O IES Politécnico no Dígocho Eu!!

O IES Politécnico vén de clasificarse como finalista no concurso do Dígocho Eu!, polo que participará nunha gravación para o programa de moda, presentado pola xornalista Esther Estévez. O devandito programa será gravado no mes de febreiro e nel participará o alumnado do Equipo de Dinaminación Lingüística do centro. Neste caso, o programa versará sobre algunhas das características do galego falado en Vigo. Ademais, tras a gravación, o vídeo resultante participará nos Premios Dígocho Eu! deste ano, nos que poden optar a gañar 500 € para gastar en equipamentos/material para o centro.

En adxuntos podedes ver o vídeo do anuncio dos centros finalistas; ou tamén aquí, no Instagram do Dígocho Eu! : https://www.instagram.com/reel/C0eORK3MbmW/?utm_source=ig_web_copy_link&igshid=MzRlODBiNWFlZA==

 

 

AdxuntoTamaño
digochoeu.mp426.61 MB