Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
A castaña que rebentou de risa |
Ao longo do mes de novembro a nosa castañeira fixo garda na entrada da biblioteca para repartir o conto de "A castaña que rebentou de risa" a todo o alumnado do cole. Un conto en formato minilibro para colorear co que descubrimos por que a castaña ten dúas cores. |
Apertas que voan |
Durante a semana da Paz todo o alumnado do centro traballou a canción de Paco Nogüeiras "Apertas que voan". No vídeo e nas imaxes podedes observar o ben que o pasaron interpretando a canción o Día da Paz. |
A recipe in my head |
Literalmente, tivemos a receita nas nosas cabezas, mellor dito, nos nosos cookeryhats. Durante dúas sesións da área de inglés aprendimos o vocabulario necesario para elaborar a nosa receita especial: CRAZY CATS. E na terceira, puxémonos mans á obra: Con yoghurt fixemos a face, con kiwi a mouth, con grapes a nose, con strawberries as ears e con cookies os eyes E velaí o resultado: DELICIOUS!!!!! |
Día da árbore |
Ao longo da semana do 23 de marzo celebramos no colexio a Semana escolar da Árbore e da Auga seguindo o programa da Deputación de Ourense que este ano estivo dedicada ao salgueiro. Na Hora de ler o alumnado traballou o conto de Xosé A. Perozo e Viki Berre titulado "A invención do salgueiro en Ourensanía". O día da árbore prantamos un salgueiro no partio do centro e cantamos a canción de Paco Noguieras "Cos pes na terra". GALERÍA DE IMAXES
|
Clarinetarium |
O 13 de abril participamos no Auditorio un concerto de clarinetes titulado Clarinetrium. Clarinetarium é un espectáculo en formato concerto que combina a aproximación histórica ao clarinete cunha aproximación de carácter científico. Tubos de plástico, tesoiras e trade, canas e todo tipo de ferramentas para descubrir como é e como funciona un clarinete. Clarinetarium propón un percorrido pola historia da música para descubrir de que xeito a evolución do instrumento vai ligada á evolución da música. Ademais, para entender o funcionamento do clarinete e os seus principais características (e por extensión o de todos os instrumentos de vento), realizáronse algúns experimentos que axudaron a facerse unha idea máis precisa. Nalgún deles participou algún alumno do noso.
|
O xinete das árbores |
O 8 de maio contamos coa presenza do maxistral contacontos de Chantada, Anxo Moure, que trouxo ao noso centro o espectáculo “O xinete das árbores” co que puxo de manifesto o seu amor e defensa dos bosques galegos. Anxo transformouse nun home-árbore, un ser humano “boscoso”, un xinete das árbores, un carballo coas vellas botas da antiga fábrica ourensá dos calzados Mosquera, fuxindo dos incendios forestais que este verán asolaron terras da montaña de Ourense, para que as nenas e nenos lle axudaran a cabalgar de novo a lomos dos carballos, dos teixos e as aciñeiras, dos buxos e as sobreiras, para salvar os bosques, que son a esperanza do seu futuro, o aire para respirar. O obxectivo principal era que as nenas e nenos coñeceran o nome das árbores e a súa importancia, a través de contos, lendas, poesías, música e imaxes para sentilas como as súas “irmauciñas” (según contaba o escritor ourensán Otero Pedrayo) emparentándoas coas árbores da sua cidade. Todo o alumnado participante na actividade quedou con gañas de seguir escoitando as historias deste gran contacontos… … esperamos que volva pronto a visitarnos!! |
Homenaxe a Pura Vázquez |
O 22 de maio participamos na homenaxe a escritora ourensán Pura Vázquez que se celebrou na Ínsua dos poetas de Madarnás en Carballiño. Luís Tosar foi o encargado de presentar ás autoridades alí presentes, entre as que destacaban o Secretario Xeral de Política lingüística, o Presidente da Deputación, o Alcalde do Carballiño, a Xefa Territorial da Consellería de Educación... entre outros. Da presentación das actividades do alumnado encargáronse dúas alumnas do noso centro. O acto deu comezo coa presentación das autoridades, na que todos eles fixeron mención á vida e obra da mestra Pura Vázquez. O noso centro foi o encargado da presentación do acto. Durante as semanas previas á homenaxe, pescudamos información en internet e nos fondos da nosa biblioteca para elaborar un pequeno resumo sobre a súa vida e obra. Dito resumo foi co que explicamos aos presentes no acto a súa vida e obra. O alumnado participante, dos sete colexios da provincia de Ourense alí presentes, realizaron as seguintes actividades:
|
Obradoiro de Viaqua: Aqualoxía |
O 23 de maio realizamos a actividade que leva por título “Aqualoxía”. Nesta actividade participaron os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, os cales descubriron como é o ciclo da auga nas cidades. No obradoiro experimentamos a través do xogo con míltiples recursos didácticos, tales como: bombas de vacio, coadores,… Ao final de dita actividade, fomos agasallados cun diploma e unha mochila pola nosa participación. Xa estamos agardando a que volvan no curso que ven. Pasión pola auga!! |
Construímos robots |
O alumnado de 6º de Ed. Infantil dedicou o seu PDI a traballar o pensamento computacional. Para elo, os seus traballos xiraron en torno ao estudo e creación de robots. Os obxectivos que se perseguiron foron os seguintes:
Entre outras, relizamos as seguintes actividades:
GALERÍA DE IMAXES DO TRABALLO DESENVOLVIDO |
Os xogos populares como modo de aprendizaxe |
Este ano como actividade para o PDI do centro o alumnado de 2º curso traballou o tema “Os xogos populares como medio de aprendizaxe”. A partir do tema elixido, achegámonos ao mundo dos xogos populares galegos como medio de aprendizaxe e ao coñecemento básico de distintos xogos e a súa utilización como forma de aprender. Os xogos elixidos neste curso foron:
|
Por que morren tantos peixes? |
POR QUE MORREN TANTOS PEIXES? Na aula de 3º de Ed. Primaria, fixemos as seguintes preguntas Que?, Quen?. Como? e Por que? Estas foron as preguntas que deron inicio ao noso traballo no PDI. No mural que representaba o noso proxecto reflectimos de forma gráfica a resposta ás mesmas. Estudamos neste curso a contaminación de rios e mares e tratamos de dar explicación a estas, e outras preguntas. Sabemos o que podemos facer individualmente, nas nas nosas casas, para evitala. Estivo presentes en todalas areas do curriculo de 3º de primaria e nas distintas actividades levadas a cabo. Partimos dos coñecementos previos do alumando e acadamos os seguintes obxectivos:
Ao longo do curso, as principais actividades realizadas foron as seguintes:
|
Pensando en equipo |
O curso escolar 2017/2018, a aula de 5º de Educación Primaria decidiu centrar o seu traballo anual, dentro do PDI xeral do CEIP Manuel Sueiro “Cada latexo... un pensamento”, na temática do “Pensamos en equipo”. O porqué deste traballo resúmese nas seguintes liñas centradas nas súas vantaxes tales como:
Traballamos os seguintes obxectivos:
O traballo comezou a finais do mes de setembro, no que o alumnado de 5º de Educación Primaria determinou os seguintes aspectos a desenvolver durante todo o curso.
As actividades realizadas ao longo do curso foron as seguintes:
1º trimestre:
2º trimestre:
3º trimestre:
Como conclusión, destacar que cando as persoas traballan en equipo, é indiscutible que se melloran os resultados. A valoración do traballo en equipo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas. |
Os valores na Biblia |
De acordo ao PDI deste curso “A cada latexo un pensamento” e tendo en conta que cada pensamento provoca un sentimento e unha actitude que move as nosas condutas e comportamentos, e que estes están conectados con valores, a área de relixión traballou sobre os valores na Biblia. A materia de relixión capacita ao alumnado para adquirir unha visión integral da persoa humana e as habilidades necesarias para vivir en sociedade a través dos ensinos bíblicos, que son un conxunto de valores que incitan aos individuos para actuar de maneira correcta facendo un mundo mellor e non provocar danos a quen nos rodea. Traballouse primeiramente coa técnica de choiva de ideas sobre o termo valor para saber que entendían e coñecían sobre este. Cada idea foise anotando para logo definir con máis precisión que é un valor e que representa no diario vivir. E para isto eles buscaron información na internet sobre o concepto de valor guiados polas súas profesoras na procura das páxinas. Tamén se traballou co libro Valores para la Convivencia de Esteve Pujol da biblioteca escolar. Como, así mesmo, cos libros Sapienciales da Biblia que son un grupo de libros do Antigo Testamento que ensinan valores e comportamentos e que axudan a reflexionar sobre a vida. Repartíuselle ao alumnado material para traballar os distintos valores en distintas situacións e problemas tanto de índole persoal, familiar ou social, o que llespermitiu a moitos deles asocialos a determinadas condutas , que previamente non os vinculaban. Presentáronselle distintas imaxes en papel e pantalla dixital con personalidades moi coñecidas como ser: Xesucristo, Gandhi, Martin Luther King, Teresa de Calcuta, e outros, realizando tarefas humanitarias onde eles deben describir o valor fundamental de cada situación. Seguidamente, dialogamos entre todos, para explicar cando practican o valor comentado anteriormente na súa vida cotiá, dando exemplos das accións que deben realizar para tal labor. Durante o desenvolvemento deste proxecto observouse que tanto a lectura dos libros Bíblicos coma as tarefas a realizar, foron unha boa fonte de motivación que os levo a realizar os traballos con moito interese, colaborando e compartindo moito entre eles, dialogando e reflexionando sobre a actividade desempeñada podendo gozar tanto os profesores coma os alumnos dun clima de harmonía e gratificación. |
Aprendendo a pensar | |
Producións da biblioteca no curso 2017/2018 |
Todo o traballo realizado ao longo do curso está reflectido na nosa aula virtual nun curso que creamos para o Seminario de formación "TACs, currículo e biblioteca: Novas metodoloxías".. Ligazóns a traballos elaborados na rede. Drupal.
Máis novas na web (cerca de 300 entradas na web do centro) Moodle. Actualizamos os recursos TIC para lingua e matemáticas:
Asemade actualizamos os xa existentes de:
Blogs do cole Google drive/docs.
Google presentacións:
Canal Youtube.
Google maps: Google fotos: Otro material na web 2.0:
Exelearning: Gamificción:
Libros Interactivos Multimedia (LIM): Audios co programa Audacity: Maquetacións: Vídeo |
Formación de usuarios na biblioteca |
A formación de usuarios estivo presente ao longo de todo o curso, sobre todo as actividades referentes ao alumnado. Cada titor encargouse de realizar esta tarefa co seu alumnado ao longo do curso con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación. Con alumnado de Ed. Infantil traballáronse os seguintes obxectivos ao longo do curso:
A valoración das actividades da biblioteca son positivas xa lles encanta estar nela e séntense maiores buscando libros.
Realizaron as seguintes actividades:
ACTIVIDADES
A formación de usuarios, en 5º e 6º de Ed. Primaria, estivo presente ao longo de todo o curso, sobre todo as actividades referentes ao alumnado. Cada titor se encargou de realizar esta tarefa co seu alumnado ao longo do curso con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación realizando as seguintes actividades:
|
O libro viaxeiro |
O alumnado de Ed. Infantil, este curso continuou levando para as súas casas as bolsas do programa "Libros que van e veñen". Estas permanecen no seu domicilio unha semana, facéndose a renovación dos libros os venres. Cada unha delas inclúe un libro en galego ou castelán escollido polo alumnado e un caderno para que, coa axuda dos seus familiares, debuxen e/ou escriban o que lles "digan" os libros. Queremos agradecer ás familias dos máis caivos a súa imlicación nesta actividade destinada a que acompañen aos seus fillos no proceso lector e lles sirvan de modelo e guía nos momentos de lecer.
|
Novos lectores na biblioteca |
O día das bibliotecas escolares fixemos entrega dos carnés aos novos socios da nosa biblioteca. Agora poderán levar os fondos da biblioteca que temos en empréstito para a súa casa. Co carné, fixémoslle entrega dunha carpeta na que lles vai un Pase de grandes lectores que deben cubrir das lecturas que fagan e que lle será validada co selo da biblioteca unha vez que devolva o libro. |
Pescudando e fedellando con "Dédalo e Ícaro" |
O alumnado da aula de apoio e de 2º, 3º de Ed. Primaria dentro do proxecto “Aprendendo a través de mitos” realizou un traballo de documentación sobre o mito de “Dédalo e Ícaro”. Primeiro, buscamos na rede as versións existentes deste mito. Entre todos elaboramos unha nova versión que foi coa que traballamos na Hora de ler durante o primeiro trimestre. Con esta versión final, fixemos un reparto de escenas entre todos os participantes e cada un encargouse de debuxala en tamaño A4. Posteriormente escaneamos todas as imaxes que elaboramos do mito de Dédalo e Ícaro e montamos unha curta con el. Nos mesmos nos encargamos de pórlle voz á curta, empregando o programa de Audacity. Asemade, con ditas voces tamén elaboramos un podcast co mito que subimos á nosa conta en Soundcloud. Nas seguintes ligazóns podedes observar os produtos obtidos:
|
Rexistro de datos metereorolóxicos |
Ao longo deste curso o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria realizaou diariamente o control de datos meteorolóxicos na nosa estación situada nos exteriores do colexio. Cada semana encargouse unha parella de alumnos e alumnas de revisar o termómetro de máximas e mínimase de comproar a cantidade de auga recollida no pluviómetro. Os dats recollidos foron reflectidos no caderno de control de datos previamente a ser publicados no blog e graficas de pluviometría e máximas e mínimas. |
Comezo do curso escolar 2018/2019 |
O 12 de setembro deu comezou o curso escolar 2018/2019 e tivemos o privilexio de contar coa presenza das autoridades locais para inicialo. O Alcalde, a Concelleira de Educación, a Delegada da Xunta, a Xefa Territorial de Educación, O Inspector Xefe e o noso Inspector visitaron as aulas do noso centro e intercambiaron impresións con todo o alumnado. Diferentes medios de comunicación locais e autonómicos deron cobertura á nova en diferentes espazos:
|
Día das bibliotecas 2018 |
O 24 de outubro, celebrmos no cole o Día das bibliotecas Escolares. O alumnado de cada curso presentou ante os seus compañeiros e compañeiras o traballo que van a desenvolver ao longo deste ano dentro do PDI "Pasaxeiros Con destino Dinamarca... Última chamada" co que pretendemos traballar o modelo de organización da nosa biblioteca por medio da CDU ao tempo que pescudamos información sobre este fermoso país. Os proxectos presentados foron os seguintes:
Presentación do PDI.
|
O fío vermello |
Na última semana do mes de decembro realizamos o concurso de lectura sobre o libro “O fío vermello” que é unha obra conmovedora onde An Alfaya é capaz de dirixirse aos nenos de forma directa e intelixente. Unha obra onde pesan os sentimentos, onde cada personaxe está construído con precisión, onde non hai lugar para as concesións e onde os nenos manifestan os seus ideais e intelixencia de xeito rotundo. Hai libros que se tecen coa intensidade dos sentimentos, que revolucionan o mundo dos nenos, que tinguen o universo de vermello. Iso é o que sucede con O fío vermello, de An Alfaya. Sinopse: Un día, Carlo decide illarse na terraza e non saír ata que os adultos que o rodean lle conten a verdade sobre o paradoiro do seu irmán Nicola. Fai xa moitos días que se foi e Carlo comeza a sospeitar que todo o que lle contaron sobre a súa marcha é mentira. Por iso comeza unha singular folga de silencio e illamento. Elisabeta, unha compañeira de clase bastante calada , acompañará a Carlo no seu encerro. Xuntos descifrarán xeroglíficos numéricos, falarán de astronomía grazas ao caderno do bisavó Enrico e conversarán con Parda, unha tartaruga coa que se comunican mediante un idioma composto por números e sons. Pero hai outro elemento que tamén xogará un decisivo papel na historia: unha madeixa de perlé vermella que se irá desfacendo á vez que Carlo vai descubrindo a verdade sobre o paradoiro do seu irmán. Na noite das Perseidas, Carlo e Elisabeta vivirán unha experiencia máxica que lles fará recuperar a esperanza sobre o regreso de Nicola e que lles fará comprender que hai cousas que as matemáticas e a lóxica non poden explicar. Desta volta, igual que fixemos en concursos anteriores, a parella gañadora recibiu como agasallo un exemplar do libro que traballaremos nas próximas semanas na Hora de ler titulado “Herik y Harald, guerreros vikingos” de B. Évano. |
O Sabor da aventura está no mar |
O 26 de febreiro contamos coa presenza na biblioteca do noso centro dos protagonistas do programa "O sabor da aventura está no maer" que promove a Xunta de Galicia e a Uión Europea a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para fomentar o consumo de pescado na nosa dieta alimentaria. Nesta ocasión, dentro do proxecto "Aliméntate ben" que estamos a desenvolver no noso centro, paricipamos nun obradoiro no que nos foron ensinando as propiedades e características de varios produtos do mar a través de vídeos, contos, xogos e historias divertidas onde os protagonistas eran os superheroes "Os Arroases". |
Xoves de comadres |
O Xoves de comadres o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria desprazouse ata a Praza Maior de Ourense para participar na actividade que organizou a Concellería de Educación para celebrar o Xoves de comadres. Nesta ocasión foron as nenas as que correron detrás dos nenos para destruirlles as súas comadres. Poucos foron quen de deixar intacta a súa comadre. As comadres nos medios de comunicación
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- …
- seguinte ›
- última »