Actividades Formación e Orientación Laboral
28 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO
Enviado por charo.cid o Lun, 24/04/2023 - 22:45
En xuño de 2022 a Conferencia Internacional do Traballo decidiu incluír "unha contorna de traballo seguro e saudable" no marco de principios e dereitos fundamentais no traballo da OIT. O 28 de abril de 2023, a OIT celebrará esta decisión.
O Departamento de FOL únese á celebración e baixo o lema de "Seguridade e Saúde un compromiso común" convocou a profesionais da seguridade e saúde dos sectores produtivos mais representativos da nosa contorna, para explorar, co noso alumnado de Formación Profesional, o tema dunha contorna de traballo seguro e saudable como principio e DEREITO FUNDAMENTAL no traballo.
VISITA AS INSTALACIÓNS DA AXENCIA GALEGA DE EMERXENCIAS (AXEGA)
Enviado por charo.cid o Dom, 26/03/2023 - 00:00O alumnado do CS PREVENCIÓN RISCOS PROFESIONAIS visitou o pasado xoves 16 de marzo as instalacións da Axencias Galega de Emergencias ubicadas en A Estrada acompañados do seu titor Juan Pablo Gómez Torres e da profesora do módulo de Emerxencias, Isabel Rodríguez Pérez. Esta visita permitiunos coñecer de primera man a importante labor tanto do Centro Integrado de Atención as Emerxencias (CIAE -112) como do Grupo de Apoio Loxístico Intervención agradecendo a súa colaboración co noso centro.
EXPECTATIVA E REALIDADE DA REFORMA LABORAL
Enviado por charo.cid o Lun, 13/03/2023 - 21:48O venres, 17 de marzo, estará no Politécnico Javier de Cominges Cáceres, falaranos da Reforma Laboral e os seus efectos. Por descontado MOI
INTERESANTE.
ALUMNADO DE CICLOS PARTICIPA NO II "FORO TALENTO Y EMPLEO"
Enviado por charo.cid o Dom, 12/03/2023 - 23:28Durante os días 7, 8 y 9 de febreiro, o noso alumnado de FP básica, Ciclos de grao medio e superior participaron nos diferentes obradoiros e
charlas organizadas polo II "Foro Talento y Empleo" no Auditorio Mar de Vigo co fin de mellorar a súas habilidades na procura activa do emprego e no
emprendemento.
Práctica de Extinción de Incendios Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais
Enviado por charo.cid o Mar, 07/06/2022 - 13:46O noso alumnado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais aprenderon a extinguir os distintos tipos de lumes nunha formación en SEGANOSA.
Un proxecto do IES Politécnico de Vigo entre os máis innovadores do país
Enviado por admin o Mér, 06/04/2022 - 18:03O proxecto no que participa o IES Politécnico de Vigo foi seleccionado na Convocatoria de Axudas Dualiza de CaixaBank Dualiza e a Asociación de Centros de Formación Profesional FPEmpresa como un dos trinta máis innovadores a nivel nacional. O proxecto denomínase FPNaranja, e a profesora Mónica Rodríguez Nieto é participante nel de xeito colaborativo con tres profesores máis de centros educativos de Castela A Mancha, Madrid, e Canarias.
FPNaranja busca traballar a xestión emocional, dotando ao alumnado das ferramentas necesarias para afrontar os retos que terán no mundo académico e laboral.
Podedes seguirnos nas redes, somos @fpnaranja
Información Departamento FOL medidas Codvid-19
Enviado por monicarodrigueznieto o Mér, 18/03/2020 - 14:13Para o alumnado:
Con respecto as actividades a desenvolver durante os días de suspensión das clases:
1.- Os/as que usades a cotío a aula virtual, ésta seguirá sendo o medio preferente para enviarvos as tarefas a desenvolver.
2.- No caso de non usar a aula virtual, o profesorado irá colgando actividades a través da páxina web do IES. Estas actividades localizaranse na parte dereita da pantalla, no menú "Departamentos" entrando no departamento correspondente.
3.- Outro profesorado porase en contacto con vos a través do correo electrónico ou otros medios.
Ánimo a tod@s
Igualdade do Politécnico de Vigo Nas Xornadas Municipais de Coeducación
Enviado por charo.cid o Ven, 08/11/2019 - 13:55O equipo de igualdade do Politecnico de Vigo, representado pola responsable de igualdade Eva Piña e Carmen Adán, estivo nas xornadas municipais "Coeducacion para previr a violencia de xénero e para a promoción dunha cultura en IGUALDADE" organizadas pola Concellería de Igualdade os días 6 e 7 de novembro. Nelas Compartiron as boas prácticas no eido da igualdade e da prevención de violencia de xénero que se desenvolven no noso centro.
"Enriquecedor encontro, compartir experiencias con outros centros moi comprometidos coa Igualdade!" (Eva Piña)
Cuestionario Tutoría Amadeo
Enviado por charo.cid o Mér, 02/10/2019 - 13:36OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE PROCURA DE EMPREGO 2º FP BÁSICA
Enviado por charo.cid o Mér, 27/02/2019 - 21:24O alumnado de 2º de FP Básica participou activamente na configuración dun Currículo e no desenvolvimento de dinámicas de simulación dunha entrevista de traballo. Queremos dar as grazas a Anabel e Paula de IDAE CONSULTORES.
Programa Erasmus+ KA1: curso 2018/2019 Mobilidade por Motivos de Aprendizaxe
Enviado por charo.cid o Mér, 19/12/2018 - 20:48O IES Politécnico de Vigo Triunfa en Galicia Skills
Enviado por charo.cid o Lun, 03/12/2018 - 11:55Parabens ao alumnado do IES Politécnico de Vigo participante nas probas SKILLs galegas, así como aos seus titores e os profesores/as expertos/as. Noraboa polos excelentes resultados,e especialmente aos alumnos gañadores:
- Mª Jesús Baña Castiñeira pola súa medalla de prata en Instalacións eléctricas e.
- David Ucha Pérez, medalla de ouro en mecanizado e que polo tanto representará a Galicia no campionato de España 2019
Excursión a Galicia Skills de 4º da ESO
Enviado por charo.cid o Lun, 03/12/2018 - 11:50O noso alumnado de 4º da ESO foron a Silleda á competición de Galicia Skills a darlle sorte ao noso alumnado de Mecanizado e Electricidade que estaban a competir.
