Skip to Content

Sementeiro: estrutura e sementes autóctonas

 O grupo de taller do CdC ó mando de Flor Domínguez fabricou unha estrutura de madeira de piñeiro para o domo (sementeiro).

Grazas ó investigador Alfredo Taboada Arias, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, conseguimos as seguintes especies autóctonas:  pemento coas variedades: Arnoia (comarca de Ribadavia), Branco Rosal (comarca do Rosal), Couto (zona de Narón), Mougán ( zona de Guntín en Lugo), Oimbra (comarca de Verín), Padrón, Piñeira (zona de Ribadeo), Punxín (comarca de Carballiño en Ourense), Vilanova (zona de Vilanova de Arousa); tomate negro (Santiago); cebola (Vilagarcía); repolo (Betanzos); leituga (Miño).

 

Xusto cando iamos sementar iniciouse o confinamento polo COVID-19 e non se puido levar a cabo esta actividade. Retomarémola para o vindeiro curso.

 

 

 

 
 
 
 
 


blog | by Dr. Radut