Orientación
OBRADOIRO XESTION DAS EMOCIÓNS A TRAVÉS DAS EMOCIÓNS
Enviado por charo.cid o Dom, 04/02/2024 - 16:28Alumnado de 3º da ESO no obradorio " Xestión das emocións a traves da respiración" impartido por Victoria Ambros. Actividade organizada polo Departamento de Orientación.
PARÁMETROS DE PONDERACIÓN ABAU CURSO 2023-2024
Enviado por m.irmaalvarez o Xov, 11/05/2023 - 13:22Aquí tedes publicados os PARÁMETROS DE PONDERACIÓN de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ENSINANZAS OFICIAIS DE GRAO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA ACCESO AO CURSO 2023-2024
VISITA Á UNIVERSIDADE DE VIGO
Enviado por m.irmaalvarez o Mér, 07/12/2022 - 15:01O pasado venres 2 de decembro o alumnado de 2º de Bacharelato de Ciencias visitou as facultades de Química, Bioloxía e Ciencias do Mar así como as Escolas de Enxeñería Industial, Minas e Telecomunicacións.
PREMIADA A AULA E TITORA DA ACTIVIDADE CREATIVA DO PLAN PROXECTA: CLASES SEN FUME DE 2ºESO B
Enviado por m.irmaalvarez o Mér, 08/06/2022 - 11:12A profesora e titora de 2ºB María González Iglesias recibiu onte no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela xunto co seu alumnado o premio de innovación educativa pola actividade "Microtina". Esta actividade forma parte do Plan Proxecta que está coordinado polo Departamento de Orientación do IES Politécnico de Vigo.
ENSINANZAS ARTISTICAS SUPERIORES. MESTRE MATEO
Enviado por m.irmaalvarez o Ven, 21/05/2021 - 12:48Dende a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela queremos informarvos de que xa foron publicadas as ordes de acceso aos estudos artísticos tanto profesionais como superiores.
As ligazóns con toda a información relativa ao acceso podedes atopala na nosa páxina web:
ACCESO E ADMISIÓN ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES.ANTONIO FAÍLDE
Enviado por m.irmaalvarez o Xov, 20/05/2021 - 12:15Comunicamos que foron publicadas no DOG as Resolucións coas instrución de acceso e admisión para Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño e Ensinanzas Superiores de Deseño para o curso 2021/22.
Xornadas Informativas FP Dual Galicia
Enviado por charo.cid o Mar, 30/06/2020 - 11:48O 23 e 25 de xuño celebráronse unhas xornadas informativas de FP Dual en Galicia. Déixovos ligazóns aos vídeos das xornadas, neles poderedes
atopar as respostas a todas as dúbidas que teñades sobre esta modalidade de Formación profesional.
Receitario de Igualdade
Enviado por charo.cid o Xov, 25/06/2020 - 13:54Receitario de Igualdade
Coa participación de Raquel Pereiro e Paula Sotelo, alumnas do CS de Robótica Industrial. Frear e eliminar a violencia sexual é cousa de todos e todas.
Creemos unha dieta de xustiza e igualdade!
EQUIPO DE IGUALDADE. IES POLITÉCNICO VIGO
Probas de acceso para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/21
Enviado por Anónimo o Mar, 16/06/2020 - 11:32
Aquí tedes a información que nos facilitan as Escolas Superiores de Arte de Galicia, facendo click nos logos podedes acceder a súa páxina web.
PROBAS DE ACCESO 2020/21
Inscrición: Do 18 ao 29 de xuño, ambos días incluídos.
Realización: A patir do 13 de xullo.
PROBAS PRESENCIAIS | Especialidade de Interpretación
Debido á situación sanitaria derivada da COVID-19, a ESAD de Galicia vai establecer un procedemento coas MÁXIMAS GARANTÍAS de SEGURIDADE, PREVENCIÓN e HIXIENE para o desenvolvemento das probas de acceso presenciais na especialidade de Interpretación, respectando todas as medidas recollidas na Resolución, de 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidad e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial.
PROBAS TELEMÁTICAS | Especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, e Escenografía
As probas de acceso nas especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, e de Escenografía vanse realizar de forma telemática, mediante o servizo de videoconferencia Cisco Webex Meetings, facilitado pola Xunta de Galicia.
Inscrición ás EESS de Deseño nas EASD´s de Galicia, tamén para as EESS de Deseño de Moda e de Deseño de Produto que se imparten na EASD Mestre Mateo.
Inscrición entre o 18 e o 29 de xuño, para todas as modalidades de acceso. A inscrición pódese realizar de forma telemática, para poder formalizala de forma telemática é necesario dispor da Chave365
PROBA MADUREZA: 6 de xullo, ás 9.00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. (para os solicitantes que non dispoñan de título de bacharelato ou equivalente)
PROBA ESPECÍFICA: Realizarase o 13 de xullo Como novidade, este curso, a proba específica non estará centralizada na Coruña. Para evitar desprazamentos, esta parte das probas levarase a cabo simultáneamente nas catro Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia: EASD Mestre Mateo en Santiago de Compostela, EASD Pablo Picasso A Coruña, EASD Antonio Faílde Ourense, EASD Ramón Falcón en Lugo.
Haberá que levar a inscrición e facer a proba naquela Escola que estea máis preto do domicilio do solicitante. A proba é unica para as 4 especialidades en Deseño que se imparten nas Escolas: Deseño de Moda, Deseño de Produto, Deseño Gráfico e Deseño de Interiores.
Preguntas frecuentes: http://www.easd.es/gal/secretaria/acceso/preguntas-frecuentes-deseno
Obtención Chave365 no teléfono 012 ou no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365?langId=es_ES
As solicitudes para participar nas ditas probas poderanse presentar desde o día 22 de xuño ao 3 de xullo, para ciclos de grao superior, e desde o día 22 de xuño ao 4 de setembro para ciclos de grao medio.
A proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato para acceso ao ciclos de grao superior terán lugar o día 10 de xullo, e as probas específicas de acceso terán lugar o 20 de xullo; para o acceso a ciclos de grao medio, a proba substitutiva do título de ESO terá lugar o día 9 de setembro, e as probas específicas o día 15 de setembro. Todas as probas realizaranse nos centros correspondentes, de acordo cos calendarios establecidos na resolución
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
Guía da ABAU e do Acceso á Universidade 2020
Enviado por Anónimo o Xov, 11/06/2020 - 17:09
Aquí tedes un enlace a unha guía moi sinxela e completa sobre a ABAU e o acceso a Universidade deste ano 2020.
Moito ánimo e o esforzo será recompensado.
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
Como Facer a Matrícula para a ABAU 2020
Enviado por Anónimo o Lun, 08/06/2020 - 10:39No seguinte blogue, Mónica Diz, orientadora no IES a Sardiñeira, preparou un documento interactivo que vos explica perfectamente e de forma sinxela como facer a vosa matrícula na ABAU.
https://monicadizorienta.blogspot.com/2020/06/como-hacer-la-matricula-en-la-abau.html
Recomendámos que lle votedes un ollo.
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
Ponderacións ABAU 2020-2021
Enviado por Anónimo o Mér, 03/06/2020 - 11:59Publicados os parámetros de ponderación para as ABAU 2020 en Galicia.
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
Xornadas de Orientación Universitaria Virtual da UDC
Enviado por Anónimo o Mér, 27/05/2020 - 10:37A Universidade da Coruña ofrécenos unhas xornadas virtuáis con videoconferencias explicativas sobre as diferentes titulacións que ofrecen. Pode ser moi interesante para o alumnado con dúbidas sobre que estudar ó rematar o bacharelato.
Dende o departamento de orientación animámosvos a navegar no seguinte enlace:
https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/graos/
ABAU 2020
Enviado por Anónimo o Ven, 22/05/2020 - 11:33ABAU 2020
No documento adxunto podedes atopar toda a información necesaria para a realización da ABAU 2020.
CONTACTO PARA CALQUERA DÚBIDA:
IES Politécnico de Vigo: ies.politecnico.vigo@edu.xunta.es
Departamento de Orientación:
María Irma Álvarez Diéguez - orientacion.vigo@gmail.com
Sara Rivera Villanueva – sara.rivera@edu.xunta.es
CLASES SEN FUME
Enviado por Anónimo o Xov, 14/05/2020 - 21:17
Con motivo da participación no Concurso Clases Sen Fume e Plan Proxecta deixamos constancia da primeira parte do Programa cos Slogans que fixeron o alumnado de 1º A e 1ºB nas sesións de titoría presencial e na materia de Educación Plástica e Visual.
1º ESO - A
1º ESO - B
Titulacións De Nova Implantación Para O Curso 2020-2021
Enviado por Anónimo o Mar, 12/05/2020 - 19:08Como principais novidades, o Sistema Universitario de Galicia (SUG) incorporará o vindeiro curso tres novos títulos de grao e os seus tres primeiros graos abertos.
Graos abertos
O curso 2020/2021 será o primeiro no que o SUG oferte graos abertos, en concreto o de Ciencias Sociais e Xurídicas (Universidade da Coruña, Campus da Coruña, 10 prazas), o de Enxeñaría Industrial (Universidade da Coruña, Campus de Ferrol, 8 prazas) e o grao aberto 5USC Enxeñarías (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 10 prazas).
Novas titulacións
A oferta de prazas rexistrada no Ministerio inclúe, ademais, tres novos títulos de grao, seguindo o establecido no Mapa de Titulacións. Trátase dos graos en Empresa e Tecnoloxía (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 45 prazas), en Bioquímica (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 45 prazas) e en Nanociencia e Nanotecnoloxía (Universidade da Coruña, Campus da Coruña, 50 prazas).
Así mesmo, súmanse á oferta do SUG catro novos programas de simultaneidade de grao, todos eles na Universidades de Vigo. Serán o de ADE e Enxeñaría Informática (Campus de Ourense), Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (Campus de Vigo), Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Mecánica (Campus de Vigo) e Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (Campus de Vigo).
Podedes ler a noticia completa en:
Ademáis, poderedes atopar toda a información relativa ás titulacións universitarias das Universidades Galegas nos seguintes enlaces:
Titulacións Oficiais de Grao na USC: https://www.usc.gal/gl/servizos/oiu/dipgr.html
Titulacións Oficiais de Grao na Uvigo: https://www.uvigo.gal/es/estudiar/que-estudiar/estudios-grado
Titulacións Oficiais de Grao na UDC: https://estudos.udc.es/
Por outra banda, o decano da Facultade de Ciencias do Campus Universitario de Lugo, facilitounos a seguinte información que vos pode ser de utilidade:
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
Información optatividade ESO e BACHARELATO
Enviado por charo.cid o Xov, 07/05/2020 - 12:47Que pode facer vostede para axudar durante a pandemia?
Enviado por charo.cid o Mér, 29/04/2020 - 14:44Este artigo vai dirigido á poboación adulta, tanto profesorado, alumnado e familias da nosa comunidade educativa.
Dende o departamento de orientación queremos convidar a reflexionar sobre cuestións que favorezan a convivencia, de entre as que destacamos as condutas prosociais e de axuda no centro educativo e nos demais ámbitos da vida.
Elixin este artigo de Antonio Blanco Prieto, profesor da Universidade de Oviedo, coa intención de ofrecer pautas de axuda que poidamos exercer todos e todas, sen necesidade de estar na “ primeira liña” como ocorre co persoal sanitario.
Antonio Blanco cita neste artigo o psicólogo Howard Gardner, que afirmaba
“que podemos achegar poderosos modelos que conviden a outros seres humanos a actuar dunha maneira cada vez máis responsable”. Unha cuestión presente, se consideramos o liderado social, sen necesidade de tirar grandes foguetes, simplemente comprendendo o impacto do comportamento no noso pequeno mundo.
Cita tamén o artigo a Javier Gomá , filósofo que recuperou o concepto de exemplaridade, quen explica que vivimos, nos movemos e existimos entre exemplos, sendo, tamén, nós exemplos para os demáis.
Todos somos responsables
Aquí, afirma Antonio Blanco, “atópase a responsabilidade de calquera persoa ante a crise, tanto dos que están na primeira liña, como daqueles que senten baleiro pola ausencia de actividade prosocial. Uns e outros deben ser conscientes do valor das súas condutas, do seu exemplo.
O simple cumprimento das recomendacións da saúde pública supón un primeiro exercicio de exemplaridade.
Esta responsabilidade obríganos a un claro imperativo categórico: “obra de tal maneira que os efectos da túa acción sexan compatibles coa permanencia dunha vida humana auténtica sobre a Terra”.
Convídovos a ler este artigo e descubrir tódalas condutas e comportamentos que merecen os nosos aplausos e que facemos tódolos días na nosa cotiandade.
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
¿Qué puede hacer usted para ayudar durante la pandemia?
https://theconversation.com/que-puede-hacer-usted-para-ayudar-durante-la-pand
Cómo Escoller Bacharelato?
Enviado por charo.cid o Lun, 25/11/2019 - 14:21Aquí deixámosvos un vídeo que pode axudarvos a decidir.
Parámetros de ponderación da ABAU 2019 - 2020 en Galicia
Enviado por charo.cid o Xov, 27/12/2018 - 22:45A CIUG publica os parámetros de ponderación correspondentes á parte específica da ABAU de 2019 que se terán en conta para o acceso á universidade no próximo curso 2019/2020.
Ligazón para imprimir os parámetros 2019/2020
Ponder Ac 19 by on Scribd