Contido popular
Título | Resumo | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Caza do tesouro sobre Dinamarca | |||||||||||||
Recursos didácticos |
Presentación sobre a vida e obra de Antón Fraguas ; Máis recursos educativos sobre Antón Fraguas
|
||||||||||||
Xornadas de robótica |
O días 23 e 30 de abril de 2019 a docente Dna. Almudena Alonso Ferreiro e o alumando de Grao de Educación Primaria realizaron dous obradoiros co alumnado de 6º curso de Educación Primaria centrados na robótica. Con estas actividades iniciamos ao alumnado no mundo da robótica empregando os robots educativos para realizar actividades lúdicas que fomenten unha aprendizaxe significativa e colaborativa. Con estas actividades estamos estimulando no noso alumnado o desenvolvemento de procesos cognitivos de alto nivel e favorecendo a adquisición das competencias clave. A primeira sesión, realizada o día 23 de abril, centrouse no coñecemento dos robots e a súa funcionalidade Iniciárose na programacón para conseguir desprazar aos robots polos diferentes circuitos que eles mesmos diseñaron. Na segunda das sesións realizadas neste obradoiro, o alumnado repasou e profundizou os seus coñecementos sobre xeometría a través da programación nos robots foi a realización de actividades xeométricas en papel continuo. |
||||||||||||
YAYOI KUSAMA IN THE LAND OF THE RISING POLKADOTS |
Camiñando da man de Yayoi Kusama pola land of the rising polkadots, chegamos ao final do noso proxecto. Non poidemos ter mellor remate que contar coa visita de Megumi Shiozawa, presidenta da Casa Japón Galicia, á que lle mostramos o noso proxecto sobre a artista xaponesa e o seu país de orixe, Japan. Megumi Shiozawa deunos unha clase práctica de escritura xaponesa e agasallounos cos nosos nomes en xaponés. Temos que dar as grazas á xefa territorial e ao inspector educativo do noso centro, por acompañarnos neste día tan especial para os nosos alumn@s de 1º e 2º de E.P., que presentaban o seu proxecto a tod@s os compañeir@s. Nesta exposición mostramos as nosas obras de arte sobre Yayoi Kusama e as nosas aprendizaxes sobre o país do sol nacente: Desde a benvida ao curso na porta da clase, pasando pola presentación do proxecto no día das bibliotecas, alá polo mes de outubro, as pumpkins, Christmas trees, peace day, pilgrimage, obliteration corner, kamishibai, lavender, sakura cherry blossom, onsen. Os máis peques do cole aportaron as pumpkins de Yayoi Kusama e as mini Yayoi coas cores axeitadas a cada parte do proxecto. Os alumn@s de 4º E.P. colaboraron con nós aportando un pequeño proxecto sobre o parque de Hans Christian Andersen en Funabashi. ( Odense e Funabashi son cidades irmáns ). O alumnado de 6º E.P. tamén colaborou neste proxecto dando as novas do tempo nas ciudades protagonistas no proxecto: Tokio, Funabashi e Hokkaido. GRAZAS A TODAS e TODOS OS QUE FORMASTES PARTES DESTE PROXECTO!
|
||||||||||||
Weather News |
Grazas á JMA (Japan Meteorological Agency), obtivemos cumprida información sobre o tempo meteorolóxico en tres lugares do Xapón: Tokyo, Funabashi e Hokkaido. Cada un deles ten que ver co proxecto sobre Yayoi Kusama e Xapón: Tokyo, capital do país e onde se atopa o seu museo; Hokkaido, onde se atopan grandes extensións de lavanda; Funabashi, atopamos alí o parque Hans Christian Andersen. No audio que podedes escoitar, os alumn@s de 6º E.P. , dan as novas do tempo: Japan Weather News. Tamén elaboramos un mapa en relevo no que se poden visualizar os meteoros que inciden nesos tres lugares. Situamos as Weather News no Plan Proxecta, Programa Meteoescolas e complementan o PDI da área de plástica nas sección bilingües de 1º e 2º E.P. |
||||||||||||
El brazalete mágico |
Coñecer parte da historia da Grecia clásica mesturada con alguna andanza de Alejandro Magno foi máis sinxelo grazas á lectura do libro EL BRAZALETE MÁGICO de Rocío Rueda. Previa á lectura buscamos información na rede sobre o patrimonio grego, completando información cos libros ATLAS DE LAS CIUDADES de Federica Magrin, ATLAS DE LA COCINA de Genny Gallo y ME LLAMO ALEJANDRO MAGNO de Pau Miranda e Christian Inaraja. Despois da lectura reflexionamos sobre o expolio por parte dalgúns museos de pezas doutros países. E como remate elaboramos os nosos brazaletes máxicos que nos transportan polo mundo da lectura. |
||||||||||||
Hora de ler Ed. Infantil |
A Hora de ler funcionou ao longo de todo o curso 2018/19, na aula de Ed. Infantil, coma no resto dos cursos do cole. Con esta actividade alcanzamos, entre outros, os seguintes obxectivos:
As principais actividades realizadas foron as seguintes:
O máis complicado deste curso foi as veces escoller os contos para que lles gustasen a nenos e nenas de tres idades diferentes. |
||||||||||||
Hora de ler de 2º de Ed. Primaria |
Moitas das aprendizaxes que os nenos realizan na súa etapa escolar e que máis adiante lles axudarán a desenvolverse na sociedade como adultos conséguense a través da lecto-escritura. Este é un feito difícil de discutir, as habilidades lectoras son importantes para a consecución dunha formación integral da persoa. O valor da lectura é insubstituíble, pois a lectura estimula a imaxinación e axuda ao desenvolvemento do pensamento abstracto. Durante este curso os alumnos de segundo curso de primaria traballaron os mitos nórdicos e festas internacionales de relevada importancia. A hora de ler adicada a este fin foi os luns e os xoves de 12.00h. a 12.20h. Dividimos o proceso en diferentes partes:
Asemade, traballamos tanto a lectura individual como a lectura colectiva, en voz alta e de xeito encadeado, de libros como relacionados co P.D.I. “Contos de Andersen”. Fíxose un seguimento individualizado da comprensión lectora e da velocidade lectora de cada un dos alumnos.
|
||||||||||||
Contos de Andersen |
Ao longo do curso traballouse sobre Dinamarca, tema deste P.D.I.
|
||||||||||||
Hora de ler en 5º de Ed. Primaria |
Durante o presente curso18/19, levei a cabo o Plan lector na aula de 5º de Educación Primaria en coordinación co seu titor. O obxectivo primordial que plantexamos de cara a este curso, era potenciar a competencia comunicativo-lingüística como ferramenta facilitadora na adquisición do resto de aprendizaxes, ademais de optimizar a destreza na lectura e a escritura, aspectos fundamentais para desenvolver o gusto pola lectura e a capacidade de valorala criticamente. Para acadar estes propósitos, na hora de ler, que se levou a cabo todos os días de 12.00 a 12.20, traballamos os obxectivos que a continuación pasamos a comentar: Obxectivos:
Para acadar estes obxectivos, traballamos con dous manuais, un deles en lingua castelá; “Erik y Harald, Guerreros Vikingos” e outro en lingua galega; “O fío vermello”. Unha vez rematada a lectura dos distintos manuais, levamos a cabo un concurso literario, con multitude de probas; preguntas curtas, de enumeración, de múltiple elección,... Nestes concursos os gañadores foron agasallados co libro que se ía ler a continuación e con material escolar. Ademais dos concursos literarios, un día a semana, os venres traballamos lectura funcional para facilitar aspectos da vida diaria, como pode ser; interpretación de facturas, carteleiras de cine, receitas, prospectos médicos, listaxes de anuncios de compra–venta, telefónicos,... Ne Con este tipo de actividades, buscamos dotar de funcionalidade a lectura aproximándoa as súas realidades cotiás e tratando de espertar no noso alumnado interese e curiosidade polo súa contorna. Por outro lado, o Plan Lector, estivo intímante relacionado co PDI da Biblioteca e aproveitando que o lema este curso era "Dinamarca", traballamos os Vikingos, para iso partimos do que xa coñecían e adentrámonos no que querían saber, mediante documentais como; “¿Quiénes eran los Vikingos?". Neste sentido, levaron a cabo proxectos de expresión plástica, entre os cales destaco a construción dun Drakkar, escudos, espadas e todo o vestiario que empregamos no entroido. Dentro deste gran proxecto introducimos a lectura do libro comentado en liñas anteriores; “Erik y Harald, guerreros vikingos”, o cal conta con xogos e documentación, aspectos que favorecen a ampliación de coñecementos e a resolución de curiosidades así como a propia motivación. Ademais dos aspectos comentados en liñas anteriores, este curso, en coordinación co Equipo de Dinamización da lingua Galega, levamos a cabo unha dinámica para favorecer a expresión escrita na lingua galega, que consistiu no intercambio de cartas, vía correo ordinario, cos nenos do CEIP Santiago Apóstolo de Franza de Mugardos. Para lograr coordinar as distintas actividades entre os docentes que levamos a cabo o Plan Lector na aula de 5º, puxemos en marcha un caderno de rexistro de tarefas onde diariamente quedaba reflectido o traballo realizado en cada sesión. |
||||||||||||
O soldadiño de chumbo |
Os nenos de terceiro de Ed. Primaria realizamos no PDI de centro, un traballo sobre o conto: “EL SOLDADITO DE PLOMO” e as distintas CDU. No primeiro trimestre pescudamos sobre a vida do autor Christian Andersen. No segundo trimestre traballamos o conto e na semana do Entroido disfrazámonos de soldadiños e bailarinas. No terceiro trimestre encadrámolo conto na súa correspondente CDU . A partir de aí traballamos o resto das CDU e fixemos un mural infográfico para o corredor do primeiro andar que serviu de información para toda a comunidade. |
||||||||||||
O xardín dos deuses |
Ao longo do presente curso traballamos dentro do aula de apoio o máxico e fascinante mundo da mitoloxía nórdica. Da man dos deuses acercámonos á mitoloxía e coñecemos diferentes historias de heroes e heroinas que foron transmitidos de pais a fillos desde a antigüidade. O proxecto realizado titulouse "O xardín dos deuses". Os mitos amplían as fronteiras da nosa imaxinación e o noso pensamento. Inspírannos e anímannos a loitar para alcanzar os nosos sonos. Os principais traballos realizados foron os seguintes:
Libro web na que compilamos todos os recursos.
Gamificando as aprendizaxes e a comprensión lectora. GALERÍA DE IMAXES |
||||||||||||
Xogos viquingos |
Neste curso traballamos na hora de ler, ademais das actividades propostas para esta hora, outras actividades para traballar o PDI da biblioteca que este ano o dedicamos a Dinamarca. Nós, escollemos o tema dos xogos viquingos e tradicionais daneses. Dito traballo consistiu fundamentalmente no fomento da lectura, lendo libros de aventuras que se basean nas tradicións das culturas nas que se desenvolvía a trama. Fixemos lecturas colectivas dos libros:
Fixemos debuxos sobre as lecturas, compilamos o vocabulario que non coñeciamos nun dicionario. Realizamos comprensións lectoras, recreamos xogos tradicionais de Dinamarca como da época dos viquingos. E buscamos información empregando as TICS. Realizamos lecturas dirixidas onde aprendemos un pouco da historia dos viquingos e a que xogaban de pequenos e o comparamos cos xogos tradicionais daneses. Xogos vikingos como:
Xogos treadicionais daneses como:
|
||||||||||||
Kahoot sobre Antón Fraguas | |||||||||||||
Nova disposición dos recantos de lectura |
A comezos de ano remodelamos a disposición dos diferentes espazos de lectura da nosa biblioteca. Agora dispomos de dous espazos para a lectura dos máis cativos. Asemade, mudamos de lugar os andeis destinados aos prelectores para que lle fosen máis accesibles os diferentes fondos da biblioteca. Os andeis de revistas periódicas tamén cambiaron de disposición, así como o recanto da entrada destinado a promocionar as "novedades". |
||||||||||||
Kahoot! sobre Antón Fraguas |
O carácter gamificador, desta proba, axuda a realizar esta actividade final dun xeito máis lúdico e motivador para o alumnado. Pasárono xenial!! |
||||||||||||
A Guarda |
Presentación sobre os lugares que visitaremos na saída do mércores 12 de xuño:
|
||||||||||||
Semana polo clima |
HOW DARE YOU? Hoxe, todos os nenos e nenas do noso cole, unímonos a Greta Thunberg facendo a mesma pregunta a todos e todas os que nos queiran escoitar. Como se atreven a contaminar o noso fermoso planeta? Como se atreven a non coidar os nosos mares, o aire que respiramos, os bosques cada vez con menos árbores? Pois nós si que nos atrevemos a poñer o noso gran de area para darle a volta a todo, porque: “Queremos a nosa Terra Coas nosas mellores ferramentas, os green crayons, e a nosa voz, berramos ben forte: GO GREEN GO! Unímonos así ás accións promovidas pola organización Teachers for future, que ten como único obxectivo mellorar a saúde do noso planeta e de todos os seus habitantes. WE LOVE THE EARTH Na seguinte galería de imaxes podedes observar a nosa peculiar mobilización... |
||||||||||||
Tom Sawyer |
O 4 de outubro o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria asistiu á proxección da nova versión, da clásica novela de aventuras do escritor estadounidense Mark Twain, "As aventuras de Tom Sawyer", que tivo lugar no auditorio de Ourense, dentro das actividades programadas no Festival de cine Ouff Ourense. Tom Sawyer é un rapaz traveso de Mississippi ao que lle gustan moito as aventuras, aínda que sempre ten problemas. Trae media tola a súa tía Polly co seu comportamento indisciplinado e as constantes loitas co seu medio irmán Sid.Despois dunha noite xunto ao seu amigo, Huckleberry Finn, foi testemuña da morte dun borracho da man do indio Joe. Contando a verdade sobre o sucedido ante o xuíz, Tom convértese no branco do asasino, que xura vinganza. Ao alumnado gustoulle moito esta actividade. Xa están preguntando.... cando será a próxima?? |
||||||||||||
Día da biblioteca 2019 |
O 24 de outubro celebramos no noso cole o Día das bibliotecas escolares. Como en anos anteriores, aproveitamos esta data para presentar o PDI deste curso á comunidade educativa. Este curso académico o título escollido é "Incrible? Non!... está nas túas mans" co que pretendemos fomentar e favorecer a igualdade e a diversidade desde todo o traballo realizado desde a Biblioteca. Cada grupo encargouse de presentar o que van a traballar nas súas aulas ao longo deste ano en relación á temática proposta.
O alumnado de 4º de Ed. Primaria, tamén representou un teatriño de monicreques titulado " A cachiporra máxica" para recordarnos que a celebración do Samaín xa está "aí". Para rematar, o alumnado de 5º de Ed. Primaria representou unha obra de teatro que eles mesmos elaboraron e titulada "A nosa biblioteca", co fin de iniciar a formación de usuarios do novo alumnado do noso centro aos que lles foi entregado o seu carné de biblioteca.
|
||||||||||||
Exposición de cabazas 2019 |
Coma xa ben sendo tradición, nos últimos cursos, volvemos a realizar unha exposición de calacús para celebrar a Festa do Samaín. A maioría do alumnado trouxo os traballos que realizaron na súa casa coa axuda da súa familia para expolo nos corredores da entrada do colexio. Parabéns para todos e todas as participantes pola calidade dos seus traballos.
|
||||||||||||
Celebración do Samaín 2019 |
O 30 de outubro celebramos a Festa do Samaín no noso colexio. A maioría do alumnado e profesorado acudiu disfrazado ao centro. O equipo de biblioteca decorou a biblioteca para que esta puxese en contacto o mundo dos vivos e dos mortos tal como nos di a lenda do Samaín. Por ela desfilaron todas aquelas persoas que o desexaron, algunhas pasárono tan ben que se animaron a repetir esta experiencia. O alumnado de sexto de Ed. Primaria foi o encargado de darlle ambiente a este espazo de de conexión co máis alá que ten lugar na noite de Samaín. Previamente, toda a comunidade educativa participou nun flash movie, coa interpretación da canción Monster Mash, para unir as festas do Samaín e do Halloween.
|
||||||||||||
Stacks of Joy for Halloween |
Este curso, o noso traballo nas seccións bilingües xira arredor da obra da artista británica contemporánea ANNIE MORRIS. Da súa serie STACKS OF JOY reproducimos dúas scupltures, ao noso xeito, adaptando as mesmas á celebración de Halloween. Os materiais empregados para facer as spheres coas que crear as scupltures foron balloons, paper, glue and paint. Step by step elevamos as nosas creacións, que tendo en conta a época do ano, non poderían ser máis que pumpkins, ghosts and black cats. Os/as compañeiros/as de 4º EP, traballaron man a man connosco, axudándonos a pintar as spheres. Mantelas en pé tivo a súa dificultade, pero para eso somos uns/unas artistas. HAPPY HALLOWEEN ANNIE MORRIS!
|
||||||||||||
Clubs das letras |
O proxecto co que o noso centro foi admitido no programa de innovación educativa “Club de Letras” leva por título: “STACKS OF JOY AT MANUEL SUEIRO”. Desenvolvemos este proxecto na área de plástica nos cursos de 1º e 2º EP dentro do plan de sección bilingües. O alumnado de 4º E.P. botaranos unha man nesta tarefa. No proxecto do curso pasado 2018-2019 adicámonos a coñecer a obra artística de Yayoi Kusama e o seu país, Xapón.
Visibilizaremos o traballo da artista, muller, nova, multidisciplinar, da súa vida na cidade de Londres, onde naceu e traballa. Sairemos do ámbito puramente artístico para coñecer a cidade de Londres: Leremos, escribiremos e opinaremos sobre a artista, a súa obra e a cidade británica, interrelacionando os aspectos literarios e artísticos, valorando o seu traballo como ilustradora. Partindo do título dunha das series da artista, “Stack”, compoñemos o nome do proxecto no que o nome do centro, o traballo da artista e o aspecto lúdico quedan de manifesto: “STACKS OF JOY AT MANUEL SUEIRO”. |
||||||||||||
No corazón do bosque |
O 14 de novembro realizamos o primeiro concurso de animación á lectura deste curso. Nesta ocasión o libro escolleido foi No corazón do bosque de Agustín Fernández Paz. Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai coa súa clase de excursión ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na casa, descobre abraiada que se lle coou na mochila un ser vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba na fraga e non quería pasar o inverno só. Dille á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se converta no seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das barbies. A novela é a crónica dos meses que pasan xuntos, durante os cales Derdrín exercerá unha influencia moi grande na vida da nena, tanto no ámbito familiar como na escola. Unha historia tenra e cargada de humor, que reivindica a necesidade da fantasía e, tamén, a importante función que cumpren os antigos mitos en calquera sociedade. O equipo gañador levou como premio o libro que traballaremos ao longo do próximo mes: A balada dos unicornios de Ledicia Costas. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- …
- seguinte ›
- última »