28 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO

 

En xuño de 2022 a Conferencia Internacional do Traballo decidiu incluír "unha contorna de traballo seguro e saudable" no marco de principios e dereitos fundamentais no traballo da OIT. O 28 de abril de 2023, a OIT celebrará esta decisión.

O Departamento de FOL únese á celebración e baixo o lema de "Seguridade e Saúde un compromiso común" convocou a profesionais da seguridade e saúde dos sectores produtivos mais representativos da nosa contorna, para explorar, co noso alumnado de Formación Profesional, o tema dunha contorna de traballo  seguro e saudable  como principio e DEREITO FUNDAMENTAL no traballo.

 

AdxuntoTamaño
CARTEL SEGURIDAD Y SALUD 2023 DEFINITIVO A3 .jpg307.04 KB