Actividades Lingua Galega

Actividades do departamento de Lingua Galega

Viva o Entroido! Un novo programa en Onda Candeira

 

 

Comezan as emisións de Onda Candeira!!


Chega "Samaín Encantado (2ª parte)", outro programa de Onda Candeira

Xa está no ar "Samaín Encantado (2ª parte)", o novo programa de Onda Candeira. Desta volta, o alumnado de 1º ESO A conduce e dirixe un programa ben cargadiño de contos misteriosos realizados por eles e elas mesmas nas aulas de Lingua galega, moitos deles situados na noite de Samaín.

Visita á Exposición Vigo No Tempo (2º BACH A)

 Exposición Vigo No Tempo (Sala "Pedras sobre o mar")

 

O IES Politécnico no Dígocho Eu!!

O IES Politécnico vén de clasificarse como finalista no concurso do Dígocho Eu!, polo que participará nunha gravación para o programa de moda, presentado pola xornalista Esther Estévez. O devandito programa será gravado no mes de febreiro e nel participará o alumnado do Equipo de Dinaminación Lingüística do centro. Neste caso, o programa versará sobre algunhas das características do galego falado en Vigo. Ademais, tras a gravación, o vídeo resultante participará nos Premios Dígocho Eu!

Xa está no aire "O noso Lagares"

Este pasado martes rematou a gravación de O Noso Lagares, o novo programa de Onda Candeira, realizado polo alumnado de 1º ESO A para a súa materia de Proxecto Competencial»

Charla do escritor Francisco Castro (1º ESO A)

 

Na xornada de hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza do escritor, editor e músico vigués Francisco Castro, que se achegou ata o noso centro para falar do seu libro "Chamádeme Simbad"; lectura que está levando a cabo o alumnado de 1º ESO A. 

IV Certame Provincial Escolar de Regueifas

 

Chega "25 de novembro, nada que celebrar"; o novo programa de Onda Candeira

Xa está no aire o novo programa de Onda Candeira, "25 de novembro, nada que celebrar", un episodio especial para esta xornada internacional contra a violencia machista, realizado por boa parte da comunidade educativa do IES Politécnico de Vigo.

Chega "Samaín Encantado"; o novo programa de Onda Candeira

Nas pasadas semanas realizouse a gravación dun novo programa de Onda Candeira; desta volta, o alumnado do Agrupamento de Lingua Galega de 1º ESO A+B preséntanos "Samaín Encantado", un programa que mete moitoooo medo, e no que poderedes descubrir historias ben curiosas, algunhas delas situadas na noite de defuntos e os

Club de Regueifa no IES Politécnico

 

 

Nace "Onda Candeira", a radio do IES Politécnico

Esta pasada semana produciuse a gravación do primeiro programa de "Onda Candeira", a radio do IES Politécnico de Vigo.

Visita aos Túneles do Castro (2/10/23)

 

Florencio Delgado Gurriarán O poeta do exilio

Charla impartida por Ricardo Gurriarán Rodriguez para o alumnado do IES Politécnico de Vigo

 

 Fai clic na imaxe para ver máis fotos

 

 

CLUB DE MANGA

 

Este curso temos a ledicia de anunciar o nacemento do CLUB DE MANGA no noso centro. Organizado por varias alumnas, alumnos e alumnes de primeiro curso de Bacharelato, o club conta con máis de trinta membros cun interese común por distintos aspectos da cultura nipoa. Xa se están a preparar as primeiras actividades, estade atent@s!

 

Se es afeccionada/o ao anime, manga, cosplay, j-pop, ou o sushi agaradámoste nas reunións do paraninfo todos os martes e xoves durante os recreos.

 

uwu

 

 

Actividades Reforzo e pendentes de 1º ESO de Lingua galega e literatura

Boas a todas e todos:

Cada semana teredes instrucións das tarefas que imos propoñer mentras non teñamos clases presenciais.

A semana do día 24 de marzo deberedes repasar a conxugación dos verbos regulares que podedes ver no apéndice de calquera dos vosos libros. Logo escollede o texto inicial da primeira unidade e clasificade os verbos das 25 primeiras liñas (número, persoa, modo, tempo).

Se tendes calquera dúbida podedes escribirme unha mensaxe ao correo electrónico: vtaboada@edu.xunta.gal

Ánimo para todas e todos.

Actividades para as materias: Ámbito Lingüístico e Social (2º PMAR/ 3º ESO), Lingua Galega e Literatura (3º ESO), Lingua Galega e Literatura (1º Bacharelato A) e Literatura Universal (1º Bacharelato A e C)

Para facilitar a xestión do traballo e a comunicación co alumnado estas materias serán seguidas a través dos respectivos cursos na Aula virtual do instituto, á cal podedes acceder no seguinte enderezo:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iespolitecnicovigo/aulavirtual/

Os cursos están situados dentro dos seus correspondentes niveis nos enderezos que se indican a seguir.

 

Ámbito Lingüístico e Social (2º PMAR/3º da ESO)

https://www.edu.xunta.gal/centros/iespolitecnicovigo/aulavirtual/course/view.php?id=397

 

Lingua Galega e Literatura (3º ESO B)

https://www.edu.xunta.gal/centros/iespolitecnicovigo/aulavirtual/course/view.php?id=395

 

Lingua Galega e Literatura (1º Bacharelato A)

https://www.edu.xunta.gal/centros/iespolitecnicovigo/aulavirtual/course/view.php?id=373

 

Literatura Universal (Grupo mixto 1º Bacharelato A + C)

https://www.edu.xunta.gal/centros/iespolitecnicovigo/aulavirtual/course/view.php?id=396

 

Marcaremos novas tarefas no comezo de cada semana e o prazo de entrega será dunha semana a partir de estes aparecer na páxina do curso.

Para calquera cuestión podedes contactarme en: irene.romero.iturralde@edu.xunta.gal

Unha aperta e moito ánimo a todas e todos. Non perdades o ritmo de traballo e aproveitade para ler, estar en familia e facer cousas que vos presten. Seguro que desta experiencia saímos enriquecid@s.

Distribuir contido