapaces no eido do audiovisual e a robótica. Todo un curso aprendendo, creando e disfrutando, un pracer!

Fitofaladoiro "O Bosque Animado"

Este traballo fíxose para o Plan Proxecta Fitofaladoiro, 

(...)

Actividades

  • Presentación con imaxes e información das prantas

    • Videoxogo sobre prantas do Camiño de Santiago

  • Album de imaxes do proceso

Letras Galegas 2016

 

 

Neste 2016 as Letras adícanse ó escritor Manuer María, poeta e home comprometido profundamente coa lingua e a cultura do noso país. Para conmemoralas, o Equipo de Dinamización de Lingua galega, coa colaboración doutros Departamentos Didácticos do noso instituto organizamos diversas actividades que para contribuír a un maior coñecemento da vida e obra deste insigne poeta.

 

  • Visita á Casa-Museo de M. María en Outeiro de Rei, que se complementará cun percorrido pola cidade de Lugo e o Centro de Interpretación da Muralla (4º ESO)
  • Exposición "Deconstruíndo cultura", conxunto de retratos artísticos e literarios elaborados coa colaboración da xente do Obradoiro de Fotografía en Curso e a artista Susana Diz
  • Teatro: a obra que se representará ("Ensaiade, ensaiade,  maldit@s") é froito do obradoiro de teatro que se desenvolveu os martes ó longo deste curso, obradoiro que conta coa participación de 18alumnos e alumnas e que está dirixido por Tero Rodríguez.
  • STARgal: mostra dos produtos elaborados ó longo do curso no STARcach (Seminario transversal de audiovisual e robótica). Un exemplo de que as novas tecnoloxías e o galego poden e deben ir da man na sociedade moderna que queremos construír.


Anexo con respecto á obra: Ensaiade, ensaiade, maldit@s

Innovación EDL

En colaboración con diferentes Departamentos ou organismos alleos ó centro, desde o EDL traballouse nos últimos a innovación en relación á lingua, nomeadamente no proxecto STARgal (ver no lateral dereito).

Desde o curso 2017/18, o EDL colabora e asesora as publicacións do Club de Ciencia (ver no lateral dereito).

Ademais, téñense impulsado as seguintes iniciativas:

Letras Galegas

Para celebrar o día das Letras Galegas realizamos cada ano diversas actividades multiculturais e STE(A)M, dado que entendemos que a Cultura Galega debe medrar parella ós novos tempos, onde xunto ó teatro ou a poesía cabe o audiovisual, a programación ou a robótica.

 

Entroido

A partir do curso 2019/20, as imaxes do Entroido publícanse só nas Redes Sociais, nomeadamente o Instagram do instituto.


 

Xunto ó Equipo de Extraescolares e moit@s voluntari@s, cada ano celebramos unha festa de Entroido no instituto. Podes ver na Xanela as imaxes ou vídeos do desfile dos últimos anos. A nosa intención é que nesta festividade cobre cada vez máis presencia o aspecto cultural histórico galego. 

 

Aquí vos deixamos unha presentación onde podes atopar información sobre diferentes Entroidos de Galicia:

Distribuir contido


by Dr. Radut