ESA
2º CUATRIMESTRE DA ENSEÑANZA SECUNDARIA PARA ADULTOS
Enviado por mtpc o Ven, 15/01/2016 - 11:43PERIODO DE ADMISION PARA O SEGUNDO CUATRIMESTRE
DA ENSEÑANZA SECUNDARIA PARA ADULTOS
ADMISION: DO 1 Ó 5 DE FEBREIRO
EDUCACIÓN DAS PERSOAS ADULTAS
Enviado por admin o Mar, 01/02/2011 - 19:12EDUCACIÓN DAS PERSOAS ADULTAS
ENSINANZAS CONDUCENTES Á OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
As ensinanzas conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria constitúen a segunda etapa da formación básica para persoas adultas, que se organiza en dous niveis, I e II. Neles cúrsanse tres ámbitos de coñecementos, integrado cada un deles por catro módulos interdisciplinares.
O currículo da segunda etapa da educación básica para persoas adultas, conducente á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, estrutúrase en dous niveis, I e II, organizados de forma modular en tres ámbitos, e secuenciados de forma progresiva e integrada. Cada ámbito consta de catro módulos de contidos de carácter interdisciplinar, e cada módulo divídese en dous bloques de contidos.
Os ámbitos a que se refire o número anterior son os seguintes:
a) Ámbito científico-tecnolóxico, que ten como referente curricular os aspectos básicos do currículo das materias de matemáticas, ciencias da natureza, tecnoloxías e os aspectos relacionados coa saúde e co medio natural da materia de educación física.
b) Ámbito de comunicación, que ten como referente curricular os aspectos básicos do currículo correspondentes ás materias de lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e primeira lingua estranxeira.
c) Ámbito social, que ten como referente curricular os aspectos básicos do currículo das materias de ciencias sociais, xeografía e historia, educación para a cidadanía, e os aspectos perceptivos correspondentes ás materias de educación plástica e visual e música.
A cada un dos ámbitos de coñecemento sinalados no artigo anterior correspóndenlle catro módulos.
Os módulos estarán distribuídos cuadrimestralmente, correspondéndolle dous módulos ao primeiro nivel e os dous restantes ao segundo nivel.
Modalidade presencial.
Esta modalidade de ensino baséase na asistencia regular ás actividades lectivas e no seguimento directo do alumnado en cada un dos ámbitos de que se teña matriculado.
Distribución horaria semanal dos períodos lectivos para os tres ámbitos de coñecemento da educación secundaria obrigatoria para persoas adultas
Ámbito de coñecemento | Módulos | |
Terceiro | Cuarto | |
Comunicación Lingua estranxeira |
4 2 |
4 2 |
Científico-tecnolóxico | 8 | 8 |
Social | 4 | 4 |
FOL | 3 | 3 |
Titoría | 1 | 1 |
TOTAL | 22 | 22 |
Acceso.
1. Poderán acceder ás ensinanzas básicas para as persoas adultas aquelas persoas maiores de dezaoito anos ou que os cumpran no ano natural en que comeza o curso escolar, de acordo co establecido no punto 7 do artigo 2 do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Poderán, así mesmo, incorporarse ás ensinanzas de adultos os alumnos e alumnas que sexan maiores de dezaseis anos e teñan un contrato laboral que non lles permita acudir aos centros educativos en réxime ordinario ou sexan deportistas de alto rendemento.
Orde do 24 de xuño de 2008 (DOG 23 de xullo de 2008) pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.
