Skip to Content

Club de ciencia Blog

RadEquipo (CdC)


Comeza a investigación do RadEquipo do Club de Ciencia

Os rapaces e rapazas do RadEquipo levarán a cabo a investigación sobre a presenza de radon nas nosas vivendas. A través de 3 dosímetros e coa colaboración de todo o alumnado do CdC, farán un mapa da radiación de radon en Boiro. O pistoletazo de saída dérono as coordinadoras deste equipo, logo de visitar a USC para informarse sobre o tema e presentar, o pasado martes 12 de marzo, o plan de traballo a seguir. Esta é a presentación que elaboraron as coordinadoras Guiomar, Carolina e Desirée, sobre os fundamentos de emisión de gas radon. 

 Xa temos a información, así que: a medir!!

O RadEquipo comezou a recoller os datos dos medidores dalgunhas vivendas do alumnado do Club de Ciencia e indicalos con sinais de cores nun mapa de Boiro. Os resultados do radon distribuiranse con cores da seguinte maneira:

amarela: <100 Bq/m3

verde: 100-300 Bq/m3

DomEquipo (CdC)

O grupo DomEquipo comezou a deseñar o noso domo sementeiro para construír unha maqueta a escala da nosa futura estrutura. Para iso utilizamos o calculador de domo: acidome.ru. A cúpula real de frecuencia 3 e diámetro de 2m aproximado, terá uns 120 triángulos e comezaremos a construíla dependendo da dispoñibilidade do noso guía, o bioconstructor Guido Tomasini, o xoves 30 e venres 31 de maio e a primeira de xuño na que un grupo do alumnado do Club de Ciencia aprenderá a: medir, calcular ángulos, corte de listóns, montaxe de triángulos e montaxe da estrutura en sí. Utilizarase para un sementeiro de prantas e posterior cultivo no invernadoiro. 

 O alumnado do Club de Ciencia distribuise en 2 obradoiros: uns coa excavación, cimentación con cal hidráulica, colocación de bloques de termoaxila e outros fixeron o corte de listóns de 3 lonxitudes distintas para a posterior montaxe de triángulos de 2 tipos diferentes. Neste enlace podedes ver o traballo desta semana que continuará para a próxima coa montaxe do domo.

 

Comenzamos a deseñar e construír os 2 tipos de triángulos

Club de Ciencia, CodEquipo

Hoxe o benxamín do CodEquipo, Xavi Polo Oliveira, tróuxonos un LEGO radiocontrolado que construiu imitando un escorpión. Non é materia estrita do CdC... pero inspirou moito ó seu equipo!

 

O CodEquipo xa está programando de cara á estación metereolóxica con Arduino

Boas!

O noso Codequipo está traballando nunha fase embrionaria de código para finalmente saber como montar unha estación meterolóxica con Arduino. Esa estación proverá dixitalmente datos de temperatura e humidade, datos que analizaremos a final de curso para comparar cos dunha vivenda construída por técnicas convencionais.

Polo de agora, co Arduino de horizonte, o Codequipo está fuchicando cos Mbot, coñecendo o funcionamento dos seus sensores e programándoos para que execute accións como reaccionar fronte a estímulos de luz ou son.

 

A muller na Ciencia

Na nosa intención de conmemorar a loita histórica por mellorar a vida da muller, o noso compañeiro Víctor Olmos impartiu dúas charlas que nos permitiron rencontrarnos con mulleres da ciencia non recoñecidas no seu momento histórico, simplemente por ser iso, MULLERES. Deixámosvos anexa a presentación que elaborou para o obradoiro.

Obras de remate da Casiña dos Maios

O Equipo Bioconstrutor estivo traballando con Guido ó longo dos meses de xaneiro e febreiro para rematar as obras da Casiña dos Maios: revestimento interior de paredes e instalación de zócalo, remate do teito, illamento da carpintería metálica...

Aquí tedes as fotos do proceso:

 

Remate A Casiña dos maios

Distribuir contido


by Dr. Radut