Contido popular
Título | Resumo | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
A Guarda |
Presentación sobre os lugares que visitaremos na saída do mércores 12 de xuño:
|
||||||||||||
Semana polo clima |
HOW DARE YOU? Hoxe, todos os nenos e nenas do noso cole, unímonos a Greta Thunberg facendo a mesma pregunta a todos e todas os que nos queiran escoitar. Como se atreven a contaminar o noso fermoso planeta? Como se atreven a non coidar os nosos mares, o aire que respiramos, os bosques cada vez con menos árbores? Pois nós si que nos atrevemos a poñer o noso gran de area para darle a volta a todo, porque: “Queremos a nosa Terra Coas nosas mellores ferramentas, os green crayons, e a nosa voz, berramos ben forte: GO GREEN GO! Unímonos así ás accións promovidas pola organización Teachers for future, que ten como único obxectivo mellorar a saúde do noso planeta e de todos os seus habitantes. WE LOVE THE EARTH Na seguinte galería de imaxes podedes observar a nosa peculiar mobilización... |
||||||||||||
Tom Sawyer |
O 4 de outubro o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria asistiu á proxección da nova versión, da clásica novela de aventuras do escritor estadounidense Mark Twain, "As aventuras de Tom Sawyer", que tivo lugar no auditorio de Ourense, dentro das actividades programadas no Festival de cine Ouff Ourense. Tom Sawyer é un rapaz traveso de Mississippi ao que lle gustan moito as aventuras, aínda que sempre ten problemas. Trae media tola a súa tía Polly co seu comportamento indisciplinado e as constantes loitas co seu medio irmán Sid.Despois dunha noite xunto ao seu amigo, Huckleberry Finn, foi testemuña da morte dun borracho da man do indio Joe. Contando a verdade sobre o sucedido ante o xuíz, Tom convértese no branco do asasino, que xura vinganza. Ao alumnado gustoulle moito esta actividade. Xa están preguntando.... cando será a próxima?? |
||||||||||||
Día da biblioteca 2019 |
O 24 de outubro celebramos no noso cole o Día das bibliotecas escolares. Como en anos anteriores, aproveitamos esta data para presentar o PDI deste curso á comunidade educativa. Este curso académico o título escollido é "Incrible? Non!... está nas túas mans" co que pretendemos fomentar e favorecer a igualdade e a diversidade desde todo o traballo realizado desde a Biblioteca. Cada grupo encargouse de presentar o que van a traballar nas súas aulas ao longo deste ano en relación á temática proposta.
O alumnado de 4º de Ed. Primaria, tamén representou un teatriño de monicreques titulado " A cachiporra máxica" para recordarnos que a celebración do Samaín xa está "aí". Para rematar, o alumnado de 5º de Ed. Primaria representou unha obra de teatro que eles mesmos elaboraron e titulada "A nosa biblioteca", co fin de iniciar a formación de usuarios do novo alumnado do noso centro aos que lles foi entregado o seu carné de biblioteca.
|
||||||||||||
Exposición de cabazas 2019 |
Coma xa ben sendo tradición, nos últimos cursos, volvemos a realizar unha exposición de calacús para celebrar a Festa do Samaín. A maioría do alumnado trouxo os traballos que realizaron na súa casa coa axuda da súa familia para expolo nos corredores da entrada do colexio. Parabéns para todos e todas as participantes pola calidade dos seus traballos.
|
||||||||||||
Celebración do Samaín 2019 |
O 30 de outubro celebramos a Festa do Samaín no noso colexio. A maioría do alumnado e profesorado acudiu disfrazado ao centro. O equipo de biblioteca decorou a biblioteca para que esta puxese en contacto o mundo dos vivos e dos mortos tal como nos di a lenda do Samaín. Por ela desfilaron todas aquelas persoas que o desexaron, algunhas pasárono tan ben que se animaron a repetir esta experiencia. O alumnado de sexto de Ed. Primaria foi o encargado de darlle ambiente a este espazo de de conexión co máis alá que ten lugar na noite de Samaín. Previamente, toda a comunidade educativa participou nun flash movie, coa interpretación da canción Monster Mash, para unir as festas do Samaín e do Halloween.
|
||||||||||||
Stacks of Joy for Halloween |
Este curso, o noso traballo nas seccións bilingües xira arredor da obra da artista británica contemporánea ANNIE MORRIS. Da súa serie STACKS OF JOY reproducimos dúas scupltures, ao noso xeito, adaptando as mesmas á celebración de Halloween. Os materiais empregados para facer as spheres coas que crear as scupltures foron balloons, paper, glue and paint. Step by step elevamos as nosas creacións, que tendo en conta a época do ano, non poderían ser máis que pumpkins, ghosts and black cats. Os/as compañeiros/as de 4º EP, traballaron man a man connosco, axudándonos a pintar as spheres. Mantelas en pé tivo a súa dificultade, pero para eso somos uns/unas artistas. HAPPY HALLOWEEN ANNIE MORRIS!
|
||||||||||||
Clubs das letras |
O proxecto co que o noso centro foi admitido no programa de innovación educativa “Club de Letras” leva por título: “STACKS OF JOY AT MANUEL SUEIRO”. Desenvolvemos este proxecto na área de plástica nos cursos de 1º e 2º EP dentro do plan de sección bilingües. O alumnado de 4º E.P. botaranos unha man nesta tarefa. No proxecto do curso pasado 2018-2019 adicámonos a coñecer a obra artística de Yayoi Kusama e o seu país, Xapón.
Visibilizaremos o traballo da artista, muller, nova, multidisciplinar, da súa vida na cidade de Londres, onde naceu e traballa. Sairemos do ámbito puramente artístico para coñecer a cidade de Londres: Leremos, escribiremos e opinaremos sobre a artista, a súa obra e a cidade británica, interrelacionando os aspectos literarios e artísticos, valorando o seu traballo como ilustradora. Partindo do título dunha das series da artista, “Stack”, compoñemos o nome do proxecto no que o nome do centro, o traballo da artista e o aspecto lúdico quedan de manifesto: “STACKS OF JOY AT MANUEL SUEIRO”. |
||||||||||||
No corazón do bosque |
O 14 de novembro realizamos o primeiro concurso de animación á lectura deste curso. Nesta ocasión o libro escolleido foi No corazón do bosque de Agustín Fernández Paz. Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai coa súa clase de excursión ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na casa, descobre abraiada que se lle coou na mochila un ser vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba na fraga e non quería pasar o inverno só. Dille á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se converta no seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das barbies. A novela é a crónica dos meses que pasan xuntos, durante os cales Derdrín exercerá unha influencia moi grande na vida da nena, tanto no ámbito familiar como na escola. Unha historia tenra e cargada de humor, que reivindica a necesidade da fantasía e, tamén, a importante función que cumpren os antigos mitos en calquera sociedade. O equipo gañador levou como premio o libro que traballaremos ao longo do próximo mes: A balada dos unicornios de Ledicia Costas. |
||||||||||||
Festival de Nadal |
O 19 de decembro realizamos o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas grazas á colaboración desinteresada do seu Equipo directivo e do persoal de non docente, o cal é de agradecer, unha vez máis. Damos as grazas, tamén, a todas as persoas asistentes, ás diferentes actuacións, polo seu apoio incondicional e a súa paciencia durante o tempo que durou o festival. O programa foi o seguinte: (En breves publicaremos os vídeos nesta entrada)
|
||||||||||||
Premio Nóbel da Paz 2019 Abiy Ahmed | |||||||||||||
Teatriño de monicreques: "Safari" |
O 4 de febreiro presenciamos mo auditorio municipal o espectáculo de monicreques de tamaño medio titulado "Safari" e que en forma de fábula nos falou dun tema nada fantasioso, o acoso escolar e que foi posto en escena pola compañía Baldufa. Os dous protagonistas, Piñote e Calabacín, investigadores profesionais entran na sabana para resolver a misteriosa desaparición do león. No seu traballo de investigación cuestionan a xirafa, o mono, o elefante e o cocodrilo e atopan o león triste e asustado. Os investigadores tratan de descubrir as razóns deste pesar e desta fuga e teñen a firme vontade de resolver o caso. Con esta posta en escena, Baldufa, convídanos a reflexionar sobre o acoso escolar.
A través da educación e do traballo, pódense potenciar actitudes e comportamentos positivos que permitan unha convivencia doce e tranquila. |
||||||||||||
Sphere by sphere |
SPHERE BY SPHERE … Así foi como medraron as nosas obras de arte, esfera a esfera, disco a disco, cinta a cinta, … Fixemos reproduccións dalgunha das sculptures da artista Annie Morris, á que adicamos o noso proxecto este curso. Usamos papeis de refugallo, recycling que diríamos na nosa clase, balloons, glue, cos que elaboramos as spheres. E sphere a sphere medrou a nosa big sculpture. Tamén fixemos dúas máis con discos e cintas de papel. Buscamos novas sobre a artista e a súa serie de esculturas “Stacks of joy”, plasmamos esa información nas fichas de información e comezou o traballo artístico. Foi un traballo individual, en parella, pequeno grupo, gran grupo, un traballo persoal, libre, como todos os traballos artísticos pero no que a axuda e cooperación dos demais compañeiros/as foi fundamental. Os compañeiros/as de 4º E.P. viñeron a observar con curiosidade o noso bo facer artístico. Froito desa observación naceu a cooperación entre cursos para complementar a nosa exposición de obras artísticas. Tamén observou o noso traballo a mestra deses nenos/as. E os de 1º e 2º E.P. artífices do proxecto de arte, tamén os visitamos na súa aula e observamos o desenvolvemento das súas obras. E para que todos/as na escola poidesen observar e compartir sensacións, ocupamos coas nosas obras de arte os corredores da escola. STACKS OF JOY AT MANUEL SUEIRO! |
||||||||||||
Semana do amor e amizade |
Celebramos a semana da AMIZADE. A amizade é un sentimento desinteresado que une a persoas moi diferentes, rompe fronteiras, tende lazos de solidariedade. É tan poderoso pola súa natureza mesma de bondade. Os amigos son as persoas que cada un eliximos para pasar tempo de lecer. Eles escóitannos, escoitámoslles, rimos e compartimos actividades que nos gustan. Confiamos neles para contar as nosas alegrías e as nosas penas. E sempre están aí cando lles necesitamos. Así que por que non celebrar o Día da Amizade na escola!!!. No noso cole os alumnos e alumnas agasalláronse con fermosas cartas de amizade. Grazas a todos e todas por este agasallo marabilloso. Vémonos na próxima tolemia. Un abrazo xigante.
|
||||||||||||
Lectura funcional |
Unha das sesións semanais da hora de ler, programada dende o aula de audición e linguaxe co alumnado de sexto, vai encarada a dotar de funcionalidade á lectura para facilitar a súa comprensión e uso en diferentes contextos da súa vida cotiá . A actividade de hoxe foi a elaboración dun Brownie de chocolate no microondas, que na hora de recreo compartiron cos seus compañeiros de clase. Foi todo un éxito, non quedaron nin as migas. |
||||||||||||
Emocionario |
Dentro do Programa de estimulación oral (PELO), levado a cabo dende a aula de audición e linguaxe cos alumnas e alumnas de Educación Infantil, destinouse durante este trimestre unha parte das sesións ás emocións. Co fin de identificar, vivenciar, expresar e axudar a xestionar as diferentes emocións que poden vivir no seu día a día, realizáronse diferentes actividades:
|
||||||||||||
Construíndo "Un libro de cores" entre todas e todos. |
RETO PARA A SEMANA DO DÍA DO LIBRO Leo proponvos un reto para a semana do libro. Entre todas as persoas da nosa comunidade educativa, nenos, nenas, pais, nais, avós, avoas... imos a facer un libro virtual de cores no que poñades de manifesto como vos sentides estes días tan distintos e especiais. Para elo, propoñémosvos que vexades, en primeiro lugar, este vídeoconto de catro minutos de duración e que leva por título "El monstruo de colores" da autora Anna Llenas. Unha vez visionado o videolibro, mirade as propostas que vos fai Leo na seguinte presentación: CONCRETANDO O RETO:
Con todos os traballos recibidos, editaremos un video-libro para a vosa biblioteca. PREME PARA VER O LIBRO DE CORES
|
||||||||||||
Reivindicando un libro, un escritor/a e unha libraría |
As circustancias especiais destas datas obrigou á celebración un pouco peculiar do Día do libro. Desde a Asesoría de bibliotecas organizouse unha actividade reivindicativa dun libro, dun autor/a e dunha libraría de proximidade. Aí vai unha das propostas do noso centro. Se premedes na imaxe teredes acceso a todas las achegas das diferentes bibliotecas do PLAMBE. |
||||||||||||
Aprender a buscar con eficiencia |
Nestes tempos onde todas as persoas estamos dedicando máis tempo a pescudas de información e recursos na rede, pódenos ser de moita utilidade este titorial que nos ofrece Olga Rodríguez desde a biblioteca do seu cole de Malpica. Botádelle unha ollada, descubriredes atallos e ideas de mita utilidade.
|
||||||||||||
Ricardo Carvalho Calero (2020) |
Os seus primeiros estudos foron nun colexio da rúa Magdalena e despois no Colexio Sagrado Corazón de Xesús, dirixido polo escritor Manuel Comellas. Fixo o bacharelato por libre e trasladouse a Compostela a estudar na súa universidade. Foi un gran defensor do idioma galego e membro do Seminario de Estudos Galegos onde coñeceu a Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas... Traballou en moitas revistas galegas: A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color... En 1965 incorporouse ao Instituto Rosalía de Castro de Santiago e, como profesor contratado, á universidade compostelá da que se converteu no seu primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega. É autor de "Gramática elemental del gallego común" e de obras de teatro, poesía, novela e moitos estudos sobre a lingua e a literatura galega. Defendeu a postura de que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa. Faleceu en Compostela no ano 1990. Polo seu labor en defensa do idioma e cultura galega a Real Academia Galegas dedícalle o Día das Letras. (Recuperado de Seminario Galán) |
||||||||||||
O marabilloso libro das preguntas | |||||||||||||
Mochilas viaxeiras |
No curso 2019/2020 estiveron en funcionamento 7 mochilas viaxeiras, e dicir, unha por cada classe do cole. Como en anos anteriores, as mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido pola persoa titora, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos, tanto en galego como castelán, para que o alumando poida elixir. Todas as mochilas inclúen “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, suxerencias, …, sobre o contido da mochila o dos libros lidos. Achegamos unha mostra do traballo realizado polo alumnado nas súas casas. Para a maioría das familias resulta ser unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre pais e fillos e enriquécenos a todos. Foi unha mágoa que a partir de mediados do mes de marzo non puideron funcionar. |
||||||||||||
Igualdade e traballo en equipo |
O curso escolar 2019/2020 estivo marcado polo un feito insólito, nunca sucedido ata o día de hoxe no ensino obrigatorio como foi o confinamento iniciado o día 16 de marzo de 2020. Neste curso, o P.D.I. do centro ten como lema “Biblioteca escolar: viveiro de cidadanía”, e os grupos de 5º e 6º de Educación Primaria centrámonos no tema na: Igualdade e traballo en equipo: superando as diferenzas entre todos e todas, para o cal utilizamos diversos materiais entre os que se encontran os seguintes:
O porqué deste traballo integrado resúmese nas seguintes liñas centradas nas súas vantaxes, tales como:
Ademais dos obxectivos, citados anteriormente, os cales se caracterizan polas características da metodoloxía centrada nos PDI (Proxectos Documentais Integrados) os obxectivos que se perseguiron con este proxecto documental integrado centrados en “Igualdade e traballo en equipo: superando as diferenzas entre todos e todas” son os seguintes: Obxectivos:
Contidos.
As actividades realizadas en relación ao PDI, ao longo do curso, foron as seguintes:
O 16 de marzo de 2020 prodúcese un feito insólito nunca sucedido ata o día de hoxe como é a suspensión da actividade lectiva quedando sen concluír a actividade programada para o 3º trimestre como era:
Materiais didácticos centrados na igualdade de xénero:
Recollida de información e materiais didácticos para traballar co alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria:
Metodoloxía e recursos utilizados: A metodoloxía de traballo foi a lectura individual e en voz baixa dos libros que se entregan na mochila viaxeira e nas diferentes actividades propostas polo docente e centradas na igualdade e traballo en equipo. Cada quince días realizarase a posta en común de cada unha das actividades propostas. Dita exposición permitirá ao resto do seus compañeiros/as a elección do libro que máis lle guste. A nosa intención foi a de propor unha serie de obxectivos que sexan realistas, coherentes e avaliables, que estean estreitamente ensamblados e non poidan separase uns doutros. Con todos e cada un dos contidos para traballar tentamos:
Avaliación: Como conclusión, e aínda que non foi posible a realización completa do PDI é importante destacar que cando as persoas traballan en equipo melloran notablemente os resultados. A valoración do traballo en equipo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas, todo isto foi posible durante o 1º período comprendido entre o 4 de outubro de 2019 e o 13 de marzo de 2020. |
||||||||||||
Hora de ler en Ed. Infantil |
Ao longo do curso 2019/2020 e ata a declaración do estado de alarma realizamos a Hora de ler co alumnado de Ed. Infantil todos os días da semana en sesións de 20 minutos. Con esta actividade perseguimos alcanzar os seguintes obxectivos:
Para consiguilo, realizamos distintas actividades lectoras, entre as que destacamos:
|
||||||||||||
Hora de ler en 4º de Ed. Primaria |
A hora de ler realizouse todos os días de 12:00 a 12:20 sendo os mestres encargados son: Mª del Carmen Aldemira e Noberto Dorrío. E tomáronse como obxectivos os seguintes:
E como actividades:
TEXTOS TRABALLADOS
Actividades realizadas
Debido ao sucedido neste curso, no mes de marzo, quedaron actividades sen facer e textos sen ler. Pero, así a todo, durante parte do confinamento o alumnado continuou realizando a hora de ler.
A HORA DE LER é un tempo que gusta a todo o alumnado, independentemente da velocidade lectora, a maior ou menor capacidade de comprensión lectora, e polo xeral as actividades que se propoñen teñen moi boa aceptación na aula. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- …
- seguinte ›
- última »