Contido popular
Título | Resumo | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Equipos de meteoroloxía do curso 2022/2023 | |||||||||||||
Primeiro premio nacional do Exército de Terra 2023 |
O traballo realizado polo alumnado de cuarto de educación primaria do noso cole, para participar no concurso escolar do Exército de Terra de 2023, baixo o título: "Mirando sin ver", foi galardonado co primeiro premio a nivel nacional despois de resultar, tamén, gañador da fase rexional. O premio consiste en 4500 euros, unha placa e un diploma, que deberá recoller unha representación do centro o próximo día 29 de xuño en Madrid. Moitos parabéns para todas as persoas participantes no proxecto. Ligazón á nova na web do Exército de Terra
|
||||||||||||
Ti si que es un bo peixe |
O 11 de maio, o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, participou na actividade “Ti si que es un bo peixe” na que realizamos a visita a Vigo. As actividades de hoxe realizáronse no porto de Vigo e puidemos ver os halcóns que usa o porto de Vigo para controlar a poboación de gaivotas, visitar á cetárea López Nóvoa na que nos ensinaron diferentes tipos de marisco como lumbrigantes, centolas, lagostas,... e a Frigoríficos de Vigo onde vimos como se corta o peixe e as cámaras para a súa conservación. Despois dun pequeno descanso fixeron dúas visitas moi interesantes a visita ao Observatorio Submarino Nautilus na que puidemos observar como se investiga sobre a poboación mariña e a visita ao Buque Hidra II, barco e vapor que se atopa atracado no porto de Vigo. Unha vez rematadas ás visitas tocou o xantar desprazándonos ao mercado do Berbés na que nos deron unha merenda mariñeira composta por: pescada rebozada, ensalada de pasta con mexillóns e iogur. Antes de regresar á derradeira visita tocou descansar e xogar un pouco no parque de xogos do Bebés. A última visita foi á poxa de marisco. Despois dun día tan longo e de ver unha gran cantidade de empresas relacionados co mar, toca a hora de regresar ao colexio... Estamos desexando volver a vervos e repetir o obradoiro... moitas grazas polo día de hoxe. |
||||||||||||
"Mirando sin ver" |
Os/as nenos/as de 4º E.P. non atopaban resposta a por que ás veces miramos e non vemos e oímos sen escoitar. E nesas andabamos cando, como nos últimos tres cursos, unha das Bases do Ejército de Tierra, a Base Oroel San Bernardo, deunos a resposta. Saímos do cole rumbo a Antártida, compartindo espazo e tempo coas mulleres e homes da Base Gabriel de Castilla, nun chimpo chegamos a Castrillo del Val en Burgos para saudar ao persoal da Base Cid Campeador e como non estabamos lonxe, achegámonos a Jaca en Huesca, para coñecer ao GMAM e o seu traballo a prol das persoas con discapacidade visual. O ano 2022 estaba no seu trimestre final e soubemos que a ONU proclamou o ano 2022 como Ano Internacional do Desenvolvemento Sostible das Montañas. Cos recursos facilitados pola FAO deu comezo este proxecto. A Biblioteca Escolar do centro facilitounos títulos para facer das montañas o eixe das nosas lecturas. Estes foron algúns:
Destacamos o libro remitido desde a EMMOE do GMAM, con información valiosa e Aprendemos xentilicios, JAQUÉS, JACETANO, OSCENSE, ..., ; situamos países, cordilleras, continentes, coñecemos nomes de picos montañosos, volcáns, desertos, ... Para achegarnos á discapacidade visual traballamos co organismo internacional IAPB que nos facilitou recursos para o proxecto; coñecemos o sistema Braille e escribimos o título do noso proxecto nese sistema de escritura. E como o noso proxecto vai de escalada e ollos, eliximos unha das cumes nas que o GMAM fixo cima xunto a discapacitados visuais chamado "OJOS DEL SALADO". Elaboramos un xogo de preguntas e respostas para a “montaña” que creamos con material de refugallo e que leva por nome “De la Base a la cima”. No día da poesía, e xa que falamos de ollos, recitamos un poema visual, un caligrama, co propósito de formar unha unidade coa montaña, a capacidade visual e o traballo de mulleres e homes do Ejército de Tierra na Base Oroel San Bernardo, facendo unha chiscadela ao nome do noso cole. |
||||||||||||
Froita fresca nos recreos | |||||||||||||
Game over |
O libro Game Over, é unha obra teatral, escrita por Carlos Losada e editado pola Biblioteca Dramática Galega. O libro traballouse durante o mes de abril. Game Over conta a historia de Roi e como dende que acende a videoconsola para botar outra partida co seu xogo favorito dende hai unhas semanas, a última versión dos súper loitadores Mortal Combat versión 3.0. Pendente de chegar á gran final do xogo, nin atende a chamada do seu amigo Sebas, nin a do seu pai e ten unha boa liorta coa súa nai. Roi, a pesar de todo, xoga coa consola ata quedar durmido deixando a Ken, o personaxe do seu vídeoxogo favorito, perdido baixo as letras vermellas de "Game over". Roi emprende así a viaxe ao seu país das marabillas e dos seus medos. Actividade 1: Lectura
Actividade 2: Análise das personaxes
Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua
Actividade 4: Ilustración
Actividade 5: Conclusión/valores
Reunión do club de lectura na biblioteca Unha vez rematado de traballar co libro, voltamos a realizar unha xuntanza na biblioteca, no tempo destinado a actividades extraescolares, na que intercambiamos as nosas impresións e sensacións sobre o libro do Game over e o traballo desenvolvido sobre o mesmo.
|
||||||||||||
Clubs de lectura do curso 2022/2023 |
O funcionamento do club de lectura no centro, no curso 2022/2023, funcionou como paraugas de varios clubs que xa viñan funcionando de anos anteriores en distintos cursos, e tivo como finalidade espertar e realzar o gusto e o pracer por ler en tempos de lecer. Nas seguintes ligazóns reflectiremos o traballo desenvolvido nos clubs de lectura do noso centro:
|
||||||||||||
Mochila viaxeira de 4º de EP |
O curso escolar 2022/2023 o alumnado de 4º curso utilizaron 4 mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo de alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo. As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido polo titor de 4º curso, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir. Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila. O material que acompaña a mochila do alumando de 4º curso de Educación Primaria foi o seguinte. 1º mochila:
Cando a terra esqueceu xirar. Fina Casalderrey. Ed.SM.
Lechuza detective 3. El inquietante caso del huevo roto. Álvaro Núñez, Alberto Díaz, Miguel Can. Ed. Anaya. 2º mochila:
Escarlatina, a cociñeira defunta. Ledicia Costa. Ed. Xerais
Días de clase. Daniel Nesquens. Ed. Anaya. 3º mochila:
Choven palabras no futuro. Xunta de Galicia. Gálix
Diario de Greg 16. El número 1. Jeff Kinney. Ed. Molino. 4º mochila:
Os Megatoxos e o Reto de Internet. Anxo Fariña. Ed. Xerais
Diario de Nikki. Una famosa con poco estilo. Rachel Renée Russell. Ed. RBA Molino Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre os pais e nais e os seus fillos e fillas enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos e nenas, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios. |
||||||||||||
ODS nº 10. Reducción das desigualdades |
Neste curso, o P.D.I. do centro englóbase dentro do lema "No Sueiro o planeta ten mellor pinta porque traballamos en conxunto a axenda 2030", centrándonos nos ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible) para conseguir un mundo mellor. Dende a materia de Educación física traballamos, en concreto, o ODS número 10: Redución das desigualdades. O ODS 10 promove a redución da desigualdade causada por razóns como o sexo, a idade, a discapacidade, a raza, a etnia ou a relixión dentro de España e a contribución de España á redución da desigualdade entre países, para o que promove a adopción de políticas e a lexislación pertinente. Por todo isto, dende este centro, intentamos diminuír todas estas desigualdades, mediante diferentes actividades e propostas.
|
||||||||||||
Entrega do 1º premio do concurso do Exército de Terra |
Hoxe, 16 de maio de 2023, acudiu ao noso centro o Excmo. General de Brigada Sr. D. Alfonso Pardo de Santayana Galbis para realizar a entrega do 1º premio autonómico do concurso “Premios do Exército de Terra” ao alumnado de 4º curso de Educación Primaria co traballo Mirando sen ver centrado no traballo que realiza el Grupo Militar de Alta Montaña (Base Oroel San Bernardo) a prol das persoas con discapacidade visual. Recordar que dito traballo acaba de recibir, tamén, o 1º Premio Nacional e que leva asociada unha contía de 4500 euros. Na entrega do premio regional acudiron autoridades militares desprazadas dende a “Base General de Morillo” en Pontevedra o Excmo. General de Brigada Sr. D. Alfonso Pardo de Santayana Galbis e comandante D. Pablo Ponce de León Rodríguez e o Suboficial Mayor D. Manuel Fariña Martínez. Da Subdelegación de Defensa de Ourense o comandante D. José Manuel Zapata Paz e o subteniente D. José Manuel Duque e representando a Xunta de Galicia D. Manuel Pardo Cid xefe territorial da Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza e Dna. María del Pilar Barandela Sandianes inspectora da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Na entrega do recoñecemento do 1º premio entregouse ao centro un diploma, unha bandeira de percha así como dous libros relacionados coa Campaña Antártica e o traballo da Base Gabriel de Castilla. Que gran día... e que orgullosos estamos do noso alumnado. PARABÉNS AOS NOSOS/AS PEQUE-ESCALADORES!
|
||||||||||||
Hora de ler en 5º de Ed. Primaria |
A hora de ler realízouse todos os días, de 12:00 a 12:20 horas e a súa configuración estivo deseñada pola titora Eva Vidal Ferro. Neste ano académico intentáronse acadar: OBXECTIVOS:
Así, procurouse que as lecturas fosen variadas en contidos, xénero, tipoloxía e complexidade. Tamén utilizamos diferentes soportes: impresos e electrónicos (libros de lectura propiamente ditos, prensa, libros de consulta, banda deseñada, folletos, Internet… tanto en galego como en castelán. As lecturas realizaronse de forma silenciosa ou en voz alta co fin de mellorar pronunciación, ritmo, entonación… e de aprender uns de outros. Noutros momentos foi a titora quen fixo a lectura en voz alta de libros, textos… en calquer soporte, co fin de que aqueles alumnos que presentaban máis dificultades lectoras obtivesen un exemplo de cómo realizar unha lectura coa entonación e o ritmo axeitados. Para acadar estes obxectivos realizáronse: ACTIVIDADES
TEMPORIZACIÓN: No curso escolar 2022/2023 os libros seleccionados foron os seguintes: 1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
O libro foi traballado no curso 2022-2023 durante os meses de setembro e outubro.
O libro traballouse principalmente durante os meses de novembro e decembro, cando se leu e se resumiu para convertelo en banda deseñada... un proceso que se alongaría ao longo do curso nalgunhas clases de educación plástica. Contacontos na aula. No mes de decembro e principios de xaneiro cada alumno contoulle aos seus compañeiros o conto que elixiu da biblioteca do centro. 2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
O libro traballouse no mes de xaneiro e parte de febreiro.
Na segunda metade do trimestre e para coñecer mellor os gustos de cada alumno/a permíteselles ler durante unhas semanas diferentes libros propios, da biblioteca da aula e da biblioteca do colexio... descubrimos que, a parte dos gustos propios da súa idade, son uns amantes da xeografía. 3º trimestre: leuse poesía e teatro nos dous idiomas adaptados aos gustos e niveis lectores que presenta o alumnado.
|
||||||||||||
Estrela... fugaz? | |||||||||||||
ODS 15: Conservación de ecosistemas |
ODS 15 : CONSERVACIÓN DE ECOSISTEMAS Os alumnos de 5º de E. Primaria fixeron unha aproximación ao que era a axenda 20-30 a través da visualización do vídeo: “A AXENDA 20-30 e os obxectivos de desenvolvemento sostible” MELLORANDO O NOSO “ECOSISTEMA” ESCOLAR Comezaron a preguntarse polo seu entorno e decidiron que había determinados aspectos do seu centro que podían mellorar. Para iso fixeron carteis que animaban a toda a comunidade educativa a reciclar, manter limpo o patio, respectar as especies vexetais... INVESTIGANDO OS PROBLEMAS PROPIOS DOS ECOSISTEMAS Os incendios, o envellecemento da poboación, o abandono rural, a crecente poboación de xabaríns... foron algúns dos problemas que atoparon os alumnos de 5º de primaria ao analizar o entorno das súas casas e aldeas. A partires dunha nova sobre os paseos nocturnos dos xabaríns por Ourense fíxose unha chuvia de ideas sobre as posibles causas deste feito tan sorprendente como frecuente. O alumnado encontrou rapidamente a relación entre a despoboación e o desequilibrio nos ecosistemas do ámbito rural e interurbano. Tamén se aproveitou a nosa participación no plan proxecta “Aliméntate ben”: “Ti sí que es un bo peixe!” para investigar sobre os problemas aos que se enfrontan os ecosistemas mariños: sobrepesca, contaminación, cambio climático... Cada alumno investigou un aspecto concreto e buscou novas en diferentes medios sobre este tema, escribiron as súas conclusións que formarán parte do noso mural en proceso de creación. UNHA POSIBLE SOLUCIÓN: A AGRICULTURA SOSTIBLE! Unha forma de manter o equilibrio nos ecosistemas é apostar pola agricultura sostible e a produción propia de alimentos, reducindo así o consumo e o transporte coa implicación que significa en canto a redución de emisións de CO2. Para iso puxemos en marcha a nosa horta escolar: preparamos a terra, conseguimos diferentes hortalizas, plantamos, regamos, quitamos herbas, colocamos carteis co nomes dos noso cultivos... e agora toca esperar a probar os alimentos. Para o vindeiro curso procuraremos facer compost cos restos orgánicos das nosas merendas e así devolverlle a terra parte do que ela nos dá. MURAL DE CONCIENCIACIÓN |
||||||||||||
Degustación de produtos da nosa horta escolar |
O 23 de maio realizamos unha merenda saudable a base de produtos recollidos na nosa horta escolar, e na que participou todo o alumnado e profesorado do centro. Como a colleita está sendo moi boa, debido aos coidados cos que mantemos a nosa horta, en breves, seguro que realizamos outra merenda con máis variedade de produtos. Estaba todo boísimo!! |
||||||||||||
Kamishbai sobre Rosalía de Castro |
Todo o alumnado do centro participou na realización das láminas dun kamishibai sobre a vida e obra de Rosalía de Castro que representou o alumnado de 6º de Ed. Priamria na sala de usos múltiples para todo o centro. Previamente á representación, o alumnado de 6º de Ed. Primaria diseñou e montou o propio tetrillo para representar os kamishibais. |
||||||||||||
A nosa lingua, a nosa fala | |||||||||||||
Hora de ler en 2º de Ed. Primaria |
O curso escolar 2022/2023, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:30 horas, tendo como obxectivo prioritario contribuír ao fomento do gusto pola lectura. A configuración da hora de ler estivo deseñada pola titora Dna. Marta Hernán López centrándose nos seguintes obxectivos: Obxectivos:
Temporalización. Na hora de ler, que se realizou todos os días utilizáronse libros da biblioteca de centro e outros que aportaron os alumnos , (o libro preferido), e a titora para traballar algúns temas que se estaban a traballar noutras materias. Programáronse lecturas guidas na aula e desenvolvéronse actividades de comprensión lectora, pero as máis motivadoras para os alumnos foron as obras dramátizadas coas que traballamos a entonación e o ritmo. No último trimestre mercouse un libro: “El pequeño principito”, e os nenos e nenas foron iniciados no clube de lectura. |
||||||||||||
Mochila viaxeira en 2º de Ed. Primaria |
O curso escolar 2022/2023 o alumnado de 2º curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada venres durante todo o curso. O traballo de alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo. As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido polo titora de 2ºcurso, supervisado pola biblioteca e sendo as veces os nenos os que escollían os libros , pero semre procurando que teña un libro en galego, un libro en castel. Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila. Algún exemplo do material que acompaña a mochila do alumando de 2º curso de Educación Primaria foi o seguinte. 1º MOCHILA Lingua Galega.
Lingua castelá.
2ª MOCHILA Lingua Galega.
Lingua castelá.
O principal problema co que nos atopamos é a falta de estímulos positivos que reforcen o gusto pola lectura como acto lúdico, divertido e enriquecedor. Temos que ensinar ao alumno a entender que nela podemos atopar catro funcións:
Como conclusión debemos seguir fomentado o gusto pola lectura do noso alumnado. |
||||||||||||
A vida dos ecosistemas terrestres |
Neste curso 2022/2023, o P.D.I. continuámolo co coidado do medio ambiente e , polo tanto, traballamos diversas áreas para favorecer un mellor estado do noso planeta. A temática neste curso para os alumnos de 4º curso centrouse no ODS 15: VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES. Unha tarea amplia e imprescindible para o equilibrio do planeta. Algúns dos retos que nos marca este obxectivo son a xestión sostible dos bosques, a loita contra a desertificación, invertir a degradación das terras e deter a pérdida de biodiversidade. Só a protección á natureza pode garantir a protección da humanidade. Debemos contribuir a ter un planeta máis san e máis verde. O grupo de 4º de Educación Primaria centrouse polo tanto en coñecer diferentes accións que nos permitan mellorar o noso medio ambiente e realizamos varias actividades entre as que se encontran: Continuamos co proxecto das 3 RRR, pero este ano engadimos minimizar o uso do papel nas nosas vidas. Reutilizamos todo o papel que podemos dentro da aula e estudiamos e buscamos todas as siglas de recursos sostibles (FSC, PET,HDPE, anillo de Möbius...) Temas traballados na asignatura de CCSS:
Temas traballados na asignatura de CCNN:
Libro da hora de ler durante o curso escolar 2022/2023:
Vídeos didácticos:
Visitas didácticas:
Obradoiros e experimentos na clase. Metodoloxía: Traballamos a través dunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, para que o alumno sexa capaz de construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Apoiámonos na maioría das actividades de soporte escrito, priorizando en todo momento o traballo a través da comunicación oral e axustándonos ás características do alumnado. Contribución ás competencias básicas e transversais e competencias claves da unión europea: O desenvolvemento desta unidade contribuiu ao desenvolvemento do conxunto das competencias básicas e competencias claves definidas no marco normativo, en especial á Competencias sociais e cívicas, xa que os diferentes coñecementos que desenvolveremos e a aplicación dos mesmos por parte dos alumnos na súa vida diaria, dótaos das estratexias necesarias para unha mellora da convivencia cos demais e con iso un mellor desenvolvemento social e persoal nos diferentes aspectos da súa vida. Obxectivos xerais:
Contidos:
|
||||||||||||
Paea pola túa cidade |
O 1 de xuño o alumnado de Ed. Infantil particiou na actividade Pasea pola túa cidade que organizou a Concellería de educación de Ourense. Durante o paseo que durou sobre unha hora e media, viisitamos da man dos nosos guías varias zonas de interese de Ourense: as Burgas, á Praza Maior e o exterior da Catedral , introducindo aos nenos e nenas na historia da cidade a través de contos e como novidade este curso explicáronlles aos cativos a importancia do coidado do mobiliario urbán. Os principais obxectivos que se perseguen con este actividade son os seguintes:
Na galería de imaxes podedes ver o ben que o pasamos!! |
||||||||||||
A illa do Tesouro |
O alumnado de apoio de 5º de EP. estivo traballando a novela "La isla del Tesoro" Un clásico de R.L. Stevenson pero cunha versión de David Fernández e adaptación en lectura fácil que disfrutaron un montón. Un grupo de aventureiros van na búsqueda dun tesouro enterrado nunha illa por un vello pirata. A novela, narrada en primeira persoa por o xove mariñeiro Jim Hawkins, contén todos os ingredentes dun libro de aventuras: unha expedición a terras de lonxe e descoñecidas, perigos, piratas e un tesouro escondido. Unha vez rematada a lectura da novela, rematamos coa realización dun xogo de busca do tesouro e co tesouro nas súas mans. O curso que ven máis !!!!! |
||||||||||||
O meu primeiro principiño |
No último trimestre de curso acercamos ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria ao que significa pertencer a un club de lectura. Para elo, escollemos unha versión do Principiño adaptada para primeiros lectores. O libro titúlase “La historia del Principito” e está publicado pola editorial SM e nel aparecen ilustracións do libro orixinal. Para acercar aos membros do club ao principiño, primeiro fixemos unha ambientación da obra e posteriormente explicamos a vida e obra do seu autor a través da seguinte presentación. Durante os meses de abril e maio fomos realizando a lectura colectiva dos diferentes capítulos. Ao rematar cada capítulo recapitulabamos sobre o lido e iamos cubrindo a guía de lectura que elaboramos desde o equipo de biblioteca para facilitar a súa comprensión. Unha vez rematada a lectura colectiva levaron o libro para as súas casas e compartir así a lectura final coas súas familias. No mes de xuño realizamos un concurso de animación á lectura no que participou todo o alumnado de 1ºe 2º de educación primaria. Na galería de imaxes podedes observar o seu desenvolvemento. Fixemos 4 equipos de 5 compoñentes e o resultado final foi moi igualado xa que o coñecemento da trama do libro era moi completa. Todas as personas participantes no club de lectura recibiron un pequeno agasallo cmo recoñecemento ao traballo realizado ao longo de todo o trimestre. Os equipos gañadores recibiron, a maiores, un diploma que pon e valor o seu coñecemento sobre o Principiño. Por último, para rematar as sesións de lectura deste curso realizamos un kahoot! con preguntas sobre este libro onde a maioría do alumnado participou de forma individual. Na última semana de curso realizamos un obradoiro STEM onde o alumnado se aproximou a creación de circuítos simples de electricidade. Algúns dos participantes optaron por realizar un circuíto de electricidade a partir dunha escena do libro. RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLAR O LIBRO
|
||||||||||||
Exposición do Samaín 2023 | |||||||||||||
Día mundial sen tabaco |
O 31 de outubro o alumando de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou o obradoiro “Día galego sen tabaco”. O obradoiro estivo dirixido por María Eva Padrón Lloves, enfermeira do Centro de Saúde de Valle Inclán en Ourense. Neste obradoiro explicáronlle que O Día Mundial Sen Tabaco celébrase en todo o mundo o 31 de maio de cada ano. Esta celebración anual informa o público acerca dos perigos que supón o consumo de tabaco, as prácticas comerciais das empresas tabacaleras, as actividades da OMS para loitar contra a epidemia de tabaquismo, e o que as persoas de todo o mundo poden facer para reivindicar o seu dereito á saúde e a unha vida sa, e protexer ás futuras xeracións. A Asemblea Mundial da Saúde instituíu o Día Mundial sen Tabaco en 1987 para chamar a atención mundial cara á epidemia de tabaquismo e os seus efectos letais. A celebración deste día é unha oportunidade para destacar mensaxes concretas relacionadas co control do tabaco e fomentar a observancia do Convenio Marco da OMS para o Control do Tabaco. O obradoiro contou con dinámicas de grupo no que obxectivo e concienciar ao alumnado do pernicioso que é o consumo de tabaco así como mellorar o autoconcepto e a autoestima do alumnado para saber dicir que non. |
||||||||||||
Campaña de recollida de xoguetes |
O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro colabora con Protección Civil de Ourense na Campaña de Nadal 2023 na que poderedes doar xoguetes ou alimentos na caixa que se atopa na entrada do colexio, entregando os alimentos recollidos no Banco de Alimentos e os xoguetes recollidos doaranse aquelas asociacións que os requiran a Protección Civil. A campaña de recollida de xoguetes e alimentos do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro iníciase o luns 27 de novembro e remata o xoves 21 de decembro de 2023. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- seguinte ›
- última »