Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Memoria gráfica da biblioteca curso 2020/2021 | |
Last but not least |
No tempo no que o outono está a chegar, os nenos e nenas do cole achegámonos ao horto que coidamos ao longo do curso pasado no CIFP Portovello. Xa disfrutamos das nosas lettuce, carrots, onions and tomatoes no mes de xuño. (Das nosas andanzas xa tivestes información na web do centro o curso pasado). Pensamos que sería a nosa última colleita, pero ... SURPRISE, SURPRISE: Recollemos de novo tomatoes and cherries! E ben bos que están. Quen sabe se será esta a nosa derradeira e última colleita! |
Sing For The Climate together with DelfieArt |
|
Aloha Hawaii |
Se seguistes as nosas andanzas o curso pasado, as messages in the bottles que enviamos ao mundo chegaron moi lonxe. E como o sabemos? Porque recibimos resposta. Unha resposta que chegou desde MOLOKA, “The friendly island”. E ben lonxe que está, en HAWAII! Desde alí, NEHELE e KAILANI escribíronnos unhas mensaxes que nos encheron de ledicia. Tamén enviaron uns libros para coñecer mellor o arquipélago de HAWAII, e uns bonecos que practican o seu deporte favorito, SURF. Pois xa temos o noso proxecto en camiño. Non perdades a nosa estela no mar. |
Hora de ler: "Cocorico" |
Ao longo deste curso os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria imos traballar no Club de lectura e na Hora de ler cos nosos contos favoritos. O primeiro conto foi escollido por Marco: "Cocorico" de María Luisa Núñez. Cocorico é unha adaptación libre dunha historia tradicional birmana sobre a necesidade de escoitar bos consellos, o importante que é cumprir as promesas e o difícil que é aprender a compartir. Despois de moitas lecturas e de traballar os personaxes (como falan, como se moven...) fomos a realizar unha representación ás aulas de Educación Infantil. Foi unha experiencia estupenda, xa que tod@s quixeron participar e disfrutaron moito. Estamos desexando volver a repetir!! |
A pinga Sueiriña |
A nosa pinga pirata xa viaxa no seu barco cara a aqueles lugares nos que a falla de auga potable non deixa espazo para unha vida digna. Todos aqueles que quixeron, nenos e nenas, mestres e mestras, mestras en prácticas, auxiliar de conversa, coidadoras, conserxe, ..., todos nós demos forma ao libro “A PINGA SUEIRIÑA”, plasmando os nosos pensamentos e mellores desexos para acadar un mundo máis xusto e sostible. En galego, castelán, inglés e francés, A Pinga Sueriña transporta ese valioso tesouro que é a AUGA. O libro físico, elaborado por todos e todas nós, xa vai cara ao Comité UNICEF en Galicia. Este non é o fin do proxecto que iniciamos coa exposición “AGUA, CADA GOTA UN TESORO”, facilitada por UNICEF, e seguemos coa conmemoración do día internacional contra o cambio climático. É o rumbo que leva o noso barco pirata coa Pinga Sueiriña ao seu timón. QUE OS VENTOS NOS SEXAN PROPICIOS!
PREME PARA VER O LIBRO A TODA PÁXINA |
O Segredo dos Franciscanos |
O martes 8 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria acudiu ao Arquivo Provincial para realizar un obradoiro de escritura medieval. A saída do centro foi ás 9,25 horas e despois de camiñar 20 minutos chegamos ás portas do Arquivo histórico de San Francisco onde nos estaban agardando para a comenzar a realización de dous obradoiros: escritura medieval e visita ao Claustro de San Francisco. O obradoiro, consistiu en descubrir os diferentes materias que se utilizaban para a escritura, así, vimos os pergameos, papiros e papel e os útiles como as plumas, plumis,... Ao rematar, démonos conta da dificultade que tiñan os nosos antepasados á hora de escribir e o difícil que é non mancharse. O segundo dos obradoiros consistiu na visita ao Claustro de San Francisco e ao arquivo histórico onde nos ensinaron non so as marabillosas columnas senón a historia do Convento de San Francisco. Antes de rematar a visita estivemos vendo uns libros moi antigos. A visita foi impresionante... e a verdade... tal e como dicía Breogán... hoxe foi unha clase de historia ben distinta... A actividade rematou cun percorrido pola cidade de Ourense ata chegar ao colexio, visitando: Praza da Magdalena, Concello de Ourense, Oficina de Turismo, Parque de San Lázaro onde vimos por fóra onde trouxeron a igrexa de San Francisco e ás 13,45 chegamos ao colexio. |
Xoves de Comadres |
Tan só unha semana despois da celebración do Xoves de Compadres, as mulleres preparáronse para tomar o mando do entroido no CEIPP Manuel Sueiro, todo isto no medio dun gran ambiente festivo no que participou todo o alumnado e persoal do centro. A celebración serviunos como ensaio para a preparación do desfile que terá lugar o venres de Entroido polas rúas do centro de Ourense. |
Mulleres importantes nas nosas vidas |
Ao longo da semana do Día da Muller realizamos no cole diversas actividades educativas que buscaban pór de manifesto a loita das mulleres pola igualdade e o recoñecemento e exercicio efectivo dos seus dereitos na busca dunha igualdade real. O equipo de biblioteca realizou unha exposición de fondos que abordaban dalgún xeito esta temática. Asemade, organizouse a elaboración dun gran cartaz no que a comunidade educativa fixo unha homenaxe ás mulleres máis importantes na súa vida, aportando carteis cos seus nomes e imaxes desas mulleres. O resultado podédelo ver na galería de imaxes, na presentación de máis abaixo e na imaxe do cartaz. O alumnado, tamén reflexionou sobre as mulleres máis importantes da súa vida e a maioría coincidiu e que foi a na súa nai. As nenas e nenos de 2º de E.P, para facerlle un pequeno agasallo, fixeron un banderín debuxando o retrato delas e escribíndolle algo que lle saíra do corazón. Na hora de ler, escolleron o conto ¡Vivan as uñas de cores! Unha historia real que serviu de inspiración ás escritoras e unha bandeira literaria para falar de igualdade. |
A folla azul |
O alumnado de 6º curso de Ed. Primaria participou no Concurso de animación á lectura, actividade baseada na gamificación que nos axudou a comprobar os resultados finais de todo o traballado desde o club de lectura nos meses de decembro e xaneiro sobre o libro "A folla azul” de Andrea Maceiras. A súa lectura tiña como finalidade principal provocar no lector unha reflexión sobre o futuro da Amazonia, que no fondo sobre é o futuro de todas e todos, sen esquecer a relevancia do concepto da eco-diversidade que este ano estamos a traballar no PDI do noso centro. A folla azul conta a historia de Husu, unha nena pertencente a unha tribo amazónica non contactada e voluntariamente illada da sociedade. Un día, os membros da tribo vense afectados por unha estraña enfermidade que provén do mundo civilizado. Husu, a nena dos ollos de luz, sálvase grazas ás premonicións da súa avoa. Só ela pode conseguir a cura para a doenza dos seus irmáns e irmás que precisamente é a folla azul que dá título á historia. Deste modo, emprende un longo camiño cheo de aventuras no que toma conciencia do perigo que corre o seu fogar, a selva. Os lectores e lectoras demostraron o seu coñecemento das vivencias de Hasu, protagonista da historia, respostando directamente ás diferentes preguntas que os moderadores lles ían facendo ou acertando por rebote as que os seus compañeiros non eran quen de adiviñar. Varios grupos demostraron que prepararan moi ben a lectura do libro. Ao final resultou gañador o equipo que máis preguntas acertou: o equipo C Levaron como premio un exemplar do novo libro que traballaremos no Club de lectura, titulado: “Palabras de auga” de Marcos Calveiro. |
Semana da ciencia: Aula de apoio |
Ao longo da semana da ciencia na aula de apoio realizamos diversos experimentos: Con este sinxelo experimento conseguimos romper a tensión superficial. Que é a tensión superficial? É unha propiedade da auga que fai que as moléculas da superficie se xunten para formar unha "pel" que axuda a que determinados obxectos floten sobre ela. |
Pantasmas explosivas |
|
Pescudando sobre a reciclaxe |
Para realizar esta pescuda de información comezamos motivando ao alumnado coa lectura do lbro dos Bolechas: "Que se bota no contenedor amarelo". Para afondar na temática visionamos o vídeo relacionado realizado por SOGAMA que explica de forma animada como realizar unha correcta reciclaxe. O vídeo facilitouselle ao alumnado cun QR. Unha vez revisadas as formas de reciclar, formamos co alumnado da clase tres grupos, e a cada un repartiuselle un tipo de contenedor: verde, azul e amarelo. ...e aquí comezou o proxecto de investigación que desenvolveron na aula e nos ordenadores da nosa biblioteca. |
Produto final do proxecto |
Como produto final do proxecto desenvolvido polo alumnado de 3º de Ed. Primaria, e con toda a información recollida, elaboramos 3 lapbook, un para cada tipo de contenedor. Neles fomos explicando como empregar os diferentes tipos de contenedores e pór así en práctica os principios dos 3 erres. Cada equipo presentou ao resto da clase o seu traballo. O produto final foi exposto na clase e na biblioteca do centro para que poida ser revisado polos membros da nosa comunidade educativa. |
Obradoiro de reciclaxe na aula de natureza de Oira |
O 28 de abril de 2022 o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participou no obradoiro que leva por título “Reciclaxe” dentro das actividades realizadas para o PDI. Nel nos ensinaron a importancia do aforro e do consumo responsable. A actividade comenzou cunha pequena exposición na que nos ensinaron a importancia de reducir o consumo, reutilizar e recicla, así como dos diversos contedores nos que depositar o lixo e así poder reciclar (amarelo, verde claro, verde escuro ou marrón, azul, gris, punto SIGRE, de pilas, de luces fluorescentes, de roupa, de aceite e os puntos limpos da cidade de Ourense. Despois dun merecido descanso no que xogamos no parque que se atopa ao carón da Aula da Natureza (Oira) rematamos as actividades de reutilización de materiais convertendo unha oveira nunha tartaruga, un tapón nun tropo e pintando nu lateral da Aula da Natureza a letra “R” que significa: reutilizar, reciclar, reducir, rexeitar e recoller. O regreso ao colexio o fixemos camiñando pola beira do río Miño. Foi unha actividade moi interesante que durou tres horas. |
A primavera |
O dous de maio os pequenos e pequenas de 3, 4 e 5 anos aprendemos como nacen as flores na primavera... e que o sol, a auga e a terra son moi importantes para ter unha fonte chea de flores de cores. Fixemos dous experimentos, un para ver florecer margaridas con auga de cores, e outro coa nosa árbore do tempo, cada neno regou a súa flor e pouco a pouco abriuse a flor oculta. Aprendemos moito e divertímonos moito máis. |
Hora de ler de 1º de Ed. Primaria |
No curso escolar 2021/2022, a hora de ler realizouse de luns a venres de 12:00 a 12:20, ao mesmo tempo que os demais cursos do cole. Obxectivos
Actividades
Temporalización Na hora de ler, que se realizou todos os días utilizáronse os seguintes libros: 1º trimestre
Castelán
2º trimestre
Castelán
3º trimestre
Castelán
En primeiro de Ed. Primaria, durante todo o curso, fomos recopilando todos os contos que lemos na Hora de ler no caderno "Meu libro da hora de ler". Nel escribimos e debuxamos o que mais nos chamou a atención de cada conto. Ao final de curso, levarémolo para a nosa casa para ter un bo recordo de todo o que traballamos nesta actividade de fomento e animación da lectura. Como conclusión, a formación do hábito lector. así como da lectura comprensiva, exixe, un traballo progresivo e continuado como o que se levou a cabo este curso. Tamén destacar a importancia desta hora de ler como momento de lecer e de desfrute dos libros e actividades propostas. |
Alguén roubou o inverno |
O Clube de lectura de 5º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como cuarto libro “Alguén roubou o inverno” de Xosé Antonio Perozo, libro editado pola Deputación de Ourense para conmemorar a 8º semana escolar da árbore e da auga. O libro foi traballado na última semana do mes de marzo e nas dúas primeiras do mes de abril. Alguén roubou o inverno conta a historia da Ecopanda, un grupo formado por cinco adolescentes e un robot, que traballa pola conservación da natureza. A natureza está ameada por Míster Retope, quen representa o mal e o desprezo polo medio ambiente. A aventura comeza partindo dunha visita ao encoro de Alto Lindoso neste mesmo ano 2022, no momento en que as vilas ourensás asolagadas en Lobios emerxeron por mor da seca, para a continuación centrarse no suceso dunha corta clandestina de ameneiros que está sucedendo no Támega, entre Verín e Laza. Rematando coa importancia da influencia humana no cambio climático. Despois da lectura do libro o alumnado traballou a súa comprensión a través de diferentes preguntas:
As actividades realizadas durante a semana do 28 de marzo ao 8 de abril de 2022 concluíron coa realización dos debuxos sobre o conto. |
Emprego dos medios de transporte |
Durante o mes de xaneiro de 2022 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo da eficiencia enerxética centrándose na redución das emisións de dióxido de carbono para o cal se levaron a cabo diversas actuacións:
|
Xa non son malo |
Ao longo do 1º trimestre e parte do 2º trimestre, o alumnado de 4º de Educación Primaria traballou o libro Xa non son malo! de Paula Merlán e Blanca Millán publicado por Antela Editorial. Xa non son malo! é unha fermosa historia sobre a natureza, pois nela faise fincapé no desenvolvemento de actitudes de respecto ao medio ambiente ao tempo que se propoñen accións para o seu coidado. Así mesmo, póñense en valor as relacións dos membros dunha comunidade co seu entorno natural máis próximo. É tamén unha historia sobre a amizade, sobre as relacións que se establecen entre os membros que forman parte dun mesma comunidade e, neste contexto, subxace a idea das segundas oportunidades: a posibilidade de liberarse de etiquetas e de romper con estereotipos tradicionais como forma de eliminar prexuízos e roles asociados a elas. O libro conta a historia de dous compañeiros Lobo Feroz e Ourizo Rufo quenes comparten vivenda e traballan e realizan actividades a prol do coidado e da conservación do medio no que viven: as Fragas Floridas. Xuntos, axudan a evitar incendios, limpan os bosques, seleccionan e reciclan o lixo, consomen produtos da terra… Malia todo, Lobo Feroz non está moi ben visto: a fin de contas é un lobo e os lobos, por natureza, son malos. Mais iste non é o caso, Lobo non se comporta segundo os estereotipos que lle veñen asociados. De feito, ao longo de todo o texto, Lobo afánese por conseguir que Lobiña Sorriso -de quen está profundamente namorado- mude a opinión que ten del. Lobo, de cativo, foi trasno, incluso “malo”, pero agora xa non o é (de aí o título do libro). A súa teima é conseguir que Lobiña Sorriso vexa tamén que é bo. Despois de diferentes sucesos nos que Lobo Feroz axuda poñendo en risco a súa vida, Lobiña cambia de opinión e dase conta que as segundas oportunidades son necesarias. Actividade 1: Descubrimento O alumnado chega un día ao colexio e atópase enriba das mesas un paquete de papel de xornal: o libro. Ábreno e descubren a maqueta que hai no envoltorio. Despois, ben o libro. Esta actividade nos permite introducir o tema do coidado do medio ambiente, ao falaren, por exemplo sobre a embalaxe de agasallos, sobre a practicidade de usar o envoltorio (de cartón) para darle outro uso: unha maqueta. Esta actividade foi de expresión oral, fixemos unha chuvia de ideas sobre o que significa coidar o medio ambiente e sobre pequenas accións (como envolver un agasallo) que eles poden facer a diario. Actividade 2: Lectura Lectura individual silenciosa, lectura grupal en voz alta e lectura grupal dramatizada. Actividade 3: A creación de libros Intercambiamos información e coñecementos sobre a creación de libros: o traballo dos autores, dos editores, dos ilustradores… sempre partindo da información que atopamos no libro. Ademais, falamos sobre os tipos encuadernación, a maquetación, as edición, os rexistros, os datos que aparecen nos libros, o custo, a maquinaria, o tipo de papel… Actividade 4: Maqueta Montaron a maqueta da casiña que viña no envoltorio. Unha vez montada, cada un a decorou ao seu gusto. Actividade 5: Caderniño O conto vén cun marcapáxinas e cun caderniño de actividades que o alumnado foi realizando en diferentes momentos. Actividade 6: Versionando o conto Coincidindo co traballo de contidos da aula, o alumnado fixo a versión deste conto en poesía, creando, entre todos a versión en verso do conto. Actividade 7: Ilustración Realización de debuxos para ilustrar a versión en poesía do conto, que será entregada a final de curso para a biblioteca do centro. Actividade 8: Produto final Aos poucos, a rapazada foi elaborando debuxos e textos que tiveron como resultado final Xa non son malo! en poesía, libriño feito polo alumnado de 4º para agasallar á biblioteca do centro. |
Luume! |
Durante a metade 2º trimestre, o alumnado de 4º de Educación Primaria traballou o libro Luuume! escrito por Andrea Freire e ilustrado por Laura Miranda Moreno para Antela Editorial. Este álbum ilustrado narra a historia de Misto, achegándonos á súa personalidade. O pequeno Misto está sempre enfadado. Cando sente rabia e malia que o intenta, non consegue controlarse. De feito, cada vez que o embarga a ira, acéndese e prende a chispa. Tanto a súa familia (mamá Pinza e papá Tapón) como as súas amizades (Mestra Nobelo, Resorte, Botón e Parafuso) tentan axudalo, pero mentres Misto non sexa quen de xestionar a súa ira, non poderá autocontrolarse e gozar. Este magnífico álbum presenta – de forma moi atractiva- valores tan necesarios como o autocoñecemento e o autoconcepto, imprescindibles para conseguir a aceptación da propia personalidade e un autocontrol das emocións. Non estamos ante un “típico” libro de emocións, pois tanto historia, como a selección de personaxes (obxectos da vida cotiá), a tipografía e as ilustracións, axudan a achegarse de forma sinxela e motivadora a temas difíciles de explicar e de comprender. Actividade 1: Lectura Lectura individual en voz baixa, lectura grupal en voz alta e lectura grupal dramatizada. Actividade 2: Emocións e autoconcepto Análise do contido da historia para traballar diferentes emocións e ideas como o autoconcepto e mecanismos de autocontrol. Actividade 3: Análise das personaxes Análise das personaxes para chegar ao concepto de autoaceptación das características propias de cada un. Elaboraron un libriño coas personaxes do conto. Actividade 4: Contacontos e taller coa escritora do conto Como actividade final, o alumnado de 4º asistiu a unha sesión na que a escritora do libro veu facer unhacontada. Despois, fixeron un taller sobre “autocontrol” no que traballaron a respiración e o autocontrol e elaboraron á personaxe principal da obra, Misto, con materiais de aproveitamento. |
Exposición Letras Galegas | |
Vialín |
O 13 de maio, visitou o noso centro o obradoiro Vialín, autoescola para peques, foi unha divertida actividade sobre educación viaria da Concellería de Educación de Ourense, na que tivo o privilexio de participar o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria un ano. Neste obradoiro ensináronnos como cruzar os pasos de peóns, como comportarnos cando imos pola cidade, semáforos, sinais de tráfico...xogando a ser peóns, aprendemos a movernos pola cidade respectando os sinais e normas de tráfico. Pasámolo xenial!! |
Caza do tesouro no Día das Letras Galegas |
Na semana posterior ao Día das Letras Galegas realizamos no patio do cole unha Caza do tesouro organizada polo EDL e coordinada polas profes Marta e Mara, co fin de repasar os contidos traballados ao longo do mes de maio en relación a Florencio Delgado Gurriarán. Organizamos dous itinerarios, un destinada ao alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria e outra destinada ao resto dos cursos. En ámbalas dúas, empregáronse materiais elaborados polo seminario Galán e materiais propios do EDL do centro, para elaborar as diferentes pistas que ían orientando aos diferentes grupos ata chegar á recompensa final que consistía nunha letra maiúscula cun número. Unha vez finalizados os dous itinerarios, realizamos unha posta en común coas recompensas obtidas na caza do tesouro para formar unha frase coas letras obtidas na recompensa e ordenadas segundo o número que tiñan cada unha. O resultado da combinación de todas as recompensas foi o seguinte:
Caza do tesouro de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria Caza do tesouro de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria
|
Creamos co lixo |
O PDI deste curso nas áreas de Educación física e musical estivo centrado nunha das 4 R da reciclaxe, en concreto na de Reutilizar. Seguindo a línea do PDI do centro titulado "O Sueiriño a diversidade respeta. Traballemos xuntos a prol do planeta", quixemos ensinarlle o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria o sinxelo que é reutilizar material de refugallo para crear novas cousas. Neste caso creamos os nosos propios instrumentos musicais e os nosos xoguetes. Con esta unidade didáctica non solo aprenderon a importancia das 4 R, senón que utilizaron a súa imaxinación e a súa faceta máis creativa para facer dun anaco de lixo todo un pasatempo artístisco ou deportivo. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- seguinte ›
- última »