Xa está no aire "O noso Lagares"

Este pasado martes rematou a gravación de O Noso Lagares, o novo programa de Onda Candeira, realizado polo alumnado de 1º ESO A para a súa materia de Proxecto Competencial, que este curso xira ao redor do coñecemento e posta en valor do río Lagares e a súa contorna. Neste programa, descubriremos algo máis sobre os diferentes lugares relacionados co noso patrimonio cultural, que se sitúan próximos ao leito do río na súa zona alta-media; e tamén sobre o medio natural, pois coñeceremos máis detalles sobre o bosque de ribeira característico ou sobre as especies invasoras que o afectan.

Así que xa sabedes... abride ben as orellas e viaxaredes a lugares tan especiais como a lagoa Mol, o pozo da Serpe, a fervenza da Feixa, a ponte medieval de Sárdoma ou o Pazo da Caracola... Non perdades este programa!!