FCT Alumnado
FCT en Alemaña - Curso 2009-10
Enviado por mtpc o Xov, 10/02/2011 - 23:35
Tres alumnos do CS de Regulación e Control de adultos realizaron as súas prácticas en empresas alemanas da rexión da baixa Saxonia. Dous deles estiveron na empresa Wendt Maschinenbau GmbH & Co KG, localizada en Georgsmarienhütte, e o terceiro na empresa Tellen Maschinenbau, en Alfhausen.
Outro alumno do CS de Produción por Mecanizado realizou as prácticas na empresa Castro Präzisionstechnologie, en Kaufbeuren.
Todos estos alumnos realizaron as prácticas entre setembro e decembro de 2010, completando así as 380 horas do módulo de FCT.
FCT en Portugal - Curso 2007-08
Enviado por mtpc o Xov, 10/02/2011 - 23:32Dous alumnos do CS de Produción por Mecanizado realizaron as súas prácticas na empresa MB Lusitana de Matrizes S.A., localizada en Marinha Grande (Portugal). Os alumnos realizaron as prácticas dende o 14 de abril ata o 13 de xuño do 2008, completando así as 380 horas do módulo de FCT.
