Contido popular
Título | Resumo | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
El brazalete mágico |
Coñecer parte da historia da Grecia clásica mesturada con alguna andanza de Alejandro Magno foi máis sinxelo grazas á lectura do libro EL BRAZALETE MÁGICO de Rocío Rueda. Previa á lectura buscamos información na rede sobre o patrimonio grego, completando información cos libros ATLAS DE LAS CIUDADES de Federica Magrin, ATLAS DE LA COCINA de Genny Gallo y ME LLAMO ALEJANDRO MAGNO de Pau Miranda e Christian Inaraja. Despois da lectura reflexionamos sobre o expolio por parte dalgúns museos de pezas doutros países. E como remate elaboramos os nosos brazaletes máxicos que nos transportan polo mundo da lectura. |
||||||||||||
Hora de ler Ed. Infantil |
A Hora de ler funcionou ao longo de todo o curso 2018/19, na aula de Ed. Infantil, coma no resto dos cursos do cole. Con esta actividade alcanzamos, entre outros, os seguintes obxectivos:
As principais actividades realizadas foron as seguintes:
O máis complicado deste curso foi as veces escoller os contos para que lles gustasen a nenos e nenas de tres idades diferentes. |
||||||||||||
Hora de ler de 2º de Ed. Primaria |
Moitas das aprendizaxes que os nenos realizan na súa etapa escolar e que máis adiante lles axudarán a desenvolverse na sociedade como adultos conséguense a través da lecto-escritura. Este é un feito difícil de discutir, as habilidades lectoras son importantes para a consecución dunha formación integral da persoa. O valor da lectura é insubstituíble, pois a lectura estimula a imaxinación e axuda ao desenvolvemento do pensamento abstracto. Durante este curso os alumnos de segundo curso de primaria traballaron os mitos nórdicos e festas internacionales de relevada importancia. A hora de ler adicada a este fin foi os luns e os xoves de 12.00h. a 12.20h. Dividimos o proceso en diferentes partes:
Asemade, traballamos tanto a lectura individual como a lectura colectiva, en voz alta e de xeito encadeado, de libros como relacionados co P.D.I. “Contos de Andersen”. Fíxose un seguimento individualizado da comprensión lectora e da velocidade lectora de cada un dos alumnos.
|
||||||||||||
Contos de Andersen |
Ao longo do curso traballouse sobre Dinamarca, tema deste P.D.I.
|
||||||||||||
Hora de ler en 5º de Ed. Primaria |
Durante o presente curso18/19, levei a cabo o Plan lector na aula de 5º de Educación Primaria en coordinación co seu titor. O obxectivo primordial que plantexamos de cara a este curso, era potenciar a competencia comunicativo-lingüística como ferramenta facilitadora na adquisición do resto de aprendizaxes, ademais de optimizar a destreza na lectura e a escritura, aspectos fundamentais para desenvolver o gusto pola lectura e a capacidade de valorala criticamente. Para acadar estes propósitos, na hora de ler, que se levou a cabo todos os días de 12.00 a 12.20, traballamos os obxectivos que a continuación pasamos a comentar: Obxectivos:
Para acadar estes obxectivos, traballamos con dous manuais, un deles en lingua castelá; “Erik y Harald, Guerreros Vikingos” e outro en lingua galega; “O fío vermello”. Unha vez rematada a lectura dos distintos manuais, levamos a cabo un concurso literario, con multitude de probas; preguntas curtas, de enumeración, de múltiple elección,... Nestes concursos os gañadores foron agasallados co libro que se ía ler a continuación e con material escolar. Ademais dos concursos literarios, un día a semana, os venres traballamos lectura funcional para facilitar aspectos da vida diaria, como pode ser; interpretación de facturas, carteleiras de cine, receitas, prospectos médicos, listaxes de anuncios de compra–venta, telefónicos,... Neste sentido e buscando a funcionalidade da lectura, tamén traballamos con manuais de maxia e na propia execución dos trucos, mediante o seguimento de instrucións. Con este tipo de actividades, buscamos dotar de funcionalidade a lectura aproximándoa as súas realidades cotiás e tratando de espertar no noso alumnado interese e curiosidade polo súa contorna. Por outro lado, o Plan Lector, estivo intímante relacionado co PDI da Biblioteca e aproveitando que o lema este curso era "Dinamarca", traballamos os Vikingos, para iso partimos do que xa coñecían e adentrámonos no que querían saber, mediante documentais como; “¿Quiénes eran los Vikingos?". Neste sentido, levaron a cabo proxectos de expresión plástica, entre os cales destaco a construción dun Drakkar, escudos, espadas e todo o vestiario que empregamos no entroido. Dentro deste gran proxecto introducimos a lectura do libro comentado en liñas anteriores; “Erik y Harald, guerreros vikingos”, o cal conta con xogos e documentación, aspectos que favorecen a ampliación de coñecementos e a resolución de curiosidades así como a propia motivación. Ademais dos aspectos comentados en liñas anteriores, este curso, en coordinación co Equipo de Dinamización da lingua Galega, levamos a cabo unha dinámica para favorecer a expresión escrita na lingua galega, que consistiu no intercambio de cartas, vía correo ordinario, cos nenos do CEIP Santiago Apóstolo de Franza de Mugardos. Para lograr coordinar as distintas actividades entre os docentes que levamos a cabo o Plan Lector na aula de 5º, puxemos en marcha un caderno de rexistro de tarefas onde diariamente quedaba reflectido o traballo realizado en cada sesión. |
||||||||||||
O soldadiño de chumbo |
Os nenos de terceiro de Ed. Primaria realizamos no PDI de centro, un traballo sobre o conto: “EL SOLDADITO DE PLOMO” e as distintas CDU. No primeiro trimestre pescudamos sobre a vida do autor Christian Andersen. No segundo trimestre traballamos o conto e na semana do Entroido disfrazámonos de soldadiños e bailarinas. No terceiro trimestre encadrámolo conto na súa correspondente CDU . A partir de aí traballamos o resto das CDU e fixemos un mural infográfico para o corredor do primeiro andar que serviu de información para toda a comunidade. |
||||||||||||
Xogos viquingos |
Neste curso traballamos na hora de ler, ademais das actividades propostas para esta hora, outras actividades para traballar o PDI da biblioteca que este ano o dedicamos a Dinamarca. Nós, escollemos o tema dos xogos viquingos e tradicionais daneses. Dito traballo consistiu fundamentalmente no fomento da lectura, lendo libros de aventuras que se basean nas tradicións das culturas nas que se desenvolvía a trama. Fixemos lecturas colectivas dos libros:
Fixemos debuxos sobre as lecturas, compilamos o vocabulario que non coñeciamos nun dicionario. Realizamos comprensións lectoras, recreamos xogos tradicionais de Dinamarca como da época dos viquingos. E buscamos información empregando as TICS. Realizamos lecturas dirixidas onde aprendemos un pouco da historia dos viquingos e a que xogaban de pequenos e o comparamos cos xogos tradicionais daneses. Xogos vikingos como:
Xogos treadicionais daneses como:
|
||||||||||||
Kahoot sobre Antón Fraguas | |||||||||||||
Kahoot! sobre Antón Fraguas |
Una vez rematado o mes das Letras Galegas e as actividades sobre o autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas, O EDL do centro realizou un cuestionario de avaliación das aprendizaxes adquiridas a través dunha proba elaborada con Kahoot!. O carácter gamificador, desta proba, axuda a realizar esta actividade final dun xeito máis lúdico e motivador para o alumnado. Pasárono xenial!! |
||||||||||||
A Guarda |
Presentación sobre os lugares que visitaremos na saída do mércores 12 de xuño:
|
||||||||||||
Tom Sawyer |
O 4 de outubro o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria asistiu á proxección da nova versión, da clásica novela de aventuras do escritor estadounidense Mark Twain, "As aventuras de Tom Sawyer", que tivo lugar no auditorio de Ourense, dentro das actividades programadas no Festival de cine Ouff Ourense. Tom Sawyer é un rapaz traveso de Mississippi ao que lle gustan moito as aventuras, aínda que sempre ten problemas. Trae media tola a súa tía Polly co seu comportamento indisciplinado e as constantes loitas co seu medio irmán Sid.Despois dunha noite xunto ao seu amigo, Huckleberry Finn, foi testemuña da morte dun borracho da man do indio Joe. Contando a verdade sobre o sucedido ante o xuíz, Tom convértese no branco do asasino, que xura vinganza. Ao alumnado gustoulle moito esta actividade. Xa están preguntando.... cando será a próxima?? |
||||||||||||
Exposición de cabazas 2019 |
Coma xa ben sendo tradición, nos últimos cursos, volvemos a realizar unha exposición de calacús para celebrar a Festa do Samaín. A maioría do alumnado trouxo os traballos que realizaron na súa casa coa axuda da súa familia para expolo nos corredores da entrada do colexio. Parabéns para todos e todas as participantes pola calidade dos seus traballos.
|
||||||||||||
Celebración do Samaín 2019 |
O 30 de outubro celebramos a Festa do Samaín no noso colexio. A maioría do alumnado e profesorado acudiu disfrazado ao centro. O equipo de biblioteca decorou a biblioteca para que esta puxese en contacto o mundo dos vivos e dos mortos tal como nos di a lenda do Samaín. Por ela desfilaron todas aquelas persoas que o desexaron, algunhas pasárono tan ben que se animaron a repetir esta experiencia. O alumnado de sexto de Ed. Primaria foi o encargado de darlle ambiente a este espazo de de conexión co máis alá que ten lugar na noite de Samaín. Previamente, toda a comunidade educativa participou nun flash movie, coa interpretación da canción Monster Mash, para unir as festas do Samaín e do Halloween.
|
||||||||||||
Stacks of Joy for Halloween |
Este curso, o noso traballo nas seccións bilingües xira arredor da obra da artista británica contemporánea ANNIE MORRIS. Da súa serie STACKS OF JOY reproducimos dúas scupltures, ao noso xeito, adaptando as mesmas á celebración de Halloween. Os materiais empregados para facer as spheres coas que crear as scupltures foron balloons, paper, glue and paint. Step by step elevamos as nosas creacións, que tendo en conta a época do ano, non poderían ser máis que pumpkins, ghosts and black cats. Os/as compañeiros/as de 4º EP, traballaron man a man connosco, axudándonos a pintar as spheres. Mantelas en pé tivo a súa dificultade, pero para eso somos uns/unas artistas. HAPPY HALLOWEEN ANNIE MORRIS!
|
||||||||||||
Clubs das letras |
O proxecto co que o noso centro foi admitido no programa de innovación educativa “Club de Letras” leva por título: “STACKS OF JOY AT MANUEL SUEIRO”. Desenvolvemos este proxecto na área de plástica nos cursos de 1º e 2º EP dentro do plan de sección bilingües. O alumnado de 4º E.P. botaranos unha man nesta tarefa. No proxecto do curso pasado 2018-2019 adicámonos a coñecer a obra artística de Yayoi Kusama e o seu país, Xapón. Este curso 2019-2020 buscaremos un punto de vista complementario, a artista londinense Annie Morris, sendo sabedores da admiración que a británica sente pola artista xaponesa. Dúas mulleres unidas polo espírito artístico e diferenza das pola súa idade, Yayoi Kusama pasados os noventa anos e Annie Morris nos inicios dos seus corenta. Unha situación social ben diferenciada, Kusama unha muller coas limitacións da época que lle tocou vivir nun país de férreas tradicións que sen dúbida rompeu, e Morris, unha muller libre de ataduras nunha cidade e país á vangarda de movementos sociais e artísticos. Visibilizaremos o traballo da artista, muller, nova, multidisciplinar, da súa vida na cidade de Londres, onde naceu e traballa. Sairemos do ámbito puramente artístico para coñecer a cidade de Londres: Leremos, escribiremos e opinaremos sobre a artista, a súa obra e a cidade británica, interrelacionando os aspectos literarios e artísticos, valorando o seu traballo como ilustradora. Partindo do título dunha das series da artista, “Stack”, compoñemos o nome do proxecto no que o nome do centro, o traballo da artista e o aspecto lúdico quedan de manifesto: “STACKS OF JOY AT MANUEL SUEIRO”. |
||||||||||||
No corazón do bosque |
O 14 de novembro realizamos o primeiro concurso de animación á lectura deste curso. Nesta ocasión o libro escolleido foi No corazón do bosque de Agustín Fernández Paz. Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai coa súa clase de excursión ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na casa, descobre abraiada que se lle coou na mochila un ser vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba na fraga e non quería pasar o inverno só. Dille á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se converta no seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das barbies. A novela é a crónica dos meses que pasan xuntos, durante os cales Derdrín exercerá unha influencia moi grande na vida da nena, tanto no ámbito familiar como na escola. Unha historia tenra e cargada de humor, que reivindica a necesidade da fantasía e, tamén, a importante función que cumpren os antigos mitos en calquera sociedade. O equipo gañador levou como premio o libro que traballaremos ao longo do próximo mes: A balada dos unicornios de Ledicia Costas. |
||||||||||||
Festival de Nadal |
O 19 de decembro realizamos o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas grazas á colaboración desinteresada do seu Equipo directivo e do persoal de non docente, o cal é de agradecer, unha vez máis. Damos as grazas, tamén, a todas as persoas asistentes, ás diferentes actuacións, polo seu apoio incondicional e a súa paciencia durante o tempo que durou o festival. O programa foi o seguinte: (En breves publicaremos os vídeos nesta entrada)
|
||||||||||||
Premio Nóbel da Paz 2019 Abiy Ahmed | |||||||||||||
Sphere by sphere |
SPHERE BY SPHERE … Así foi como medraron as nosas obras de arte, esfera a esfera, disco a disco, cinta a cinta, … Fixemos reproduccións dalgunha das sculptures da artista Annie Morris, á que adicamos o noso proxecto este curso. Usamos papeis de refugallo, recycling que diríamos na nosa clase, balloons, glue, cos que elaboramos as spheres. E sphere a sphere medrou a nosa big sculpture. Tamén fixemos dúas máis con discos e cintas de papel. Buscamos novas sobre a artista e a súa serie de esculturas “Stacks of joy”, plasmamos esa información nas fichas de información e comezou o traballo artístico. Foi un traballo individual, en parella, pequeno grupo, gran grupo, un traballo persoal, libre, como todos os traballos artísticos pero no que a axuda e cooperación dos demais compañeiros/as foi fundamental. Os compañeiros/as de 4º E.P. viñeron a observar con curiosidade o noso bo facer artístico. Froito desa observación naceu a cooperación entre cursos para complementar a nosa exposición de obras artísticas. Tamén observou o noso traballo a mestra deses nenos/as. E os de 1º e 2º E.P. artífices do proxecto de arte, tamén os visitamos na súa aula e observamos o desenvolvemento das súas obras. E para que todos/as na escola poidesen observar e compartir sensacións, ocupamos coas nosas obras de arte os corredores da escola. STACKS OF JOY AT MANUEL SUEIRO! |
||||||||||||
Semana do amor e amizade |
Celebramos a semana da AMIZADE. A amizade é un sentimento desinteresado que une a persoas moi diferentes, rompe fronteiras, tende lazos de solidariedade. É tan poderoso pola súa natureza mesma de bondade. Os amigos son as persoas que cada un eliximos para pasar tempo de lecer. Eles escóitannos, escoitámoslles, rimos e compartimos actividades que nos gustan. Confiamos neles para contar as nosas alegrías e as nosas penas. E sempre están aí cando lles necesitamos. Así que por que non celebrar o Día da Amizade na escola!!!. No noso cole os alumnos e alumnas agasalláronse con fermosas cartas de amizade. Grazas a todos e todas por este agasallo marabilloso. Vémonos na próxima tolemia. Un abrazo xigante.
|
||||||||||||
Emocionario |
Dentro do Programa de estimulación oral (PELO), levado a cabo dende a aula de audición e linguaxe cos alumnas e alumnas de Educación Infantil, destinouse durante este trimestre unha parte das sesións ás emocións. Co fin de identificar, vivenciar, expresar e axudar a xestionar as diferentes emocións que poden vivir no seu día a día, realizáronse diferentes actividades:
|
||||||||||||
Construíndo "Un libro de cores" entre todas e todos. |
RETO PARA A SEMANA DO DÍA DO LIBRO Leo proponvos un reto para a semana do libro. Entre todas as persoas da nosa comunidade educativa, nenos, nenas, pais, nais, avós, avoas... imos a facer un libro virtual de cores no que poñades de manifesto como vos sentides estes días tan distintos e especiais. Para elo, propoñémosvos que vexades, en primeiro lugar, este vídeoconto de catro minutos de duración e que leva por título "El monstruo de colores" da autora Anna Llenas. Unha vez visionado o videolibro, mirade as propostas que vos fai Leo na seguinte presentación: CONCRETANDO O RETO:
Con todos os traballos recibidos, editaremos un video-libro para a vosa biblioteca. PREME PARA VER O LIBRO DE CORES
|
||||||||||||
Reivindicando un libro, un escritor/a e unha libraría |
As circustancias especiais destas datas obrigou á celebración un pouco peculiar do Día do libro. Desde a Asesoría de bibliotecas organizouse unha actividade reivindicativa dun libro, dun autor/a e dunha libraría de proximidade. Aí vai unha das propostas do noso centro. Se premedes na imaxe teredes acceso a todas las achegas das diferentes bibliotecas do PLAMBE. |
||||||||||||
Aprender a buscar con eficiencia |
Nestes tempos onde todas as persoas estamos dedicando máis tempo a pescudas de información e recursos na rede, pódenos ser de moita utilidade este titorial que nos ofrece Olga Rodríguez desde a biblioteca do seu cole de Malpica. Botádelle unha ollada, descubriredes atallos e ideas de mita utilidade.
|
||||||||||||
O marabilloso libro das preguntas |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- seguinte ›
- última »