Skip to Content

Club de ciencia Blog

Formación de Patricia Barciela

DOCENCIA PATRICIA BARCIELA - 1 febreiro

 

Patricia Barciela, directora da Domus Coruña, comeza facendo unha introdución na que contextualiza a Ciencia Cidadá dentro do marco da Open Science, un concepto que contempla o acceso aberto a investigación e datos e a filosofía RRI (investigación e innovación responsables).

Destaca como PLATAFORMAS máis salientables a Scistarter (USA), Zooniverse (nivel mundial) e Ibercivis (España e Europa). No referente a METODOLOXÍA apela a usar unha indagativa, remarcando a importancia de aprender Ciencia facendo Ciencia: IBL (inquiry based learning). Suxire que investiguemos ferramentas virtuais como cámaras na natureza e laboratorios virtuais. Patricia amósanos o espazo Dixit, en Abalar, onde desde hai moi pouquiño podemos atopar recursos didácticos e guías metodolóxicas.

Arrinca o CdC 2020/21

O CdC 2020 estará organizado este ano cos proxectos e profesorado que poden verse na táboa adxunta. O alumnado irá incorporándose gradualmente en función das reunións a ter ata fin do trimestre. Os obxectivos do CdC son:

 

  • Continuar o labor do Club de Ciencia (CdC), que opera desde 2017/18.
  • Promover unha actitude científica, curiosa e crítica respecto á realidade que nos rodea.
  • Coñecer prácticas de habitabilidade de espazos máis sustentables e saudables.
  • Estudar as condicións climatolóxicas da contorna e valorar o posible impacto humano nelas.
  • Practicar experimentos científicos con materiais domésticos.
  • Dar a coñecer o traballo que se fai desde a Cachada.

 

Domótica: docencia e propostas COVID

O venres 8 de maio puidemos realizar, tras moitas dificultades, a docencia que tiñamos pendente no CdC sobre domótica. O profesional Rubén Beiroa deunos unha videoclase maxistral na que aprendemos moito e simulamos o circuíto de apertura dunha persiana con TinkerCad. Froito dese labor, o equipo de alumnos de 4º do CdC estivo traballando o tema, e de entre eles, a brillante Irene Lago creou estes dous videotitoriais no que nos explica como controlar a apertura e peche dunha persiana cun mando a distancia, e como regular o prendido e apagado dunha luz en función da luminosidade ambiente e da detección de presencia.

Construción de instrumentos meteorolóxicos - COVID

Durante o confinamento, os experimentos do CdC continuaron de diversos xeitos. Un deles, o máis práctico, foi o das alumnas de 2º: construír distintos instrumentos meteorolóxicos que lles permitisen medir magnitudes físicas como a presión, temperatura, humidade e velocidade do vento, creando así a súa propia estación meteorolóxica caseira.

Velaquí o traballo dos distintos experimentos que fixeron: termómetro, anemómetro, higrómetro e barómetro.

 

 

Sementeiro: estrutura e sementes autóctonas

 O grupo de taller do CdC ó mando de Flor Domínguez fabricou unha estrutura de madeira de piñeiro para o domo (sementeiro).

Grazas ó investigador Alfredo Taboada Arias, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, conseguimos as seguintes especies autóctonas:  pemento coas variedades: Arnoia (comarca de Ribadavia), Branco Rosal (comarca do Rosal), Couto (zona de Narón), Mougán ( zona de Guntín en Lugo), Oimbra (comarca de Verín), Padrón, Piñeira (zona de Ribadeo), Punxín (comarca de Carballiño en Ourense), Vilanova (zona de Vilanova de Arousa); tomate negro (Santiago); cebola (Vilagarcía); repolo (Betanzos); leituga (Miño).

 

Equipo Scratch

No Club de Ciencia, é fundamental familiarizarse co pensamento computacional. Para isto, fundouse o Equipo Scratch, con Javi Bao ó mando. Traballaron nas tardes de luns iniciándose no deseño de videoxogos:

 Ata o confinamento estaban coas seguintes propostas:

Distribuir contido


by Dr. Radut