Skip to Content

Acceso a redes sociais

       

blogue deflor.cachada

Instalación eléctrica e placa fotovoltaica (CdC)

Ainda non comezamos coa instalación eléctrica e a placa fotovoltaica da Casiña dos Maios porque a empresa que nos dona o material para este proxecto, EDF solar, traballa a gran escala e non tén á súa disposición o material necesario para consumos tan pequenos como a nosa casiña (instalación tan só dunha lámpada) e de tan poucos metros cadrados. EDF solar vainos subministrar para a iluminación interior, un kit con módulo fotovoltaico e acumulador para alimentar iluminación e dispositivos con micro USB (equipo que non tería en stock e que teñen que pedir). E para a iluminación exterior, un kit con módulo fotovoltaico e proxector LED de 25W.

Neste enlace podedes ver a montaxe da placa fotovoltaica.

 

Rego automático (CdC)

O luns 20 de maio, comenzamos coa instalación do rego automático da Casiña dos Maios, tanto para o teito (de terróns de herba procedentes da escavación) como para o noso invernadoiro. O material do rego donado pola empresa GADIS para este proxecto, foi suministrado xa por unha empresa local de fontanería e será o pai dun alumno do CdC con coñecementos na materia, quen guíe a un pequeno grupo.

Comenzamos coa excavación para a tubería de auga desde a chave de paso exterior dunha fonte que está próxima á Casiña dos Maios e ó invernadoiro.

 

 

O material utilizado no rego automático:

2 tuberías de polietileno de 25 mm

1 válvula de esfera de polietileno de 25mm

30-40 metros de tubería de polietileno 25mm grosor por 10 atm

6 codos lisos de polietileno de 25mm

2 electroválvulas de rego de 1 pulgada

4 enlaces de polietileno 25mm ¾ macho

30-40 metros de tubería de goteo autocompensante 16mm

6 m de tuberías de goteo de 16mm

8 codos de goteo de 16mm 4 porcas reducción hexagonal fitting 1´´ 3/4

4 porcas de reducción roscada PVC M 1´´-h 1/2´´

6-8 Racord enlace macho goteo 1/2  x 16mm

6 tapóns final 16mm

1 Irritrol -Programador junior 4 estacións

15m de mangueira eléctrica VVF 4x 1mm

10 m de tubo ferroplast 20mm

2 arquetas

Invernadoiro (CdC)

Comezamos o noso invernadoiro para plantar aromáticas no exterior ó lado da Casiña dos Maios e ó lado tamén do domo sementeiro e que formará parte do noso PLANETA HORTO. Este invernadorio de 1,25m x 2,50m está construído con 24 listóns de madeira de pino de 250x5x3 cm. Estrutura que cubriremos con plástico específico para invernadoiro. 

 

 Neste enlace móstrase o traballo do alumnado que fixou o invernadoiro a unha pequena cimentación.

 Colocamos as ventás proxectables cara a fóra e rematamos a construción do invernadorio.

V COMPETICIÓN DE ROBOTS EEI VIGO

Hoxe o alumnado de 3º e 4º ESO de Tecno acercámonos á Universidade, participando na V competición de robots da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo. Aprendemos, xogamos e disfrutamos.

RadEquipo (CdC)


Comeza a investigación do RadEquipo do Club de Ciencia

Os rapaces e rapazas do RadEquipo levarán a cabo a investigación sobre a presenza de radon nas nosas vivendas. A través de 3 dosímetros e coa colaboración de todo o alumnado do CdC, farán un mapa da radiación de radon en Boiro. O pistoletazo de saída dérono as coordinadoras deste equipo, logo de visitar a USC para informarse sobre o tema e presentar, o pasado martes 12 de marzo, o plan de traballo a seguir. Esta é a presentación que elaboraron as coordinadoras Guiomar, Carolina e Desirée, sobre os fundamentos de emisión de gas radon. 

 Xa temos a información, así que: a medir!!

O RadEquipo comezou a recoller os datos dos medidores dalgunhas vivendas do alumnado do Club de Ciencia e indicalos con sinais de cores nun mapa de Boiro. Os resultados do radon distribuiranse con cores da seguinte maneira:

amarela: <100 Bq/m3

verde: 100-300 Bq/m3

DomEquipo (CdC)

O grupo DomEquipo comezou a deseñar o noso domo sementeiro para construír unha maqueta a escala da nosa futura estrutura. Para iso utilizamos o calculador de domo: acidome.ru. A cúpula real de frecuencia 3 e diámetro de 2m aproximado, terá uns 120 triángulos e comezaremos a construíla dependendo da dispoñibilidade do noso guía, o bioconstructor Guido Tomasini, o xoves 30 e venres 31 de maio e a primeira de xuño na que un grupo do alumnado do Club de Ciencia aprenderá a: medir, calcular ángulos, corte de listóns, montaxe de triángulos e montaxe da estrutura en sí. Utilizarase para un sementeiro de prantas e posterior cultivo no invernadoiro. 

 O alumnado do Club de Ciencia distribuise en 2 obradoiros: uns coa excavación, cimentación con cal hidráulica, colocación de bloques de termoaxila e outros fixeron o corte de listóns de 3 lonxitudes distintas para a posterior montaxe de triángulos de 2 tipos diferentes. Neste enlace podedes ver o traballo desta semana que continuará para a próxima coa montaxe do domo.

 

Comenzamos a deseñar e construír os 2 tipos de triángulos

Distribuir contido


by Dr. Radut