Actividades Filosofía
"Muller malferida" Performances de 2º BACH coa materia Estética do 15 de marzo
Enviado por admin o Mar, 23/03/2021 - 09:45IMPORTANTE: Tarefas de recuperación da materia de Filosofía de 1º de Bacharelato
Enviado por carme.adan o Lun, 29/06/2020 - 18:27
O alumnado suspenso deberá facer o exame de recuperación e entregar as seguintes tarefas de recuperación a facer durante os meses de verán.
As tarefas consistirán en facer os seguintes exercicios dos temas 1, 2 e 8 do Libro de texto de Filosofía:
Última tarefa de VALORES
Enviado por carme.adan o Mér, 20/05/2020 - 11:45
Falta pouco para rematar o curso e esta é a úlitma tarefa de valores. Consite en buscar información sobre a relación entre o COVID-19 e o deterioro ecolóxico do planeta. Podedes buscar un video ou un artigo de opinión nun xornal ou revista. Tedes que enviarmo cun comentario breve antes do 18 de xuño. Un saúdo e moito ánimo!!!!
Alumnado coa materia pendente de Filosofía de 1º de Bacharelato
Enviado por carme.adan o Mér, 20/05/2020 - 11:33Lembrade as alumnas que tedes Filosofía pendente que o prazo para entregar os traballo remata o 20 de maio.
ESA4: SOCIEDADE 2/4/20 1º BIMESTRE
Enviado por admin o Xov, 02/04/2020 - 17:01Ola alumn@s
Temos que ir avanzando nos contidos deste bimestre porque hai que ter en conta que a avaliación inicial estaba prevista para o 23 de abril. Hai que estar abertos a todos os posibles escenarios polo tanto a esforzarnos un pouquiño, se a nosa saúde e a dos nosos achegados no lo permite.
Imos intentar traballar o último apartado da unidade didáctica 13: “A Ditadura de Franco e a Transición”. Esta semana ímonos deter concretamente nos contidos sobre a ditadura que podedes atopar a partir da páxina 38 ata 49 sempre e cando estudedes coa unidade que está en galego.
-Le o seguinte texto varias veces e a continuación fai as actividades.
“A ensinanza foi case un monopolio da Igrexa católica. A coeducación prohibiuse e gran parte dos mestres republicanos foron apartados dos seus postos.
A ensinanza debía contribuír a difundir entre nenos e mozos os valores do réxime, como o amor á patria, o papel secundario da muller e a mitificación da figura de Franco. Ata a aprobación da Lei Xeral de Educación de 1970 non se intentou modernizar o sistema educativo español, adecuándoo á realidade social do país”.
Explica o significado das seguintes palabras: monopolio, coeducación e mitificación.
Cal é o tema deste texto?
Cal é a mensaxe que se transmite dese tema por parte do autor?
Que intenta hoxe difundir a educación entre nenos e mozos?
Que debería intentar difundir a educación?
-Consulta a páxina 64 desta unidade didáctica e escribe información, aproximadamente unha carilla, sobre a ditadura de Franco que consideres importante pero que non inclúen no resumo.
Déixovos o meu correo electrónico: dolores.losada.arias@edu.xunta.gal
Ánimo para estas vacacións tan diferentes das que esperabamos.
Dolores Losada Arias: titora e profesora de Sociedade de ESA4
VALORES 4º- Teorías éticas
Enviado por carme.adan o Lun, 30/03/2020 - 13:44Para despois de Semana Santa deixovos un video e unhas preguntas sobre o mesmo. Agardo que estedes ben. Unha aperta e moito ánimo,Carme Adán
TEORÍAS ÉTICAS: SÓCRATES (s. V a.n.e.)
Cuestións para responder tras ovisionadode "Sócrates e a autoconfianza", deAlain de Botton
1. Describe o que viches de Atenas (ruínas de..., clima, Atenas moderna...)
2. De que maneira era inconformista Sócrates?
3. Cales son as cinco etapas do método socrático, segundo Alain de Botton?
1ª
2ª
3ª
4ª
5ª
4. Que vantaxes ten o método socrático?
5. Comenta a seguinte frase socrática: “todos temos a responsabilidade de pensar”
6. Que críticas fai Socrates á democracia?
7. Propón argumentos a favor e en contra de que “a maioría sempre ten a razón”.
8. De que foi acusado Sócrates cando o condenaron?
9. Comentario persoal
AVISO-Igualdade de Xénero
Enviado por carme.adan o Lun, 23/03/2020 - 14:37Todo o alumnado de 2º da ESO de Igualdade de Xénero ten as actividades na Aula Virtual
AVISO-2ºbac.PSICOLOXÍA
Enviado por carme.adan o Lun, 23/03/2020 - 14:35Por favor entrade na Aula Virtual para poder facer as asctividades!
Valores-4ºESO 2ª Semana
Enviado por carme.adan o Lun, 23/03/2020 - 14:33Que tal? Como vamos? Moi ben os traballos que me enviáchedes sobre Kant. Para esta semana a tarefa é máis doada. Buscade algunha frase inspiradora que sirva para animar á xente a quedar na casa. De modo opcional podedes acompañala dunha foto. a sabedes, a enviades ao meu correo carme.adan@gmail.com
Forza!!! Carme Adán
Valores Éticos 3ºESO
Enviado por Anónimo o Mér, 18/03/2020 - 20:50Hola!
Espero que el confinamiento no os esté resultando muy duro.
Os adjunto un documento PDF con unos pasajes para leer y unas cuestiones para resolver.
Me los enviáis al correo electrónico que os paso a continuación. Me da igual que contestéis en el correo o en un documento adjunto, como os sea más cómodo. Si alguien tiene alguna duda de cualquier tipo que me la consulte.
El correo es: lubianprieto@hotmail.com
Saludos y suerte con este follón de la gripe.
Diego.
Filosofía 1ºBACH. ÉTICA
Enviado por Anónimo o Mér, 18/03/2020 - 17:33Ola!
Adxúntovos un PDF cun exercicio sobre o tema da Ética. Trátase de dez preguntas para responder. Simplemente escribides as respostas no correo ou nun documento adxunto e mo enviades (Non copiedes as preguntas, numerade as respostas e xa está).
O meu correo é: lubianprieto@hotmail.com
Un saúdo.
Filosofía 1ºBACH. ÉTICA
Enviado por Anónimo o Mér, 18/03/2020 - 12:45Ola!
Deixo colgado un PDF cun exercicio a realizar sobre o tema da ética. Consiste en contestar dez preguntas. Simplemente me enviades un correo coas respostas, 1., 2., 3....
O correo é: lubianprieto@hotmail.com
Coidádevos.
Valores-4ºESO
Enviado por carme.adan o Lun, 16/03/2020 - 12:54
Bo día chicos e chicas:
Deixovos algunhas actividades sinxelas para estes días de permanencia nas casas.
1. Buscade información sobre I. Kant e o seu famoso imperativo categórico
2. Como aplicaríades o imperativo categórico ao mandado de permanecer en casa?
3. Como entendes o deber de cumplir unha norma segundo este imperativo?
Estamos en contacto no correo: carme.adan@gmail.com
Un saúdo, Carme Adán
FP Básica "Comunicación e Sociedade"
Enviado por carme.adan o Lun, 16/03/2020 - 12:21
Querido alumnado de "Comunicación e Sociedade":
Como van ser días difíciles propóñovos que collades unha libreta que teñades na casa. Cada día ides a escribir como vos sentides. Un día tedes que facelo en castelán e o día seguinte en galego. Xa sabedes, primeiro poñedes a data arriba e logo escribides... cando nos vexamos imos lelas todas na clase. Para calquera dúbida o meu correo é : carme.adan@gmail.com
Unha forte aperta, Carme Adán
Psicoloxía 2ºBac
Enviado por carme.adan o Lun, 16/03/2020 - 12:14
Para todo o alumnado de 2º de Bacharelato. Tedes o tema 5º sobre a personalidade e tamén as fotocopias do libro Frédéric Lenoir "Sobre la Felicidad". Dadas as circunstancias especiais propóñovos dúas tarefas:
Psicoloxía 2ºBac
Enviado por carme.adan o Lun, 16/03/2020 - 11:57Para todo o alumnado de 2º de Bacharelato. Tedes o tema 5º sobre a personalidade e tamén as fotocopias do libro Frédéric Lenoir "Sobre la Felicidad". Dadas as circunstancias especiais propóñovos dúas tarefas:
1. Ler o libro completo que seguro que vos axuda a entender esta situación tan dificil. http://sparerdese.blogspot.com/2018/06/descargar-sobre-la-felicidad-un-v...
