CM de mantemento electromecánico dual
ALUMNADO DE CICLOS PARTICIPA NO II "FORO TALENTO Y EMPLEO"
Enviado por charo.cid o Dom, 12/03/2023 - 23:28Durante os días 7, 8 y 9 de febreiro, o noso alumnado de FP básica, Ciclos de grao medio e superior participaron nos diferentes obradoiros e
charlas organizadas polo II "Foro Talento y Empleo" no Auditorio Mar de Vigo co fin de mellorar a súas habilidades na procura activa do emprego e no
emprendemento.
PROFESORADO 2014/2015
Enviado por Anónimo o Xov, 07/05/2015 - 10:04PROFESORADO 2014/15 | ||
CURSO | MÓDULOS | PROFESOR/A |
1º | Técnicas de fabricación | Marcos García |
1º | Técnicas de unión e montaxe | Marcos García |
1º | Automatismos pneumáticos e hidráulicos | Patricia Cancela |
1º | Formación e orientación laboral | Amadeo Docampo |
INFORMACIÓN DO TÍTULO
Enviado por Anónimo o Xov, 23/04/2015 - 09:33
MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO
Familia: Instalación e mantemento
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio
Horas: 2000
¿Qué se aprende a facer?
Montar e manter maquinaria e equipamento industrial e liñas automatizadas de producción, de acordo coas normas e os regulamentos establecidos.seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais e respecto polo ambiente.
¿En qué ámbitos se traballa?
En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.
¿Qué ocupacións se desempeñan?
Mantedor/a de liña automatizada. Montador/a de bens de equipamento. Montador/a de automatismos pneumáticos e hidráulicos. Instalador/a electricista industrial. Montador/a de equipamentos electrónicos. Electricista de mantemento e reparación de equipamentos de control, medida e precisión. Mecánico/a de mantemento. Montador/a industrial. Montador/a de equipamentos eléctricos.
¿Cáles son os módulos deste ciclo?
MÓDULOS | HORAS |
Técnicas de fabricación | 240 |
Técnicas de unión e montaxe | 133 |
Electricidade e automatismos eléctricos | 240 |
Automatismos pneumáticos e hidráulicos | 240 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Montaxe e mantemento mecánico | 210 |
Montaxe e mantemento eléctrico-electrónico | 192 |
Montaxe e mantemento de liñas automatizadas | 175 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Formación en centros de traballo | 410 |
¿Qué titulo se obtén?
Técnico en mantemento electromecánico.
