Gravación da "Oliveira derramada" (26/1/24)

Nunha actividade organizada polo Departamento de Lingua Galega e o EDLG, o pasado venres 26/1/24, realizouse a gravación das imaxes para o vídeo "Oliveira derramada", no que participaron algunhas alumnas do IES Politécnico de diferentes cursos de 1º ESO, 2º ESO, 4º ESO e 1º e 2 de BACH. O obxectivo deste vídeo gravado nos campos do Vao (Coruxo) é a petición dun equipo de fútbol feminino para o Real Club Celta de Vigo, xa que en cen anos de historia, as mulleres foron silenciadas no club máis importante da nosa cidade.

Na semana do 8 de marzo de 2024, procederase á publicación do vídeo definitivo, que combinará fútbol, música tradicional e reivindicación do fútbol galego e feminino.

Estade atentas a esta "Oliveira derramada"....

Por agora deixámovos cunha foto da xornada de gravación e coa letra da peza que acompañará as imaxes no vídeo final.

 

Letra:

 

OLIVEIRA DE CEN ANOS

OLIVEIRA DERRAMADA

PORQUE CEN ANOS DE HISTORIA

SEN MULLERES NON SON NADA

SEN MULLERES NON SON NADA

CEN ANOS NIN OUTROS CEN

QUERO TER O MEU EQUIPO

SON CELESTE, SON MULLER

Son Celeste e Son Muller

quero gañar unha cunca

as mulleres piden paso

máis vale tarde que nunca

Máis vale tarde que nunca

co deporte feminino

queremos xogar un derbi

o Celta e o Deportivo

O Celta e o Deportivo

festa do fútbol galego

será o derbi das mulleres

Balaídos todo cheo!

Balaídos todo cheo!

botando un gran aturuxo

mentras tanto compañeiras

xogaremos en Coruxo...

OLIVEIRA DE CEN ANOS

OLIVEIRA DERRAMADA

PORQUE CEN ANOS DE HISTORIA

SEN MULLERES NON SON NADA

SEN MULLERES NON SON NADA

CEN ANOS NIN OUTROS CEN

QUERO TER O MEU EQUIPO

SON CELESTE, SON MULLER