Skip to Content

Podes atoparnos en...

            

Actividades

proba

proba2

SAMAÍN E MAGOSTO

O luns, 12 de novembro, celebramos no centro o Samaín e o magosto coas seguintes actividades:

1. Obradoiro de maquillaxe terrorífica

2. Photo-cool de meiga e demo

3. Magosto para todas e todos

4. Xogos populares

Tamén na entrada do instituto levamos días cunha fantástica exposición de cabazas robóticas elaboradas cos rapaces e rapazas de Tecnoloxía.

 

A ruta Translatio, un proxecto do curso 2016-2017

No curso 2016-2017, o EDL estivo mergullado nun proxecto multidisciplinar que tivo como temática a Ruta Translatio, co obxectivo de potenciar a aprendizaxe  ou o coñecemento sobre esta ruta, que pasa por Boiro, a través de propostas ou tarefas  que promoveron a integración e a conexión entre as distintas materias. Todas as actividade foron recollidas neste Blog

Quencendo motores para STARgal

O proxecto que hibrida novas tecnoloxías e uso do galego xa está tomando forma, podedes botar un ollo ó noso blog e descubrir os "Cachafedelleir@s" (vídeos que nos axudan a facer desde unha caña de pescar a un barquiño autopropulsado), os Booktrailers (na sección "Máis ca palabras"), ou os novos programas de RadioCACH, do que vos achegamos un podcast sobre Internet of Things que crearon Ainhoa, Laura, Gabriela e Gisela de 3ºA.

Apostando polo futuro!

Vídeo STARcach

Vídeo resumo do proxecto STARcach, unha combinación do traballo de varios Departamentos (Galego, Tecno, Mates, FQ, Inglés) e rapaces no eido do audiovisual e a robótica. Todo un curso aprendendo, creando e disfrutando, un pracer!

Fitofaladoiro "O Bosque Animado"

Este traballo fíxose para o Plan Proxecta Fitofaladoiro, 

(...)

Actividades

  • Presentación con imaxes e información das prantas

    • Videoxogo sobre prantas do Camiño de Santiago

  • Album de imaxes do proceso
Distribuir contido


by Dr. Radut