Skip to Content

Última hora!

Charla residuos. Lei 6/2021 de residuos e solos contaminados. Equipo CdC

O 17 de maio, día Internacional da Reciclaxe, a técnico de Medio ambiente do Concello, Carme Saavedra dounos unha charla ó alumnado do Club de Ciencia sobre a nova Lei 6/2021 de Residuos e solos contaminados que no 2023 ten que cumplirse obrigatoriamente a nivel local. Coñecementos que aproveitamos para facer unha mellora na clasificación dos residuos e contedores específicos para cada un.

Mapa dixital radon. Equipo CdC 2°

Seguimos por 5º ano consecutivo recollendo datos da medición de gas radon nas vivendas do alumnado e veciños do concello. O equipo CdC de 2º ESO está prestando os medidores 7 días e recollen os datos que levan a unha táboa de excell e a un mapa físico. Este ano comenzamos a elaborar un mapa dixital con cuadrículas de cores en función dos datos recollidos.

 

Cultivo microalgas no laboratorio. Equipo CdC 4°

O luns 24 de abril 2 alumn@s do equipo CdC 4º Iago e Cristian apuntáronse a unha visita ó IGAFA para a actividade de “Cultivo de microalgas”, na Illa de Arousa para recoller as cepas, tomar anotacións e expoñer o método de cultivo ós seus compañeiros do equipo. Os seus guías nas prácticas foi o alumnado do ciclo medio (1º ano), do módulo de “Cultivos auxiliares”. O obxectivo é o manexo no cultivo de microalgas no noso laboratorio e a súa aplicación experimental para mellorar e fortalecer o chan do noso horto escolar, incrementando o rendemento e a calidade das colleitas.

O alumnado pretende dar solucións e presentar esta alternativa sostible e libre de residuos químicos non só no chan donde se aplican senón tamén nos alimentos que se xeran a partir do seu uso.

De aí que fabricamos o noso propio biofertilizante a base de microalgas que nos axudan a eliminar o CO2 e para que as plantas do noso horto ecolóxico (levado adiante polo equipo de Brigada verde de 1º ESO) crezan fortes e sanas de forma natural aportándolle alta cantidade de macro e micronutrientes.

Procedemento de cultivo:

Estudo de microplásticos na area en praia Xardín e no Saltiño. Equipo CdC

Neste curso 22-23 continuamos co estudo do curso pasado de contabilizar os microplásticos (0,0001 mm-5 mm) na area das nosas praias.

No curso pasado na análise do estudo de microplásticos na area de praia Barraña, chegáramos á conclusión de que debido á recente area renovada, non atopamos microplásticos como así o rexistramos neste blog do CdC do curso pasado.

Este curso analizamos a area de praia Xardín e praia do Saltiño. Contamos co equipo CdC 2º para a recollida de mostras de  area e co equipo CdC 3º- 4º para analizar ditas mostras no laboratorio contabilizando nas lupas o número e tipo de microplásticos e chegar a unha conclusión cos resultados obtidos. 

Recordamos a clasificación dos microplásticos en canto á forma: poligonais, filamentos e microfilamentos.

Resultados praia Xardín:

Deseño e construción de proxectos sostibles

Este 2º trimestre o alumnado de CdC organizou e comprometeu ó resto do centro en traballos de Sostibilidade Entre eles un adicado ó gran polímota florentino Leonardo da Vinci e así adentrarnos na súa labor de obras de enxeñería. O 15 de abril (día da Arte) , co motivo do nacemento deste xenio do Renacemento, adicaremos a Semana de Leonardo do 17-21 de abril a expoñer traballos de varios departamentos: Plástica, Xeografía e Historia e Tecnoloxía.

O alumnado de 2° de Tecno deseñou e construíu 11 modelos de minicúpulas, estruturas tridimensinais con bastóns de madeira 114x10 mm (a unidade repetitiva ten 4 marcas) que se sosteñen mutuamente sen necesidade de clavos ou parafusos. Segue a ficha de traballo 1 e ti mesmo podes xogar e facer o teu propio modelo de cúpula na casa. Tamén contruirán un modelo xigante de cúpula no hall do centro, encargamos 100 pezas de madeira laminada 500x 50 mm e que faremos participar a todo o alumnado do centro.

Observa Acción 2022/23

Ó longo deste curso, unha equipa de profesoras participou na proveitosa experiencia de #Observa_Acción, un programa de observación entre iguais. Superamos a primeira fase e accedemos á segunda, de observación a nivel galego, onde fomos emparellados co IES Sofía Casanova.
 
Observar e observarse é unha aposta por seguir aprendendo e non estancarnos, por mellorar no noso traballo, por ofrecer o mellor ó noso alumnado.
 
Queremos compartir con vós as memorias que elaboramos en ambas fases. Nelas poderedes atopar conclusións, informes, propostas.

Distribuir contido


by Dr. Radut