Skip to Content

Club de ciencia Blog

Recollida de lixo en praia Barraña. Asociación Chelonia -Equipo CdC 2°

Os días 8 de novembro  e 14 de marzo, o equipo CdC 2º, realizou unha actividade de recollida de lixo en praia Barraña da man da Asociación Chelonia, logo de que nos deran unha charla explicativa e enmarcada dentro do seu proxecto "Mares Circulares", proxecto de limpeza de costas e fondos mariños.

Datos da 1a recollida: Dos 71kg de lixo que se recolleron, o 66% foron residuos plásticos procedentes da pesca. 

Datos da 2a recollida: 27 bolsas, dos 71,61 kg que se recolleron o 58,01% foron residuos plásticos. Nesta saída reclasificamos os residuos plásticos, dos 41,54 kg de plástico, o 20,88 kg foron topes das bateas acadando uns 1388 fragmentos nuns 700m de praia percorridos.

 Adxuntamos gráficos cos datos das recollidas.

 

Convenio co Concello para préstamo de medidores de radon

O martes 8 de febreiro, firmamos o convenio co Concello para o préstamo de 3 medidores de radon que nos axudarán a darlle continuidade e rapidez ó traballo de investigación que desde o Club de Ciencia estamos a desenvolver desde o 2018, coa medición deste gas radiactivo nas vivendas. 

 

.

CdC 2021/22

Ó longo do curso 2021/22 o equipo do CdC coordinou traballos de sustentabilidade, bioarquitectura e investigación na contorna. As accións que levamos a cabo están compiladas nesta presentación.

 


A continuación, ofrecémosvos un resumo de cada proxecto:

20 decembro 22: Charla de abastecemento de auga. 3º ESO

Para rematar este trimestre, hoxe 20 de decembro, desde o CdC participamos nunha charla de abastecemento de augas de Boiro impartida pola técnica de mediambiente, Carmen Saavedra Pego. Acudiron tamén o Alcalde e Teniente Alcalde, pois o alumnado quería expoñerlle dúbidas e proposta sobre o funcionamento da nosa vila a nivel de sustentabilidade.

 

Charla de Adrián Casais do IGFAE

O martes 14 de decembro organizamos unha charla para o alumnado de Ciencias de 3º da ESO. Foi impartida polo noso exalumno e actual doctorando en Física Adrián Casais. Falou de aspectos xerais da estrutura da materia e do traballo que se desenvolve no Instituto de Física de Altas Enerxías da USC en colaboración co CERN.

Arrinca o CdC 2021_22

Aquí estamos de novo os departamentos de Física, Tecnoloxía e Bioloxía nunha nova edición do Club de Ciencia. Nesta andaina focalizaremos o noso labor en estudar as condicións medioambientais do noso concello. A parte do traballo de investigación básico do CdC, conducido por alumnas de 4º, o profesorado traballará tamén nun plan de sustentabilidade para o centro. Nesta presentación contámosvolo todo!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut