Skip to Content

Club de ciencia Blog

Xuño 22: Reparacións e melloras na Casiña dos Maios

Nos últimos días deste curso procedimos a restaurar desperfectos na Casiña, aplicando novas capas de adobe e cal. Ademais, organizado pola profe de Plástica María Magán, fíxose un deseño de pintura para os exteriores que foi levado a cabo polo alumnado de 3º.

Nas semanas anteriores traballamos na contorna plantando aloe veras, unha planta con noitas propiedades medicinais.

 

 

Wolframio no Barbanza. Equipo CdC 1º

Gabriela, Carmen, Sara, Natasha, Mencía, Noa, Iago e Óscar que forman parte do equipo do CdC de 1º fixeron este Genially creando unha presentación interactiva sobre o Wolframio no Barbanza.

 

Charla Hidróxeno verde. Equipo CdC

O venres 20 de maio, tivemos a última charla deste curso sobre o Hidróxeno verde de mans de Cristal Fernández Gómez, consultora do sector das enerxías renovables da multinacional Worley. O equipo de CdC adquiríu novos coñecementos  do hidróxeno verde, a súa producción a partir da electrólise da auga, para que serve, por qué están todos os países nunha carreira por desenvolver políticas e proxectos ó respecto, as súas vantaxes e desvantaxes.

 

Clausura proxecto Micromundo. Equipo CdC 4º

O vindeiro 13 de maio ás 18:00h da tarde no salón Nobre do Pazo de Fonseca en Santiago, o noso equipo CdC 4º asiste xunto con outros 3 centros de Secundaria, á clausura e entrega de diplomas do proxecto Micromundo. Aceptamos a invitación de seguir co proxecto para o vindeiro curso.

Proxecto Re-Cachada

O noso Club de Ciencia está inmerso nun proxecto de reciclaxe de envases de plástico chamado Re-Cachada e que implica á toda a comunidade educativa. Esta campaña de recollida de plásticos, co fin de reutilizalos e darlle unha segunda vida para a fabricación de mobiliario para o centro como bancos e papeleiras, conta coa colaboración da empresa Cholita-Recicla e do Concello de Boiro. Para iso instalamos á entrada do instituto un colector amarelo para que os estudantes depositen os residuos plásticos (limpos e libres de residuos orgánicos) que se xeran no centro e tamén outros procedentes do exterior: botellas, tapóns, yogures, bolsas, blísters de medicamentos. Para a confección dun banco necesítanse 100 Kg de plástico e para a dunha papeleira 60 kg.

 

IGAFA. Cultivo Microalgal monoespecífico. Equipo CdC 4º

O martes 5 de abril o equipo CdC 4º visitou o IGAFA, Instituto Galego de Formación en Acuicultura, (Illa de Arousa, Pontevedra), único centro de Galicia que imparte formación profesional de acuicultura e mergullo. Nas súas instalacións, aprendemos os parámetros físicos de cultivo de microalgas, os seus nutrientes, illamento, mantemento de cepas así como coñecer as súas aplicacións (captadores de CO2, acuicultura, cosmética, purificación de augas residuais, produción de enerxía en forma de hidróxeno ou biocombustibles, fonte de proteínas para nutrición humana e animal...) e fixemos unha práctica de cultivo. O obxectivo desta visita é adquirir coñecementos en cultivo de microalgas para experimentar o crecemento de cepas monoespecíficas no noso laboratorio. Estudiaremos as seguintes:

Flagelados:

Ts Tetraselmis suecica 10 micras

Ig Isochrysis galbana 4-5 micras

Dl Diacronema lutheri 4-5 micras

Diatomea:

Pht Phaeodactylum tricornutum

 

Distribuir contido


by Dr. Radut