Novas

XORNADA PORTAS ABERTAS PAIS/NAIS

XORNADA PORTAS ABERTAS PAIS/NAIS DE ALUMNADO DA ESO: Martes 4 de febreiro ás 18,00 horas

XORNADA PORTAS ABERTAS PAIS/NAIS DE ALUMNADO DE BACHARELATO: Martes 18 de febreiro ás 18,00 horas

Calendario do curso 2016/2017

Gala de fin de ciclo. Promoción 2015

Fermosísima Gala de fin de ciclo do noso alumnado de bacharelato. Emocionante e moi ben organizada. Chea de anécdotas, sorpresas e lembranzas de dous anos inesquecibles. Ao final un divertido photocall. Os nosos mellores desexos para o futuro que comezades.

VIAXE DA FIN DE ETAPA DE 4º ESO

O alumnado de 4º ESO, co gallo da fin de etapa, viaxou a Salou o 8 de maio para desfrutar de seis días fóra das aulas, visitando as cidades de Tarragona e Barcelona, e gozando nas atraccións de Port Aventura. Agardamos que teñades moito éxito no novo ciclo que ides iniciar.

SPAINSKILLS 2015

Os campeonatos Spainskills 2015 celebráronse en Madrid do 5 ao 9 de maio de 2015

Medalla de prata en fresado-torneado: Adrián Martínez Rodríguez, do IES Politécnico de Vigo.

Titor: Javier Fondevila Blanco.

Un SPAINSKILLS máis e unha medalla máis, e xa van tres, unha de ouro e dúas de prata.

Dende que se volveu celebrar esta campeonato nacional de FP no ano 2011 vimos participando dende o Politécnico de Vigo, e con resultados moi satisfactorios como o demostran os galardóns obtidos. Con isto queda reflictido o alto nivel de formación no noso Centro, a implicación do profesorado, e os resultados obtidos pola aposta de medios tanto  materiais  como técnicos, actualizados e acordes coa fabricación e o entorno productivo da comarca.

Entroido 2015

Obradoiro de Regueifas. Febreiro 2015

Vacacións de Nadal

O IES Politécnico de Vigo deséxalles Felices Festas e un bo 2015.

 Datas de apertura do centro durante as vacacións (do 22 de decembro ao 7 de xaneiro ambos incluídos):

 

·         22, 23, 29 e 30 de decembro

 

·         5 de xaneiro

 

Entre as 10 e as 13 horas.

(Traballos realizados polo noso alumnado do Bacharelato de Artes)

Acto de titulación de Bacharelato 2014

Acto de titulación de Bacharelato 2014

Horario de verán

APERTURA DO CENTRO

Xullo:

  • De luns a venres pola mañá de 9:00 as 14:00
  • Martes pola tarde de 16:00 as 21:00

Agosto:

  • De luns a venres pola mañá de 9:30 as 13:30

APERTURA DA SECRETARÍA

Xullo:

  • De luns a venres pola mañá de 9:00 as 13:30
  • Martes pola tarde de 16:00 as 20:30

Agosto:

  • De luns a venres pola mañá de 9:30 as 13:00

Viaxe a Paris - 1º de Bacharelato - Abril 2013

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 705 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos que aparecen na seguinte táboa.

Acceso ao texto da Orde de convocatoria

Acceso ao cartel informativo

Prazo aberto dende o 23 de marzo ata o 22 de abril (incluído)

CONSULTAS
Web da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/axudasle
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es
Atención telefónica:  981957296 - 881997497 - 981957538 - 981546503

Spainskills 2013- Olimpiadas Españolas Formación Profesional

Unha delegación de 23 estudantes galegos compite desde hoxe nas olimpíadas de formación profesional Spainskills

Un total de 15 estudantes da FP galega ven recoñecida a súa valía nas olimpíadas Spainskills 2013

!!  PARABÉNS  ¡¡

Aos alumnos participantes nos SKILLS

Ciclo Superior de Programación da Producción en Fabricación

Medalla de Ouro - Especialidade de FRESADO - Alexandre Fondevila Rodríguez

Quinto posto - Especialidade de TORNADO  - Yago González Álvarez

Axudas libros de texto

Fotos Comenius Multilateral

Recorrido polo IES Politécnico de Vigo. Recepción en Castrelos polo Sr. Alcalde de Vigo D. Abel Caballero. Rally turístico por Vigo. Recepción polo Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa D. José Luis Mira Lema

 

Distribuir contido